Arquivo | LINGUA RSS feed for this section

Lingua galega de 2º de bacharelato: temas. Do espazo Abalar ao voso estudio

27 Nov

     O alumnado de 2º de bacharelato conta, dentro do espazo Abalar, cunha chea de contidos, actividades e propostas para traballaren o currículo da materia de Lingua galega (ademais doutras). Botádelle un ollo e tirade proveito de canto nos ofrecen desde o IES San Clemente a profesora Vitoria Ogando Valcárcel e o profesor Anxo González Guerra.

materiais2_bach

     Velaquí vos deixamos a ligazón 😉

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1382440391/contido/temas/index.html

Outra ligazón interesante: www.ogalego.eu//ogalego@galicia.com

Advertisement

O Apóstolo: aprender divertíndose

20 Nov

     Anímovos a entrar no marabilloso mundo d’O Apóstolo, unha actividade Lim creada polos alumn@s de 6º do Ceip Antonio Palacios sobre a película O Apóstolo. Autor: Benito Gil Martínez

apostolo

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1382379846/contido/oapostolo.html

     Excelente! Parabéns aos seus creadores 😉

Para máis… http://oapostolo.com/gl/

É VERDADE! Morro polas frases feitas

20 Nov

expres

      Sempre me gustaron moito as expresións idiomáticas e sempre procurei botar man delas para a apredizaxe e coñecemento dun idioma. O noso é riquísimo en frases feitas, abofé, pero hai que recoñecer que as novas xeracións de falantes apenas botan man delas, xa por descoñecérenas xa por non saberen como e cando usalas.

     Pois ben, buscando na rede información sobre actividades educativas feitas por docentes de todo país, onte encontrei unha proposta estupenda para traballar este campo. Aquí volo deixo, felicitando ao seu autor -Félix Pimentel Tubío- e agradecéndolle que o deixe ao dispor de todos de xeito gratuíto e desinteresado.

http://dl.dropboxusercontent.com/u/50994681/frases%20feitas/frases_feitas.html

expres2     Para calquera dúbida que vos poida xurdir, aquí vos deixo tamén unha ligazón ao dicionario da RAG, ferramenta imprescindíbel para quen queremos traballar con corrección na nosa lingua.

http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do

 

Roberto Vidal Bolaño. Bolañeemos todos!

17 Mai

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

http://robertovidalbolano.org/es/

Ficha sobre o autor na BVG da UDC

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RobVidal

Desde a Real Academia Galega

http://www.realacademiagalega.org/letras-actual

Unha lembranza

http://redenasa.tv/es/post/sen-ir-mais-lonxe/

O autor na programación da RTVG

http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/letras-galegas-2013

Desde a SXdePL

http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano

Roberto Vidal Bolaño nos medios

http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/a-luz-que-non-se-apaga-dia-das-letras-de-vidal-bolano/20130516224540014944.html

http://praza.com/cultura/4486/do-equipo-lupa-a-doentes-o-percorrido-audiovisual-de-vidal-bolano/

http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/homenaje-a-roberto-vidal-bolano-1

http://www.eldiario.es/politica/Alonso-Montero-Vidal-Bolano-farsante_0_133336826.html

http://elpais.com/tag/roberto_vidal_bolano/a/

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/especial-roberto-vidal-bolano/idEdicion-2013-05-16/idNoticia-806763/

http://www.lavozdegalicia.es/album/ocioycultura/2013/05/16/roberto-vidal-bolano-animal-escenico/01101368721455590448343.htm?idioma=galego

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/17/cultura/1368777568.html

Outras ligazóns

http://elpatitoeditorial.com/gl/prop%C3%B3sito-de-roberto-vidal-bola%C3%B1o-carteis-de-fausto-para-teatro-do-aqu%C3%AD

http://www.centrodramatico.org/cdg/axenda/axendad.php?id_e=2379&lg=gal

http://www.teatrogalego.com/2013/01/presentacion-da-asociacion-cultural.html

http://letrasgalegas.blogspot.com.es/

Manifesto censurando o recurso de casación perante o Tribunal Supremo, contra as recentes sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

16 Feb
Hai uns días que nos chegou esta petición:
Prezadas amigas e amigos
un grupo amplo e plural de persoas de distintas tendencias, profesións e condicións estamos tentando difundir un manifesto censurando o recurso de casación perante o Tribunal Supremo, contra as recentes sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que a Consellaría de Educación da Xunta de Galicia acaba de anunciar que está preparando.

