Arquivo | Prensa/ Imprensa RSS feed for this section

Ramón Villares e Ángel Bahamonte publican unha ampliación de El mundo contemporáneo: del siglo XIX al XXI, (Taurus)

8 Out

Ramón Villares: «O século XX tivo o máis sublime e o máis indigno» O historiador galego salienta a importancia que tivo para a situación actual a crise do petróleo dous anos setenta. CAMILO FRANCO

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/10/07/seculo-xx-tivo-mais-sublime-mais-indigno/0003_201210G7P44991.htm?idioma=galego

http://www.editorialtaurus.com/es/libro/el-mundo-contemporaneo-1/

Advertisement

Disquecool xa ten un ano! Parabéns ;)

3 Mai

   Disquecool, o medio dixital galego sobre tendencias e creatividade independente, vén cumprir un ano de vida. Para celebralo e lembrarnos aos internautas que apostar pola información dixital e en galego é sempre unha boa aposta, as responsábeis deste medio fixeron reconto, na súa propia web, do que representa para cada unha delas esta andaina informativa.

   Do que se tratou foi de achegar, co gallo do primeiro aniversario, o punto de vista particular de cada quen sobre o máis emocionante e interesante que aconteceu ao longo destes doce meses. Doce meses que deron, entre outras cousas, para acadar 1.600 seareiros no Facebook e 1.200 no Twitter. En Disquecool hai arte e deseño: http://www.disquecool.com/category/deseno/

Teatro, cine e televisión:http://www.disquecool.com/category/escenas/

Estilos de vida: http://www.disquecool.com/category/estilos-vida/

Letras:http://www.disquecool.com/category/letras/

Música: http://www.disquecool.com/category/musica/

E moito máis. Entra: http://www.disquecool.com

Sheila Fernández Suárez: que non sexa unha excepción! Fútbol + Muller, tamén dá.

13 Mar

   Sheila Fernández Suárez, alumna do IES Cacheiras, de só 14 anos, recibía hai dous días unha chamada de Manuel Buján, o coordinador deportivo da Sociedade Deportiva Cacheiras, para comunicarlle que estaba convocada para unha concentración coa selección española sub-16.

   Máis información: http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=896&lg=gal

   É moi probable que boa parte do alumnado do IES Cacheiras non saiba nada sobre esta noticia, por iso deixamos aquí unha morea de ligazóns con información.

http://www.rfef.es/index.jsp?nodo=139

http://www.futfem.com/vernoticia.php?id=1568

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/03/13/futbol-gran-pasion/0003_201203S13C10991.htm

Estamos tamén á procura dalgunha das entrevistas que os medios de comunicación lle fixeron nas últimas semanas. Subirémolas ;=))

A Coruña mostra o mellor da obra pictórica de Isaac Díaz Pardo

26 Feb

   Pois si, o máis destacado da obra pictórica do histórico intelectual galego Isaac Díaz Pardo, falecido o pasado mes de xaneiro, exponse desde a tarde do día 23 na sede a Fundación Novacaixagalicia da Coruña nunha mostra que poderá visitarse ata o próximo 1 de maiohttp://www.galiciae.com/nova/153107.html

   Nós, aproveitando a boa nova, mergullámonos un pouco no océano dixital e encontramos unha moi boa ligazón ao pdf do número cero do Xornal Galicia, que en 2008 foi editado pola Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo como parte das accións de apoio contra o seu afastamento da dirección de Sargadelos. Aquí vos queda. Só tedes que calcar e ler:

http://grenlandia.files.wordpress.com/2012/01/xornalgalicia.pdf

Malos tempos para a nosa cultura. Nestes momentos, artigos valentes como o de Alfredo Ferreiro sacoden conciencias

26 Feb

  Desde logo, para moitas galegas e galegos, isto non vai ben; o país non vai ben e imos andando para atrás como fan os caranguexos (pateiros, na miña terra nai). Neste campo a barbeito, é moi gratificante  encontrar opinións críticas, discrepantes e ousadas; é esperanzador que haxa voces reflexivas que nos fagan tamén a nós pensar e afondar en todo o que está a pasar e no que nos están contando que vai vir, mentres a involución a a regresión botan raíces que logo vai ser difícil que poidamos cortar.

