Arquivo | MÚSICA RSS feed for this section
Imaxe

II Cantos na maré para escolares. Amanhã é dia de festa ;)

25 Abr

foto (1)

O IES de Cacheiras reivindica o uso da lingua en ‘Cantos na Maré’

A actividade, pioneira na comunidade, busca difundir idioma, música e cultura galego-lusas.

O compositor de bossa nova Fred Martíns compartiu experiencia co alumnado

C. BOTRÁN

   Os Cantos da Maré para escolares volveron resoar onte no IES de Cacheiras (Teo). E fixéronno por segundo ano consecutivo con moita implicación por parte do alumnado. A iniciativa, que inauguraba na súa orixe a cantante Uxía, directora do festival Cantos na Maré, prestando o mesmo nome da cita musical para a actividade educativa teense, é pioneira nos centros educativos galegos. A actividade extraescolar tenta difundir entre o alumnado do IES a música, a cultura e a lingua galego-portuguesas. Así, e na tentativa de conxugar as posibilidades lúdicas que ofrece a música coa reivindicación formal pola lingua do país, este encontro lusofónico regresaba ao centro de secundaria teense coa presenza e participación do cantor e compositor de bossa nova e samba Fred Martíns. Pola súa banda, o alumnado puxo voz e interpretou poemas de escritores portugueses como Pessoa, Florbela Espanda, Zeca Alonso…

Fonte: http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/ies-cacheiras-reivindica-uso-da-lingua-cantos-na-mare/idEdicion-2013-04-27/idNoticia-803683/

Bom, agora curtam este vídeo:

CoraSons na Ramallosa

20 Dec

cora395429_315552465159434_1066441493_n

   Hoxe na Coruña (Teatro Colón) e mañá e pasado máis perto de nós, no Auditorio da Ramallosa (Teo), vai haber moita e boa música de Portugal, do Brasil, de Angola…; música cordial que vai dereita ao corasón.

   “Quen ve coraçoes‘ é unha páxina de internet onde a fotógrafa portuguesa Isabel Valentim foi publicando unha serie de textos e fotografías co leiv motiv dos ‘corazóns casuais’, figuras de corazóns atopadas na natureza e espalladas polo mundo adiante. Deste xeito, pintadas nas paredes, portas, aramadas, area ou mesmo xeo con forma de corazón, se foron incorporando á páxina. E entón apareceu a amizade.
   Uxía, cantante galega que coñecía a Isabel dende anos atrás, namorouse das fotos e lle propuxo facer unha exposición na Casa das Crechas de Santiago de Compostela. A partir de aquí, o proxecto foi incorporando amigos incondicionais, namorados dos corazóns que non dubidaron en poñer o mellor deles mesmos e da súa arte ao servizo da causa. Para acompañar a inauguración montouse un concerto onde máis de 20 músicos de Galicia e Portugal se xuntaron para facer música “namorada”. Acababan de nacer CoraSóns.

https://www.facebook.com/pages/Quem-v%C3%AA-cora%C3%A7%C3%B5es/305930389454975

   Non vemos mellor maneira de entrar no inverno; por iso vos animamos a asistir a este magnífico concerto. Quen non poida ir mañá (sexta-feira) ten aínda a posibilidade de ir o sábado. É ás 22:30 horas e as entradas pódense comprar anticipadamente en Compostela (pub Ultramarinos) e tamén en Teo (cafe A Senra e cervexaría Santa Sede).