            Velaquí o manifesto:

 A XUNTA DEBE ACATAR A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

FEIJOO NON DEBE LEVAR O IDIOMA GALEGO AO TRIBUNAL SUPREMO

   A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia acaba de anunciar que está realizando os trámites previos á presentación dun recurso de casación diante do Tribunal Supremo contra as sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o decreto chamado do plurilingüismo aprobado pola Xunta en 2010. Na nota oficial en que dá conta desta desafortunada iniciativa, a Consellería afirma que condiciona a non presentación -ou no seu caso a retirada- do dito recurso de casación, a que “os recorrentes e a oposición” acepten a proposta formulada hai máis dun mes polo presidente da Xunta:  segundo tal proposta, estes deben dar o seu aval ao devandito decreto do plurilingüismo, unha vez depurado dos aspectos que o TSXG estima contrarios á legalidade.

   Resulta verdadeiramente lamentable que o goberno e o Partido Popular non tirasen as conclusións derivadas das sentenzas do TSXG, en tanto que estas desautorizan de cheo aspectos básicos dun decreto que no seu día foi aprobado pola Xunta a pesar de contar con informes contrarios do Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Consello Escolar de Galicia e o propio Consello Consultivo de Galicia. Agora, no canto de aproveitaren a ocasión para reconducir unha liña desastrosa de deslexitimación, desoficialización e desprestixio do idioma do país (e de paso, da propia autonomía e as súas institucións), o Partido Popular e o goberno de Feijoo teiman en botar máis leña ao lume.

   É incomprensible que o Presidente da Xunta pretenda condicionar unha rectificación imposta xuridicamente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a que a oposición e os recorrentes se aveñan a aceptar como idóneo un decreto indefendible, rotundamente descualificado polas devanditas institucións e organismos, así como pola maioría dos expertos e da comunidade educativa, ademais de contestado masivamente pola cidadanía.

   Pero o que provoca escándalo é que o goberno do Partido Popular pretenda outorgar ao Tribunal Supremo a última palabra nunha materia xa xulgada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e que o Estatuto de Autonomía de Galicia reserva como competencia exclusiva á nosa autonomía  (art. 27, 20 do EAG). A presentación do devandito recurso de casación constituiría non só unha aldraxe (outro máis) ao idioma do país, senón un desprezo ás nosas institucións e unha rotunda descualificación da propia autonomía.

   O que ao idioma galego lle cómpre son políticas activas de apoio e promoción no ámbito do ensino e nos demais ámbitos, políticas que deben fundarse nun amplo consenso político e social, como o plasmado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado polo Parlamento de Galicia en 2004. O propio Parlamento de Galicia pode ser un lugar apropiado para fraguar as bases para tal consenso, non o Tribunal Supremo de Madrid.

   O que Galicia precisa é un Presidente e un goberno que confíen nas nosas propias institucións, que crean no autogoberno e que miren por riba de todo polos nosos intereses colectivos. Alberto Núñez Feijoo debe renunciar de vez a continuar cun obsceno xogo partidista -ou peor aínda, personalista- a custa do noso idioma e da nosa dignidade. A Xunta de Galicia cometería unha infamia arrastrando o idioma galego ao Tribunal Supremo.

Club de Debate 2013- A primeira xornada: formación (nos Tilos- Teo)

20 Dec

CELÉBRASE UNHA XORNADA DE FORMACIÓN NOS TILOS PARA O CLUB DE DEBATE

NO QUE PARTICIPA ALUMNADO DOS CONCELLOS DE AMES, ROIS, SANTIAGO E TEO

18/12/2012

As redes sociais favorecen a comunicación e a relación entre as persoas. Este será o tema sobre o que traballarán os equipos de escolares que participen este ano na fase comarcal de Compostela do Club de Debate . Este club é unha iniciativa impulsada dende os servizos de Normalización Lingüística municipais na que participan os Concellos de Ames , Carballo ,Cee , Ferrol , Pontevedra , Ourense , Rois , Santiago , Teo e Vigo .

