Arquivo | Concursos RSS feed for this section

Un ano máis, celebrouse o Samaín no instituto

5 Nov

   O pasado mércores (31/10/12), os grupos de 1º e 2º da ESO participaron moi activamente no festexo do Samaín. Como se fixera xa o ano pasado, logo de convocar os delegados de todos os grupos e de distribuír a información correspondente aos titores, a celebración foi todo un éxito.

   Inscribíronse os cinco grupos de 1º da ESO e seis de 2º -ao participar por separado dos grupos de referencia o alumnado do Agrupamento 2ºA+B. É dicir, participaron no concurso de cabazas e na decoración das aulas cerca de 300 alumnos. Houbo disfraces, houbo música, houbo candeas e cabazas; pero ademais houbo moita creatividade. moita imaxinación e colaboración entre os participantes.

    A partir do segundo recreo, o alumnado participante acababa de decorar as aulas, ou disfrazábase, ou ensaiaba as coreografías/ dramatizacións pensadas para a ocasión. Logo, contra as 13:40 h., o xurado – composto por tres alumnas integrantes do EDNL (Helena, Xiana e Thais), dúas profesoras (Puri e Ánxeles) e unha representante do persoal non docente (María)- foi pasando por todas as aulas e gozando das improvisacións que o alumnado levaba a cabo.

    O tempo foi xusto para que o xurado emiritira o seu fallo e para que entre todos, alumnado e profesorado, recolleran as aulas deixando todo como estaba ao principio. Algunhas cabazas quedaron no centro (verédelas nas fotos), pero outras foron para as casas de cadaquén… a esperar polas ánimas.

     Ah!, o fallo do xurado foi o seguinte:

1º PREMIO: 1º ESO C e 2º ESO D

2º PREMIO: 2º ESO C

    Noraboa a todos os participantes, non só aos gañadores. Agora só queda esperar polos premios: SORPRESA!!!!!!!!!

Se queres botar un ollo ao traballo dos participantes, aquí tes unha galería de fotos:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Advertisement

Temos lemas. Conciencia de lingua, esforzo e traballo

26 Feb

DO IES CACHEIRAS CURSO 2011-2012

     Van pasando os días e as semanas e vai chegar o momento de retirar a exposición dos traballos que realizou o alumnado de 1º e 3º da ESO con Montse Amigo. Nesta ocasión, o eixe temático era Crear un lema que reflectira a necesidade de fomentar a lingua de noso.

    O resultado foi verdadeiramente magnífico e nós decidimos sacalo ao corredor central do centro e expoñer os traballos -cerca de 30- e logo realizar un concurso. Dúas semanas despois de estaren expostas as obras, un xurado composto por alumnado e profesorado -Helena (2º Bach.) e Manu (1º ESO), Dolores (Dpto. Xeografía e Historia, profesora de Historia da arte) e eu mesma (María Pardo), en representación do EDNL- escolleu CINCO delas como as mellores. Foi complicado porque como veredes os traballos son moi bos.

   Polo de agora, imos subir todas as fotografías que temos da exposición (aínda falta algunha, porque non ten a calidade que debera) para que se visibilicen aínda máis. Ese é o noso desexo: que o traballo do IES Cacheiras poida ser visto fóra das nosas aulas e dos nosos espazos de exposición. Esperamos que gocedes botándolles unha ollada ;=)

O pase de diapositivas require JavaScript.

O colectivo “Marearte” convídanos a participar no IV Concurso Audiovisual

15 Feb

O grupo Marearte organiza unha nova edición do Festival Audiovisual Galego OlloBoi

As bases do concurso estipulan que:

  1. Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas nacidas ou residentes en Galicia, do eido educativo ou fóra do mesmo. Os participantes menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do seu titor legal.
  2. Aceptaranse traballos de vídeo-creación (curtametraxes, vídeo-denuncias, documentais…) de duración preferentemente non superior ós 10 minutos, que deberán estar aloxados nun servidor web: Vimeo, Youtube, DailyMotion
  3. A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso ou referencia ó idioma e á cultura galega, a responsabilidade medioambiental e social e o respecto ós dereitos dos animais. O xurado terá en conta que a autoría do traballo sexa non profesional.
  4. Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos sempre que non se presentaran en edicións anteriores do concurso.
  5. Os participantes consenten a divulgación dos seus traballos na rede, sempre co recoñecemento da súa autoría e dos seus dereitos.

 Para saberdes máis, podedes consultar as bases polo miúdo en Olloboi.com.

II Concurso de Poesía IES Cacheiras

4 Feb
Bases

1.- Pode participar todo o alumnado do IES, con unha ou máis composicións poéticas.

2.- As obras estarán escritas en lingua galega e terán unha temática e extensión libres.

3.- Ao final da(s) composición(s) aparecerán:

– nome

– apelidos

– curso/ grupo

   Tamén se poderá(n) asinar a(s) obra(s) cun pseudónimo, pero nese caso indicaranse os datos anterirores nun sobre á parte.

3.- Prazo de entrega. Remata o 17 de febreiro de 2012.

4.- As obras presentadas ao concurso serán entregadas ao profesorado responsábel da actividade:  no departamento de Lingua Galega ou na Vicedirección.

5.- As composicións gañadoras serán publicadas na revista do centro A Eira dos Mouros e recibirán un agasallo sorpresa.

concursos literarios

29 Abr

Vconcursoliterario

IVconcursomicrorrelatos