Arquivo | Premios RSS feed for this section

“Vidas en sombra” e “Spots sociais” seguen a darnos alegrías

28 Mai

   A curtametraxe “Vidas en sombra” feita polo alumnado de 1º bacharelato na materia Cultura Audiovisual é finalista do TIMELINE FILM FESTIVAL de Carate Brianza (Italia) e acudirán a dito festival dous alumnos e o profesor responsable da materia, Sergio Clavero, invitados pola organización entre o 30 de maio e o 2 de xuño. Os alumnos convivirán con familias do IIT Leonardo da Vinci organizadora do festival. É o tercero ano que as curtas creadas no IES Cacheiras son finalistas en dito festival.

   Tamén recibimos a nova da selección como finalista da obra “Spots sociais” feita polo alumnado de 4º ESO da materia Linguaxe audiovisual e medios dixitais e 1º bacharelato en Cultura Audiovisual no Festival CINEMA JOVE de Valencia. Acudirán dous alumnos invitados pola organización ás numerosas actividades do mesmo entre o 21 e o 24 de xuño. É o cuarto ano consecutivo no que unha curta do IES é seleccionada finalista e nalgún caso recompensada cun premio.

   Estes son os novos recoñecementos ao excelente traballo do noso alumnado nas materias Linguaxe audiovisual e medios dixitais de 3º e 4º ESO e Cultura audiovisual de 1º bacharelato.
Noraboa a tod@s.

 Vai tamén a esta ligazón:

http://aturuxofilms.wordpress.com/2013/06/03/mencion-especial-en-italia/

Advertisement

O auténtico medo

27 Dec


O AUTÉNTICO MEDO-IMAXE

   Había unha vez no supermercado un ovo que viu o que lle pasaba a unha familia. Esta familia estaba comprando e o rapaz quería poder tomar a merenda, pero a nai non lle deixou; seguiu collendo o que necesitaba e botoulle a man á caixa onde estaba o ovo, que entón seguiu vendo e escoitando o que ocorría. A irmá do cativo díxolle á proxenitora que quería unha boneca, porque todas as da súa clase tiñan unha. A nai, como moitas veces fixera, díxolle:

   – Miña filla, xa cho dixen cincuenta veces. Teu pai marchou da casa e non temos novas del, e co meu soldo do paro non podo comprar nada; xa case non hai cartos para a comida. Menos mal que túa avoa nos paga a casa, se non estariamos vestíndonos con bolsas do lixo, collendo comida nos contedores e vivindo debaixo dunha ponte.

   Cando chegaron á casa, a nai sacou a compra: dous tomates, unha ducia de ovos, unha leituga, cereais, leite e unha barra de pan. Logo, mentres facía a cea, díxolles aos rapaces que rasparan o mofo ao pan, que mañá xa comerían o pan fresco que compraran hoxe. Aos nenos pareceulles unha boa cea: unha rebanda de pan, un anaco de tomate, unha folla mediana de leituga e media tortilla francesa dun ovo. Ao oviño, que escoutou todo dende a neveira, pareceulle unha terríbel situación, pois no supermercado vira xente que comía moito mellor ca esta familia.

   A nai non comeu e os rapaces estrañáronse. Preguntáronlle por que ela non ceaba e ela respondeullles que o facía para que eles puideran tomar aquilo. A familia foi para a cama e o ovo fixo esta reflexión: “ o auténtico medo é non saber se lles poderás poñer un prato de comida aos teus fillos, ou darlles un teito, roupa e unha boa infancia”.

 Iago Riveiro (2º ESO- C)

II CERTAME DE RELATO CURTO: “TES UN CONTO QUE DÁ MEDO“- RELATO PREMIADO POLO XURADO

Un ano máis, celebrouse o Samaín no instituto

5 Nov

   O pasado mércores (31/10/12), os grupos de 1º e 2º da ESO participaron moi activamente no festexo do Samaín. Como se fixera xa o ano pasado, logo de convocar os delegados de todos os grupos e de distribuír a información correspondente aos titores, a celebración foi todo un éxito.