Na Comarca de Compostela xa se está traballando dende hai semanas e hoxe mesmo realizouse unha xornada de formación cos equipos anotados de SantiagoAmes , Rois e Teo na Casa Común dos Tilos. A actividade, que durou toda a mañá, centrouse en traballar as técnicas de oralidade e habilidades sociais e comunicativas. A maiores diso abordáronse as técnicas de compilación e tratamento da información para enfrontarse a un tema de debate. O traballo cos case 100 estudantes que participaron nesta xornada de formación combinou o traballo máis regrado coas dinámicas de grupo, técnicas de rol, prácticas de comunicación non verbal…

A mañá rematou cunha simulación de debate por equipos. A Casa Común dos Tilos acolleu catro equipos dos centros composteláns IES Antonio Fraguas e do Colexio Compañía de María; catro equipos do IES de Ames; un equipo do CPI Plurilingüe dos Dices de Rois; un equipo do IES Macías o Namorado de Padrón, un equipo do IES Camilo José Cela tamén de Padrón e un equipo do IES de Cacheiras-Teo.

Esta actividade formativa servirá para darlle ferramentas ao alumnado e ao profesorado para mellorar as técnicas de debate de cara á fase comarcal que se celebrará en Bertamiráns (Ames) a primeiros de abril. Os equipos gañadores deste primeiro enfrontamento participarán na fase final que se celebrará en Santiago de Compostela o 4 de maio. O equipo gañador da fase galega conseguirá un premio dunha viaxe dunha fin de semana para 25 persoas. 

A participación no Club de Debate busca incentivar entre os máis novos/as o emprego da lingua, traballar a fluidez comunicativa a través da oratoria ademais de incitar o pensamento crítico e  a tolerancia. Está dirixido aos escolares de 3º e 4º da ESO ou 1º de Bacharelato.

    Alí estivo tamén o noso grupo de debate, formado por: Rita García, Silvia Barros, Uxía Dono, Manuel Duro, Giulia Podda, Martina Rey, Tamara Soto, Mencía Suárez, Alicia Vila e Noelia Villar. Agora haberá que irse preparando para estaren a punto en abril, mes en que empezan os debates comarcais. Sorte a todos os participantes 😉

IMG_1638 IMG_1637

recitandocelsoemilio. Xa queda menos

9 Dec

 

cartaz_recitando_celso_emilio

Que plurilingüismo queremos? A CGEDNL fala claro e propón un plurilingüismo inclusivo e con equidade

19 Abr

   Esta mañá chegounos por varias vías este artigo. Lémolo e pareceunos necesario compartilo e defendelo.   

   Unha imaxe: a de tres irmás que a pesar do seu peso reciben exactamente a mesma ración de
comida diaria. Unha delas, a única filla biolóxica, está moi delgada, débil e non serve para traballar porque non ten forza; outra, medio-irmá, está bastante máis vigorosa pero é útil unicamente para a realización de certos traballos; a última, filla adoptada, é grande, forte e goza dunha férrea saúde polo que é a requirida para os traballos importantes. Se os seus pais dan a todas a mesma ración de comida, que ocorrerá? NADA. Velaí o problema. Co tempo, todos verán a filla máis débil como un estorbo que non serve para nada e pode ata que a deixen morrer. Paradoxal, que dúbida cabe!, sendo ela a única filla de dereito. Pois ben, así actuaron os nosos políticos, decidiron alimentar unicamente ás fortes e denominárono “plurilingüismo”. Do mesmo xeito que no caso anterior, a filla máis débil está destinada a morrer pero, neste caso, decidiuse asestarlle o golpe definitivo defendendo que supón un risco para a súa medio-irmá que, sen dúbida, se puidese consumir a comida da desaparecida sería moito máis forte.
Namentres, a filla adoptada, aproveitando esta absurda discusión, come a ración das súas irmás deixándoas moribundas. A máis débil, á que só quedan migallas, pode que non dure moito. A súa medioirmá é posible que sobreviva pero a súa saúde resentirase. Ao final, de tres irmás só unha servirá para algo. Non sería mellor repartir a comida en función do estado de saúde de cada unha delas e lograr así, tres fillas fortes útiles para realización de calquera traballo?