   Aquí vos deixamos o artigo, publicado onte en praza.com. Permitímonos facer un breve extracto: 

Minas por levantar- Alfredo Ferreiro

(…)  Ao tempo, ergo a vista e a crise da que non desexo falar mais da que non podo evitar escoitar arrastra cuestións moito máis relevantes que a perda paulatina de poder adquisitivo: a utilización desta falsa democracia para xustificar a explotación. Porque o máis grave non é errarmos a ruta, senón queimarmos as naves que nos han de levar a terras mellores. (…)

Para lerdes todo o artigo, calcade en http://praza.com/opinion/91/minas-por-levantar/

Recuperando folgos: a prensa en galego está de noraboa

3 Feb

   Si, estámosche de noraboa! Hai dous días podiamos ler a presentación e declaración de intencións do novo xornal en galego, Praza Pública. Deixamos algúns anacos do editorial e mais a ligazón.

Editorial. O xornal da Galicia que vén

    Praza Pública nace para romper un cerco de silencio que afoga tantas voces valiosas, para crebar o pesimismo que se nos intenta impoñer como fe fatal. Praza Pública (ou simplemente Praza, a vosa praza) nace porque cremos no país e nas súas xentes, nesa Galicia moderna e sen complexos que ten todo o futuro que sexa capaz de atreverse a soñar e a facer seu. Desde Praza desexamos contribuír a deseñalo, a construílo e a conquistalo, con humildade e sendo conscientes das nosas capacidades, mais tamén coa ambición de crecer ao voso lado e de ofrecervos un traballo ben feito, no que vos sintades recoñecidos e recoñecidas.

   Praza nace tamén para a pluralidade. Para aumentar o pluralismo informativo, que hoxe está moi lonxe de ser un reflexo da diversidade social do noso país; e tamén para exercer a pluralidade de voces, de visións e de perspectivas, sen máis liñas vermellas que aquelas que nos definen como proxecto comunicativo: a defensa do autogoberno, do progreso e do benestar da cidadanía galega, e mais a reivindicación da lingua e da cultura galegas como valores esenciais desa Galicia que vén.

   Para lerdes o editorial completo: http://praza.com/editorial/1/o-xornal-da-galicia-que-ven/

A ti tamén che vai gustar Dioivo. Non todo van ser malas novas

27 Xan

Que é, que é Dioivo?

   Un medio de comunicación dixital e en galego. Alguén non estrañaba un medio así? Velaquí os vídeos da promo: http://youtu.be/Sk4jCymACP8    http://youtu.be/80bLJNWPYtU    http://youtu.be/HD0FXjg3YMo

Pero vós quen sodes, loh? 

Aínda que estamos máis afeitos a formular preguntas que a respondelas, dicir quen somos é ben sinxelo. Somos unha presada de mulleres e homes aínda apaixonados pola súa profesión. Axúntanos a experiencia de anos nos medios de comunicación galegos, unha visión compartida deste país e o afán por impedir que a crise das empresas xornalísticas bote terra sobre un nobre oficio, o de contar e contrariar, que nunca, coma hoxe, foi tan necesario. Dioivo é, en realidade, unha Unión Temporal de Xornalistas; unha folla dixital mutante, con alma de panfleto; un clúster de exiliados da prensa tradicional, con afán de desfogar e tecer redes de colaboración para o futuro, aquí, nesta plataforma espontánea, ou noutro lugar. Poida que a nosa aventura sexa tan arroutada e efémera coma o propio diovio. Pero agora que estamos, e que nos puxemos dacordo, imos facer que chova o mar chovido. Abofé! dioivo.eu

Prensa en galego. Sermos Galiza segue adiante

6 Dec