   Inscribíronse os cinco grupos de 1º da ESO e seis de 2º -ao participar por separado dos grupos de referencia o alumnado do Agrupamento 2ºA+B. É dicir, participaron no concurso de cabazas e na decoración das aulas cerca de 300 alumnos. Houbo disfraces, houbo música, houbo candeas e cabazas; pero ademais houbo moita creatividade. moita imaxinación e colaboración entre os participantes.

    A partir do segundo recreo, o alumnado participante acababa de decorar as aulas, ou disfrazábase, ou ensaiaba as coreografías/ dramatizacións pensadas para a ocasión. Logo, contra as 13:40 h., o xurado – composto por tres alumnas integrantes do EDNL (Helena, Xiana e Thais), dúas profesoras (Puri e Ánxeles) e unha representante do persoal non docente (María)- foi pasando por todas as aulas e gozando das improvisacións que o alumnado levaba a cabo.

    O tempo foi xusto para que o xurado emiritira o seu fallo e para que entre todos, alumnado e profesorado, recolleran as aulas deixando todo como estaba ao principio. Algunhas cabazas quedaron no centro (verédelas nas fotos), pero outras foron para as casas de cadaquén… a esperar polas ánimas.

     Ah!, o fallo do xurado foi o seguinte:

1º PREMIO: 1º ESO C e 2º ESO D

2º PREMIO: 2º ESO C

    Noraboa a todos os participantes, non só aos gañadores. Agora só queda esperar polos premios: SORPRESA!!!!!!!!!

Se queres botar un ollo ao traballo dos participantes, aquí tes unha galería de fotos:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Parabéns a Xoel López, Laura Losada, Marina Fernández, Alba Ferrón, Andrea Vázquez e Ramón Cruces

18 Abr

   Tres equipos de Teo, integrados por alumnado do IES de Cacheiras, participan este sábado 14 de abril na fase comarcal do Club de Debate, que se celebra no Auditorio de Galicia en Santiago a partir das nove da mañá. O tema de debate para a competición é “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” Ao debate acudirán tamén dous equipos de Santiago, tres de Ames e un de Rois.

http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=921&lg=gal

Isto podiamos lelo na páxina do Concello de Teo o mesmo sábado pola mañá. Sabiamos que o    noso alumnado estaba preparado e esperabamos boas novas. Non nos chegaron ata o día seguinte:

“UN EQUIPO DE TEO ACADA O SEGUNDO PREMIO NA FASE COMARCAL DO CLUB DE DEBATE”, volviamos ler na páxina do Concello.

 

   Celebrouse no Auditorio de Galicia a fase comarcal do Club de Debate. Participaron dous equipos de Santiago, integrados por alumnos de 1º de Bacharelato do Colexio Compañía de María. Competiron con outros sete equipos (tres de Ames, tres de Teo e un de Rois) debatendo sobre o tema “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” Finalmente, o gañador foi o CPI dos Dices (Rois) e o segundo premio recaeu no equipo teense do IES de Cacheiras.

   Cada equipo debateu dúas veces, unha coa posición a favor e outra en contra. O xurado emitiu unha puntuación e, e ao final do día, os dous que máis puntos sumaron foron os premiados: 500 euros para o primeiro e 300 euros para o segundo. Os premios non son en metálico, senón en material cultural ou deportivo (libros, discos, informática…) segundo a súa elección. O xurado estivo formado por catro persoas: unha xornalista, un escritor, unha profesora e unha técnica de normalización lingüística.

Os vicecampións da fase comarcal, durante o debate

  O equipo gañador foi o integrado por Xoel López e Laura Losada como oradores, Marina Fernández e Cristina Seijas como investigadoras, Alba Ferrón e Andrea Vázquez como colaboradoras, e o profesor Ramón Cruces como preparador.
    O tema de debate nesta fase comarcal foi: “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” En total, participaron tres equipos de Teo, dous de Santiago, tres de Ames e un de Rois. O tema proposto para a final en Pontevedra é: “Os usos das novas tecnoloxías favorecen as relacións sociais”.