Para seguir lendo:

http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/doc/QUE%20PLURILING%C3%9CISMO%20QUEREMOS.pdf

Que queremos?
Plurilingüismo, pero inclusivo e con equidade.
Como se consegue?
Co Tratamento Integrado de Linguas (TIL).
O TIL non é:
 un reparto de linguas por materias.
 aprender só inglés e castelán.
 memorizar palabras e deixar de aprender contidos.
O TIL é:
Aprender realmente moitas linguas pero partindo das dúas existentes na comunidade. Non se pode abandonar unha delas para aprender outra de fóra.
 Partir dun enfoque comunicativo (ten que ter sentido o uso da lingua. O alumnado aprende linguas para usalas).
 Explotar as estratexias de transferencia de linguas: conseguir desde a lingua propia saber como se xestionan as outras.
 Facer unha planificación conxunta para traballar as linguas de forma relacionada.
 Adquirir competencia plurilingüe e intercultural, cunha gradación do dominio das diferentes linguas.
 Conseguir acordos e complicidades entre o profesorado e as familias.

Hoxe, 9 de abril remata o prazo para a presentación de traballos

9 Abr

Convocado o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012

Convocado o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012

   O obxectivo deste Premio é promover a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos xornais para fomentar o uso e prestixio da lingua galega. Outórgase un premio de 1.000 euros e a difusión do artigo gañador nos 11 medios de comunicación que colaboran co certame. O prazo de admisión de artigos está aberto até o 9 de abril. O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con varios medios de comunicación escritos, convoca por oitavo ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame xa consolidado que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.

   Ao certame pódense presentar artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten algún tema concreto relacionado coa situación sociolingüística do noso país, coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, co argumentario a prol do uso do galego, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas, con propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, coa política lingüística en xeral ou nalgún ámbito ou situación determinada etc.
Os artigos deberán ter entre 2.000 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 350 e 600 palabras, aproximadamente). O prazo de admisión está aberto até o 9 de abril de 2012. Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.000 euros, ademais da difusión nos once medios colaboradores coa iniciativa: A Nosa CostaDe Luns a Venres, Diario de Bergantiños, El Periódico de Carballo, Galicia ConfidencialLa Opinión de A CoruñaLa Voz de GaliciaPraza PúblicaQue pasa na CostaSermos Galiza e Tempos Novos.
Nas sete edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo ou Marcos Abalde.

Materiais de lingua para 2º da ESO: verbos, odiados verbos

1 Mar

VERBOS E MÁIS VERBOS

   Se para o alumnado de 1º da ESO hai oferta de exercicios, para o de segundo, tamén ;=)

Aquí quedan uns centos deles para traballar o tan sabido verbo. As respostas están na páxina, pero se os facedes sen mirar antes, aprederedes moito. Empezade nos de cambiar de tempo verbal. Sorte!

Entrar, aquí —- http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/verbo1.htm#1

Materiais de lingua para 1º da ESO: os pronomes átonos

1 Mar

   Aquí quedan uns cantos -moitos ;=)- exercicios para que o alumnado da ESO (no meu caso, para 1º ESO A+B) poidan repasar o uso e colocación dos pronomes persoais. Como se incluén as correccións e se pode ver o número de acertos/ erros, é máis divertido do común. Sorte ;=))

Calca aquí para accederes aos exercicios: http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm#4

Foi onte, pero é cada día: Día Internacional das Linguas Maternas

22 Feb

   Aínda que desde aquí estamos ben pendentes de achegarvos información que vos poida interesar, ás veces non damos feito. Onte, 21 de febreiro, celebrouse o Día Internacional das Linguas Maternas, pero para quen considere, como nós consideramos, que a nosa lingua nai é unha raíz ben profunda que nos une á nosa terra, que é o cordón que nos liga máis alá da familia a unha comunidade orgullosa da súa forma de ser e pensar; e que é unha gran riqueza, para alén dun patrimonio que non podemos permitir que se vaia luíndo amodo; para quen iso pense, todos os días son o día da lingua materna.