corasons

Para saberdes máis, podedes ir ao lusopatia 😉

http://lusopatia.wordpress.com/2012/12/18/a-festa-do-fim-do-mundo/

Pandeireteiras no IES Cacheiras

8 Out

    Comezamos un novo curso académico e isto pinta moi ben. Cando o ano pasado botamos a andar e a traballar conxuntamente coa Vicedirección do centro, falamos moitas veces de conseguir formar pequenos grupos co alumnado que ten estudos musicais e que xa forma parte de asociacións fóra do instituto. Pois ben, este ano xa temos a punto de se poñer mans ao traballo un grupo de pandereteiras (Jéssica, Rocío, Xiana e Thais, de 4º da ESO; Sabela e Noelia, de 1º de bacharelato; e Helena, Paula, Branca e Fani, de 2º de bacharelato). Esperamos podelas oír e acompañar o próximo mes de novembro, cando amenicen o noso magosto. Daquela subiremos algúns vídeos e fotos; polo de agora agradecémoslles o seu interese, a súa colaboración e as ganas que demostraron esta mañá durante a primeira reunión.

    Isto dános forza e ánimos para seguir ampliando as nosas miras: xa temos un trompetista e un gaiteiro (Miguel e Rubén, de 3º da ESO), agora gustaríanos ampliar o grupo e conseguir reunir un nutrido número de músicos que nos axuden a formar unha pequena banda do instituto. Deste xeito, entre as pandereteiras e a banda poderemos difundir e valorar o noso patrimonio musical tradicional e aproveitar os talentos do noso alumnado. Imos por bo camiño e con estas rapazas e estes rapaces habémolo facer con bo ritmo e boa música nosa.

Terra da Fraternidade. Uma enorme homenagem ao Zeca Afonso

11 Mai

   Ontem foi uma grande noite! Ontem o Auditório da Galiza receveu uma malta que não quer esquecer o passado para estar no presente e construir o futuro; uma malta que se compromete e que quando pode gosta de dizer muito alto Venham mais cinco porque o povo é quem mais ordena; que, Enquanto há força, não perde a esperança, que gosta de Cantigas de Maio para cantar o ano inteiro, mas também de Meninas de olhos tristes, de meninos que vão correndo ver o sol chegar, de ciganos, de capitães, de cravos e de Abriles.

   Ontem todos curtiram compartilhando três horas curtinhas com quem conjugou o verbo zecafonsar (Quico Cadaval http://bit.ly/QCadaval, Banda Utopía http://bit.ly/BandaUtopia, García e Leo http://bit.ly/LeoEGarcia, Xabier http://bit.ly/Xabier e Guille Fernández http://bit.ly/GuilleFernandez, Tiago Gomez http://bit.ly/TiagoGomes, Ico e Xurxo Souto http://bit.ly/XurxoSouto, Joao Afonso http://bit.ly/JoaoAfonso, Carlos Blanco http://bit.ly/CarlosBlanco, Ses http://bit.ly/SesEBocixa e Bocixa http://bit.ly/BocixaESes, Ze Rui Martins http://bit.ly/ZeRuiMartins, Aline Frazao http://bit.ly/AlineFrazao, Pablo Portero http://bit.ly/PabloPortero, Xico de Carinho http://bit.ly/XicoDeCarinho, Fran Pérez http://bit.ly/FranPerezNarf, Trópico de Grelos http://bit.ly/TropicoDeGrelos, Uxía http://bit.ly/UxiaESergioTannus e Sergio Tannushttp://bit.ly/SergioTannusEUxia, Vituco http://bit.ly/Vituco -ausente-, Adrián Beiroa http://bit.ly/AdrianBeiroa, Najla Shami http://bit.ly/NajlaShami, Brais Morán http://bit.ly/BraisMoran, Chévere http://bit.ly/Chevere, Banda Fura Fura http://bit.ly/FuraFura, Os Sete Magníficos máis 1 http://bit.ly/K1IbJA), homens e mulheres que repetiram, nesta noite de festa, a luta continua! Viva o poder popular!

   A organização ofereceu e nós apressentamos aqui. Vejam e ouçam! Curtam aqui, agora!

