Arquivo | Galería de fotos, vídeos… RSS feed for this section

Cacheiras – London: unha viaxe en imaxes

5 Nov

O pase de diapositivas require JavaScript.

😉

Un ano máis, celebrouse o Samaín no instituto

5 Nov

   O pasado mércores (31/10/12), os grupos de 1º e 2º da ESO participaron moi activamente no festexo do Samaín. Como se fixera xa o ano pasado, logo de convocar os delegados de todos os grupos e de distribuír a información correspondente aos titores, a celebración foi todo un éxito.

   Inscribíronse os cinco grupos de 1º da ESO e seis de 2º -ao participar por separado dos grupos de referencia o alumnado do Agrupamento 2ºA+B. É dicir, participaron no concurso de cabazas e na decoración das aulas cerca de 300 alumnos. Houbo disfraces, houbo música, houbo candeas e cabazas; pero ademais houbo moita creatividade. moita imaxinación e colaboración entre os participantes.

    A partir do segundo recreo, o alumnado participante acababa de decorar as aulas, ou disfrazábase, ou ensaiaba as coreografías/ dramatizacións pensadas para a ocasión. Logo, contra as 13:40 h., o xurado – composto por tres alumnas integrantes do EDNL (Helena, Xiana e Thais), dúas profesoras (Puri e Ánxeles) e unha representante do persoal non docente (María)- foi pasando por todas as aulas e gozando das improvisacións que o alumnado levaba a cabo.

    O tempo foi xusto para que o xurado emiritira o seu fallo e para que entre todos, alumnado e profesorado, recolleran as aulas deixando todo como estaba ao principio. Algunhas cabazas quedaron no centro (verédelas nas fotos), pero outras foron para as casas de cadaquén… a esperar polas ánimas.

     Ah!, o fallo do xurado foi o seguinte:

1º PREMIO: 1º ESO C e 2º ESO D

2º PREMIO: 2º ESO C

    Noraboa a todos os participantes, non só aos gañadores. Agora só queda esperar polos premios: SORPRESA!!!!!!!!!

Se queres botar un ollo ao traballo dos participantes, aquí tes unha galería de fotos:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Advertisement

Estivemos em Chaves e em Amarante. Eis umas fotografias

1 Mai

P4170021.JPG

   Aquele dia (terça-feira, 17 de Abril) começámos a nossa visita a Portugal parando em Chaves: visitámos o Museu Arqueológico e fizemos o almoço ao pé da Torre de Menagem. Depois, autocarro e chegada a Amarente. Lá estavam à nossa espera para distribuírem camas e instalações.

   Mas não tudo foi viagem: entre terça e quarta-feira fizemos actividades muito fixes (comércio justo, visitas à cidade, jantar coletivo e almoço típico português). Curtimos, fizemos amizades e aprendemos muita coisa. Eis umas fotografias:

  

O pase de diapositivas require JavaScript.

    Hoje recebimos mais fotografias e já foram engadidas. Enviem e prometemos subir 😉

Comezan os Recreos de cinema con produtos da casa: Aturuxo Films

12 Mar

   Quen siga desde hai tempo a actividade do IES Cacheiras, xa coñecerá Aturuxo Films, as súas producións, froito do traballo do alumnado e profesorado que, curso a curso nas clases de Debuxo, se deixa levar polo innegable encanto da linguaxe audiovisual, e mais os recoñecementos e premios que gañou nestes anos.

    Nós, desde o centro, queremos non só agradecer todo o seu traballo senón tamén divulgalo e valoralo. Por iso, a partir desta semana comezan no Salón de actos os Recreos de Cinema, un proxecto a través do que pretendemos que toda a comunidade escolar se achegue a estas creacións tan interesantes como valiosas, para logo abrir o noso foco de interese a outros lugares e outras fontes, proxectando unha selección de curtametraxes realizada polo profesor Sergio Clavero (Dpto. de Debuxo).

           

     Ben, esperamos que vos guste esta idea e que asistades. Só un adianto:

    Día: xoves 15 de marzo. 

    Hora: 1º recreo.