   De nós depende que saibamos e queiramos darlle cada día un pulo forte ao galego, para que aguante atrancos e cambadelas, menosprezos e desleixos. Non vai abondar con que un día ao ano lle pasemos a man polo lombo e a agasallemos; non! Algo máis deberemos facer acotío. Desde o noso centro, botarémoslle ganas, forzas e tempo. Moita saúde para a nosa nai e para as nais de tantos outros pobos que queren e saben defender quen son. Parabéns a todas.

  Aquí vos deixamos un vídeo que nos chegou a través do facebook e que presenta a realidade lingüística da Comunidade Andina, cunha riqueza descoñecida para moitas de nós, e que nos lembra cal foi o motivo que fixo que a UNESCO, desde 1952, promovera a celebración en todo o mundo dun día adicado á protección e coidado do pluralismo lingüístico e da diversidade cultural. 

 REPORTAJE:: 21 de Febrero “Día Internacional de las Lenguas Maternas” Inauguración de la Jornada Intercultural “Fuente Original de la Palabra” Fecha: 21 de febrero del 2012

Lugar: Sala Bolívar de la Secretaría General de la Comunidad Andina, Lima – Perú

Este é só un exemplo; pero seguro que hai máis:http://www.youtube.com/watch?v=lNbcxyV5gZ8&feature=youtu.be

Tamén deixamos outra ligazón para que poidades velo e entrar no Atlas interactivo UNESCO de las lenguas del mundo en peligro:    http://www.unesco.org/culture/languages-atlas/es/atlasmap.html

Os libros de lectura de lingua. Curso 2011-12

10 Dec

Dragal, a fantástica novela de Elena Gallego Abad

http://dragal.blogaliza.org/

Em português. A pronúnica de consoantes surdas e sonoras

6 Dec

   Toda a gente experimenta maneiras de aprender a pronúncia dos sons surdos e sonoros. Esta música do Lenine vai servir para revermos esses sons. É apenas um exemplo para treinar como é que se pronunciam s-, -ss-, -c-; -s, -s-, -z, -s-consoante. As palavras em negrito são surdas; as sublinhadas, sonoras.

    LEMBREM: mesmo, mais, espera, vez, veloz, nós pronunciam-se como o xis das palavras galegas xa, axiña, xoia, muxica...

Paciência

Mesmo quando tudo pede
Um pouco mais de calma
Até quando o corpo pede
Um pouco mais de alma
A vida não para…

Enquanto o tempo
Acelera e pede pressa
Eu me recuso faço hora
Vou na valsa
A vida é tão rara…

Enquanto todo mundo
Espera a cura do mal
E a loucura finge
Que isso tudo é normal
Eu finjo ter paciência

O mundo vai girando
Cada vez mais veloz
A gente espera do mundo
E o mundo espera de nós
Um pouco mais de paciência

Será que é tempo
Que lhe falta para perceber?
Será que temos esse tempo
Para perder?
E quem quer saber?
A vida é tão rara
Tão rara…

Mesmo quando tudo pede

Um pouco mais de calma

Até quando o corpo pede

Um pouco mais de alma
Eu sei, a vida não para
A vida não para não…

Será que é tempo
Que lhe falta para perceber?
Será que temos esse tempo
Para perder?
E quem quer saber?
A vida é tão rara
Tão rara…

Mesmo quando tudo pede
Um pouco mais de calma
Até quando o corpo pede
Um pouco mais de alma
Eu sei, a vida não para
A vida não para…

A vida não para…

http://youtu.be/sXmWAOIWg3w

Mapa das linguas de Europa

12 Xan

distribución das linguas de EuropaCalca sobre o mapa

e gárdao despois co

botón dereito do rato

(5 Mb)