   O Club de Debate é unha iniciativa promovida polos Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos de Ames, Betanzos, Carballo, Carral, A Coruña, Ferrol, As Pontes, Pontevedra, Oleiros, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo. Os seus obxectivos son favorecer o emprego da lingua galega na mocidade, traballar na fluidez comunicativa como unha das habilidades sociais máis importantes e na oratoria, incitar ao pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade, e fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.

   Desde aquí queremos agradecerlle especialmente ao Concello de Teo (nomeadamente ao Servizo de Normalización, Roberto Rielo, e Concellería de Cultura, Carme Hermida) que promovera esta iniciativa (tamén aos demais, que a fixero posible) e que estivera pendente en todo momento dos preparativos e da marcha dos equipos. Tamén ao profesorado que participou dalguna maneira na organización desta actividade e que acompañou ao alumnado durante a xornada (Puri Cabido, Xosé Manuel Maceira, Sabela Álvarez e Ramón Cruces). E, desde logo, non podemos esquecernos do noso alumnado:

Grupo 1

Grupo 2

Grupo 3

1º Bach. A

1º Bach. C

4º ESO B

1º Bach. B

Xoel López Penido

Rocío Carrasco Vieites

Marina Vázquez Nieto

Elena García Martín

Micaela Mourelle Blanco

Noelia Naveira Dono

Laura Losada Moure

Antonio Del Río Courtier

 Andrea Vázquez Perol

Alba Ferrón García

Bruno Pardo Diéguez

Alejandro González Fernández

Cristina Seijas Santos

Francisco López Bermúdez

         María Fernández Túñez                 Víctor Cacabelos Montero

Parabéns!!!

   Estamos convencidos de que esta experiencia vai ser lembrada dunha maneira especial polo noso alumnado, non porque obtiveran un dos premios da fase comarcal, senón porque saben valorar que o seu paso polo IES de Cacheiras e a súa experiencia académica vai máis aló das xornadas nas aulas. Un millón por participardes e por serdes tan especiais.

(Todas as fotos foron tiradas da páxina do Concello de Teo e dos medios de comunicación. Un millón, tamén!)

Hoxe, 9 de abril remata o prazo para a presentación de traballos

9 Abr

Convocado o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012

Convocado o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012

   O obxectivo deste Premio é promover a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos xornais para fomentar o uso e prestixio da lingua galega. Outórgase un premio de 1.000 euros e a difusión do artigo gañador nos 11 medios de comunicación que colaboran co certame. O prazo de admisión de artigos está aberto até o 9 de abril. O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con varios medios de comunicación escritos, convoca por oitavo ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame xa consolidado que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.

   Ao certame pódense presentar artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten algún tema concreto relacionado coa situación sociolingüística do noso país, coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, co argumentario a prol do uso do galego, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas, con propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, coa política lingüística en xeral ou nalgún ámbito ou situación determinada etc.
Os artigos deberán ter entre 2.000 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 350 e 600 palabras, aproximadamente). O prazo de admisión está aberto até o 9 de abril de 2012. Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.000 euros, ademais da difusión nos once medios colaboradores coa iniciativa: A Nosa CostaDe Luns a Venres, Diario de Bergantiños, El Periódico de Carballo, Galicia ConfidencialLa Opinión de A CoruñaLa Voz de GaliciaPraza PúblicaQue pasa na CostaSermos Galiza e Tempos Novos.
Nas sete edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo ou Marcos Abalde.

Velaquí o Manifesto do Correlingua 2012. HAI QUE LELO

23 Mar

MANIFESTO 2012- 4º ESO. CPI de Pontecesures

Buscamos, buscamos, buscamos cousas que nos traian a felicidade: coches, pisos, prazas de garaxe, negocios… enchen os anuncios por palabras dos xornais.

Pero nós buscamos persoas que estean orgullosas do idioma da súa terra, que non teñan medo a falalo. Buscamos que as fronteiras de Galiza as poña o galego. Preferimos unha persoa do Bierzo que fale o idioma a unha de aquí que non o fale. Non se é máis galego por vivir na Coruña se logo se fala o idioma de Castela. Deixade de presumir de algo que nin vós respectades. Todos vós, os que subides fotos reivindicativas ao tuenti, nin vos decatastes cando pechou Galicia Hoxe. Ser galego non é ler La Voz de Galicia nin ver a TVG. Ser galego significa que buscaches e atopaches a túa identidade. Galiza non é representada por unha catedral, unha muralla ou torre. A Galiza represéntaa un idioma co que escribiron ensaios, poemas, artigos e ata incluso anuncios por palabras. Desexamos abrir un día o xornal e atopar anuncios coma estes:

SERVIZOS

A mellor vidente de tarot de Galiza.Máis de doce séculos de experiencia. Especialista en: fonética, morfoloxía e léxico. Visítanos en R/ Percebe, nº 24.