O noite de ontem: http://www.youtube.com/watchfeature=player_embedded&v=XM8T81yc_Y8

Algumas ligações:

http://terradafraternidade.com/

https://www.facebook.com/terradafraternidade

Sara de Sousa, quarta-feira (pelas 21:30 h.) na Sala Capitol

8 Abr

Concerto de fado. Sala Capitol (Santiago de Compostela)

Entradas: A Reixa Tenda (Santiago de Compostela). Preço: 3 euros

Não percam!

Alguma ligação:

http://lusopatia.wordpress.com/2012/04/09/concerto-de-fado/

Homenagem ao Zeca Afonso: Auditório da Galiza, 10 de Maio

23 Mar

Santiago, 22 de marzo. Un grupo de artistas galegos, co apoio de compañeiros portugueses e brasileiros, farán o 10 de maio no Auditorio de Galiza a súa particular homenaxe ao cantautor portugués Zeca Afonsoe a canción Grândola, Vila Morena, himno dunha xeración e dunha revolución.

Toda a info: http://terradafraternidade.com/

Revolução

http://www.zecaafonso.com/

Filme Capitães de Abril, Maria de Medeiroshttp://www.youtube.com/watch?v=Q770xkzg5kg&feature=fvwrel

http://www.dioivo.eu/portada/376-qgaliza-e-a-patria-espiritual-de-zeca-afonsoq

Terra da Fraternidade: https://www.facebook.com/terradafraternidade

Sés no IES

21 Mar

  Este martes pola tarde, o instituto tivo unha xornada diferente que engaiolou ao noso alumnado: Sés, María Xosé Silvar, encheu o salón de actos.

   Aínda non eran as tres e media da tarde cando chegaron Sés e mais para montar todo no salón de actos e ensaiar. O concerto empezaría ás 17’00 e durante unha hora e pico 150 dos nosos alumnos estarían gozando dun bo concerto. Mentres preparaban todo, estivemos de parola: falamos de música galega e de compromiso, da súa traxectoria e de que era a primeira vez que ían tocar nun centro de ensino, de que hai poucas rockeiras na música galega… Foi un gustazo!

   Eu deixeinos alí, quentando motores, e volvín velos cando xa rematara todo e marchaban. Sés estaba moi satisfeita e o alumnado, encantado (aínda que as présas dos autobuses propiciaron unha saída precipitada do concerto). Falamos outro anaco: de que todo correra ben, de que Sheila se emocionara moito cando Sés a felicitou pola convocatoria da porteira do Cacheiras para a Selección (ver entrada antiga: Sheila Fernández Suárez) e de que era moi gratificante pensar que durante e despois do concerto unha parte do auditorio dixerise e aproveitase da música desta cantante tan singular.

   Onte, xa no recreo, varias das asistentes ao concerto quixeron saber como contactar coa cantante e como seguir o que fai; en fin, obxectivo cumprido! Houbo empatía e Sés chegou máis do que seguramente imaxinou. Sei que Noelia, Antía, Sheila … non lle van perder o paso a esta artista e agora teñen unha referencia musical coa que ata o martes non contaban (ao lles dicir que xa tocara na Ramallosa o día d’Os Tixolas …“ai, que pena! Non sabiamos e non fomos”).

   Até pronto, Sés, e bos concertos nos próximos centros de ensino.

http://www.mariaxosesilvar.com/ses-nos-centros-de-ensino/

http://www.youtube.com/seudeela

E seghimos con boas novas. Volven Os Heredeiros da Crus. Festa!!!

27 Xan

-

  Si, si! Despois de oito anos…o reghreso ;=)

 Vai ser o tres de marso, en Ordes. Macroconserto do ghrupo de Ribeira e despois, a mover a sapatilla por todo o país. Para saberes máis: http://www.airapro.com/2012/01/heredeiros-da-crus-volven-aos.html

 Tamén podes consultar a páxina ofisial do ghupo: http://www.heredeirosdacrus.com/

Morreu Xosé Manuel Seivane, un dos mestres da gaita

27 Xan

   A música galega está de loito. Segundo informou a familia, D. Xosé Manuel Seivane Rivas, precursor da modernización da gaita e referente dunha familia de artesáns deste instrumento, finou esta mañá en Cambre. Con el morre unha parte da historia deste instrumento que, en boa medida, simboliza a nosa terra; pero a súa pegada, o seu traballo -recoñecido dentro e fóra de Galiza- e a herdanza que nos deixa nos seus, garántennos melodías que combinarán a tradición e a modernidade.

