Arquivo | 21:02

A CGENDL mandou isto a todos os centros. Nós poñémolo no aire. Lédeo e pasádeo ;)

27 Nov

sobrealomce

Esta mañá recibimos un correo da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística con información sobre algúns dos efectos da indesexada e contestada LOMCE. Velaquí o seu correo e mais o tríptico. Lédeo, reflexionade, debatede…pero, sobre todo, facédeo circular.

     Achegámosvos neste correo o tríptico informativo “A LOMCE resta aínda máis galego” no que a CGENDL fixa a súa posición en relación ao estatus que a nova lei de educación, popularmente coñecida como Lei Wert, determina para a lingua galega no sistema educativo. Dende a Coordinadora consideramos que a LOMCE é tremendamente lesiva para o galego, que será rebaixado, minusvalorado, cando non eliminado como lingua vehicular do ensino.

Lingua galega de 2º de bacharelato: temas. Do espazo Abalar ao voso estudio

27 Nov

     O alumnado de 2º de bacharelato conta, dentro do espazo Abalar, cunha chea de contidos, actividades e propostas para traballaren o currículo da materia de Lingua galega (ademais doutras). Botádelle un ollo e tirade proveito de canto nos ofrecen desde o IES San Clemente a profesora Vitoria Ogando Valcárcel e o profesor Anxo González Guerra.

materiais2_bach

     Velaquí vos deixamos a ligazón 😉

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1382440391/contido/temas/index.html

Outra ligazón interesante: www.ogalego.eu//ogalego@galicia.com