COMPARTO PISO

Búscase univeritari@ que se queira aloxar nun piso de galego-falantes. Aviso: somos de moitas partes de Galiza e falamos diariamente galego.

FINANZAS

 Arréndase idioma. Prezo razoable e negociable, usable en todas as formas e ámbitos. Con garantía ilimitada.

Precisas un idioma? Nós temos o que buscas. Está en boas condicións, sinxelo de adquirir e comprender en toda a nación. Resposta en 24 horas.

OCIO

Divírtete  co galego provocador do manifesto “Máis Alá”. Mergúllate nun mar de gozo.

SEGUNDA MAN

Véndese equipo de música Vacaloura, perfecto para escoitar Heredeiros da Crus, moi ben coidado. Prezo razoable dependendo do galego que saibas falar.

DETECTIVES

Perdinme. Búscame. Chámome galego. Encóntrame, fálame e gózame.

POLO TANTO,

Entra en Jujel, vaite a PISOS VENDA, merca Galiza.

Vaite a PISOS ALUGUER, aluga Galiza.

Vaite a NEGOCIOS, negocia Galiza.

Vaite a MOTOR, compra un Galicoche.

Vaite a OCIO, goza Galiza.

Vaite a NÁUTICA, padexa Galiza.

Vaite a Galiza, adora galego

Adórate, adóranos.

Se feliz: GALEGO,  TODO O QUE BUSCAS

OS MUXES RADIOACTIVOS

http://www.edu.xunta.es/centros/cpipontecesures/node/75

Convocado o III Premio Rosalía de Castro

16 Mar

Convocado o III Premio Rosalía de Castro, que pasa a ser de Lingua e Cultura

   O III Premio Rosalía de Castro, que  premiaba iniciativas normalizadoras e que agora pasa a ser de lingua e cultura, para premiar o compromiso coa dignificación social do noso patrimonio lingüístico e cultural.

Para verdes a información toda e as bases:

http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=963&desc=convocado_o_iii_premio_rosalia_de_castro%2C_que_pasa_a_ser_de_lingua_e_cultura&show=1&comentario=true

Os premios Goya recoñecen a animación galega. Engurras chega xa ás salas de cinema da cidade compostelá

21 Feb

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=_PjZxXFBIWU

   A Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España recoñeceu na gala que se celebrou a  noite do 19 con tres premios Goya dúas producións animadas realizadas no noso país e baseadas en cadansúa obra de banda deseñada. Birdboy, a curta de animación de Pedro Rivero e Alberto Vázquez a partir da BD deste autor levou o premio Goya nesta categoría. A Academia recoñeceu outra produción animada galega, Engurras, cos galardóns á mellor longametraxe de animación e mais ao mellor guión adaptado. Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Rosanna Cecchini e Paco Roca, autor valenciado da novela gráfica na que se basea o filme, recolleron este galardón.

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20451&soportal=avg,%20bd

http://galiciaconfidencial.com/nova/9736.html

http://ortegalendo.blogspot.com/2012/02/triunfo-nos-premios-goya-da-animacion.html

http://www.algecirasalminuto.com/index.php/noticias/cultura/31975-seccion-de-comic-arrugas-el-exito-continua

O Concello de Carballo convoca

8 Feb

  Cada día, novas e interesantes convocatorias. Neste caso, o Concello de Carballo proponnos “a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos xornais para fomentar o uso e prestixio da lingua galega”. Necesitamos e procuraremos a vosa participación.

   Para saberdes máis: http://sermosgaliza.com/?p=856

Premios aos proxectos de innovación en dinamización lingüística.