   Desde aquí, transmitímoslle á familia o noso pesar e recollemos algunhas informacións sobre esta figura esencial da nosa música.

http://galiciaconfidencial.com/nova/9510.html Aquí encontraredes, ademais da información sobre o seu pasamento, un vídeo moi interesante onde o propio artesán e músico fala do seu oficio e de cales foron os motores do seu traballo.

http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/morre-o-patriarca-dos-seivane-aos-90-anos/20120127133906015246.html

Seivane en el obradoiro de gaitas  /  Quintana

Se queredes saber máis sobre o obradoiro onde, con esmero, traballan os seus: http://www.seivane.es

Máis: http://youtu.be/oqyDMVTQgkAhttp://youtu.be/2s-daHGZykY

Tourilandia, novo programa da CRTVG

14 Xan

   

   Antonte, a CRTVG emitiu o primeiro programa de Tourilandihttp://www.crtvg.es/tvg/programas/tourilandia. Nel poderemos ver parodias, humor, actuacións musicais en diurecto… Desexamos que funcione e que a calidade sexa unha dos seus motores. Sorte ;=)

   Todos os xoves, ás 22:00 h, como di Xosé A. Touriñán na entrevista que lle fixo Lorena Pose: http://youtu.be/LNB1GK3u2FM

   Deixamos aquí unha actuación xeitosa: María Xosé Silvar, o 12 de xaneiro no primeiro programa de Tourilandia, cantando o tema ‘Se cadra’, do seu primeiro disco ‘Admirando a condición’.

Músicas do Chico César, um cantor que vamos conhecer

14 Xan

   Hoje, uma das minhas alunas da Faculdade de Filosofia e Letras de Cáceres (professora de português em Mérida) fez esta recomendação. Ouvi, gostei e agora partilho com vocês.

   Para saberem mais: http://www2.uol.com.br/chicocesar/

   Para ouvirem uma música: http://youtu.be/GwTDFOOAYKk

Cantos na Maré. Músicas da lusofonia em Pontevedra

12 Xan

   O Pazo da Cultura de Pontevedra celebra o 14 de xaneiro ás 21:00h a novena edición do máis importante festival internacional da lusofonía. Un festival co que Ponte…nas ondas! vén colaborando desde os seus comezos. Compartirán escenario figuras consagradas e talentos emerxentes das músicas do mundo, nunha noite na que soarán fado, morna, música popular brasileira e canción de autor galega.

   Cantos na Maré e unha produción de Nordesía co patrocinio do Concello de Pontevedra e a colaboración de Agadic e Novacaixagalicia. Uxía Senlle admitiu que, chegados á novena edición, “é difícil seguir sorprendendo, pero imos tratar de facelo unha vez máis”. Cantos na Maré é para a cantante e directora artística do evento “unha aposta polo contacto, o intercambio, a fusión, a investigación das raíces comúns. É unha oportunidade para reflexionar sobre a nosa identidade”.

   Se queres saber máis: http://www.pontenasondas.org/es/component/content/article/80-outras-novas-de-interese/188-cantos-na-mare-volve-o-proximo-14-de-xaneiro-a-pontevedra

Cantos na maré con Carlos do Carmos, Mayra Andrade, Socorro Lira e Xoán Curiel

O disco SÓS, da artista galega Mercedes Peón, foi elixido o quinto mellor do mundo dentro de xénero da música étnica

5 Xan

   Boas novas para Mercedes Peón, mais tamén para a música galega http://www.culturagalega.info/nota/7766

  Parabéns 😉