12 Xan

   O pasado mércores, 4 de xaneiro, publicouse no DOG a Resolución do 16 de decembro de 2011 pola que se conceden os premios aos proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da consellería para desenvolver no curso académico 2011-2012 . Pódese consultar premendo aquí.

Os cinco proxectos premiados este curso foron:

Proxecto de innovación «A elaboración do viño na Ribeira Sacra», CPI Dr. López Suárez. O Saviñao, Lugo.
Proxecto de innovación do IES Félix Muriel. Rianxo, A Coruña.
Proxecto de innovación «Máis galego. Tecendo redes» do IES Rodeira. Cangas, Pontevedra.
Proxecto de innovación «Modelo Burela» do IES Perdouro. Burela, Lugo.
Proxecto de innovación do IES As Bizocas. O Grove, Pontevedra.

Parabéns a todos eles.

David Rubín leva o premio ao mellor cómic do estado en Zaragoza

29 Dec

David Rubín leva o premio ao mellor cómic do estado en Zaragoza   El héroe de David Rubín, levou o Premio á “Mejor Obra Nacional de 2011” no Salón do Cómic de Zaragoza. O pasado sábado á noite celebrouse a entrega de galardóns, que escolleu o público mediante votación en liña no web especializado en cómic aragónes Viñetario. Rubín impúxose a títulos como Chernóbil, de Francisco Sánchez e Natacha Bustos e Chico y Rita, de Fernando Trueba e Javier Mariscal. O tamén galego José Domingo participou neste evento, no que realizou unha sesión de sinaturas e presentou a súa última obra Aventuras de un oficinista japonés.

20 / 12 / 2011 en http://www.culturagalega.org/

Teresa Moure leva o premo Ramón Piñeiro de Ensaio

29 Dec

   Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións é o título da obra coa que Teresa Moure acaba de levar o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. A escritora impúxose no certame, dotado con 6.000 euros, entre 12 orixinais, e fai un achegamento á lingua e á literatura galega desde a teoría queer. Na súa obra, Moure critica a construción das categorías home/muller e cuestiona mesmo os empregos inclusivos do xénero da linguaxe, que considera baleiran de contido o potencial transformador do feminismo. Galaxia editará o volume ao longo do vindeiro ano.

Teresa Moure FOTO: Paula Gómez del Valle

   Esta e outras novas podes encontralas en http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/

Pasou o Samaín…con moita gloria e ningunha pena.

24 Nov

    Como xa contamos hai un tempo -SAMAÍN no noso instituto-, este ano o Samaín deixou moi bo sabor de boca no centro e mais en dous grupos: 2º da ESO B e 1º da ESO E. Ambos os dous resultaron gañadores da elaboración e exposición do conxunto de cabazas máis creativo e orixinal de todos.

   O día 16 de novembro veu Paula Carballeira ao centro para botarlle unha contada ao alumnado gañador. Foron contos de medo, coma os que queremos que o alumnado convocado presente para o noso certame “Tes un conto…de medo”  .

Na cafetaría do centro, o alumnado gañador. Comeron crema de cabaza e ósos de santo e logo contaron contos de medo:

O pase de diapositivas require JavaScript.

   O día que veu Paula Carballeira, tiñamos unha exposición dos seus libros no corredor que leva desde o vestíbulo ata o Salón de actos. Estaban colgados de varias cordas e quen quixera podía botarlle unha ollada. Paula contou para o alumnado gañador do Samaín 2011. Foi un día distinto e moi especial!

PREMIO XOÁN MANUEL PINTOS 2011. Equipos de normalización traballando a prol da lingua

1 Nov

Onte chegoume este correo electrónico. Compártoo con toda a comunidade educativa porque me parece importante. Moitos parabéns por este traballo tan necesario.

   Queremos informarvos e facervos partícipes, en canto que a CGENDL somos todos e todas, do  Premio Xoán Manuel Pintos 2011 , que o Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) acordaron outorgar ao noso colectivo e todos os docentes dos Equipos de Normalización polo seu “traballo a prol da lingua” e “o compromiso, dedicación e paixón que lles transmiten (…) de maneira especial ao alumnado”:  http://ir.gl/3253f0