    Curta: Enredado

   Toda a información, mañá pola mañá no centro e pola noite aquí. Ata entón ;=D

   Acabou o mes de marzo e houbo tres recreos de cinema. Para o primeiro contamos con Darío, Cristóbal e Víctor, que presentou a curta; para o segundo tivemos a Alberto, que ademais da presentación da curta fixo un convite ao alumnado presente para que se animaran á creación audiovisual. Para o terceiro, o da estrea d’A moza tecelá, Xoel, Carolina, Sandra e Helena acudiron ao salón de actos, pero, por motivos técnicos, houbo que aprazar a proxección para o xoves 12 de abril. Esperamos volver contar con todos para esa data. Tamén esperamos por vós 😉

Galería de fotos: 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Un millón a asistentes e participantes na realización/ creación das curtas!!!!

IES Cacheiras- Concello de Teo: celebración conxunta do Día das Mulleres

8 Mar
Aurora Liste Forján

Aurora Liste Forján: a leiteira de Calo

   O 8 de marzo a partir das 19:30 horas no salón de plenos do Concello darase lectura a unha declaración institucional e celebrarase unha mesa redonda sobre “O traballo das mulleres: as leiteiras de Teo”, na que intervirá Luisa Múñoz, profesora do departamento de Historia Contemporánea da USC e de Ana Calvo, Dora e Fina Abeijón. Estas tres son mulleres con experiencia como leiteiras. O concelleiro de Benestar explica que se elixiu este tema dado que o traballo como leiteiras é “paradigmático do traballo feminino”. E permitiu nas décadas dos 40, 50 e 60 que moitas mulleres foran pequenas autónomas e “puideran acadar unha independencia económica” destaca Ignacio Iglesias. Nesta xornada tamén participa o IES Cacheiras. Dúas das súas alumnas, Paula Losada e Nerea López, presentarán o seu traballo sobre a figura de Aurora Liste Forján: “a leiteira de Calo”.

   Rosa Gómez Limia explicou na súa intervención en que consistirá a II Festa das mulleres e das asociacións que se celebrará o 9 de marzo na Casa Común de Rarís. Esta actividade naceu o ano pasado da man de Teenses pola Igualdade e segundo a presidenta da asociación “é unha festa para celebrar en pé de igualdade e afastarnos da idea de que sempre se destacan máis os temas negativos cando se fala de igualdade”. Este ano xa contan coa colaboración de 14 asociacións. Haberá unha merenda comunitaria e a continuación actuacións e unha mostra do traballo do movemento asociativo. Pechará a festa a cantante teense Loli Nogueira, moi coñecida despois do seu paso por un programa televisivo de ámbito estatal.

   Gómez Limia tamén anunciou a celebración dunha mesa redonda, organizada pola súa asociación, este venres 24 na Casa Común dos Tilos a partir das 20:00 horas co título “A encrucillada das mulleres ante a crise económica” na que participarán Laura Seara e Carmen Cagide.

   Rosa Gómez destacou que estamos lonxe da igualdade “mentres as mulleres non estean representadas en pé de igualdade e con naturalidade”. Pero apostou por seguir “recoñecendo o traballo das mulleres, ese traballo sutil e anónimo” e por buscar “a cooperación dos homes”.

   O programa de actos con motivo do oito de marzo do Concello de Teo pecharase coa excursión ás Termas de Outariz o 11 de marzo dirixida a mulleres maiores de 25 anos residentes en Teo. Para participar só teñen que anotarse no teléfono de Servizos Sociais 981 809 707 ata o próximo 2 de marzo.

Galería de fotos: 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Xa foi: I Concurso de Tortilas- Os Tixolas

4 Mar

tortilla

http://www.santiagoycomarca.es/2012/03/teo-concurso-de-tortillas-feitas-por.html

http://cimteo.blogspot.com/

http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=898&lg=gal

https://www.facebook.com/pages/Concello-de-Teo/191426554242323?sk=wall&filter=12

Xa pasaron unhas semanas, pero todo o mundo  vai ter ganas de ver as fotos. Aquí quedan:

 

 

Temos lemas. Conciencia de lingua, esforzo e traballo

26 Feb

DO IES CACHEIRAS CURSO 2011-2012

     Van pasando os días e as semanas e vai chegar o momento de retirar a exposición dos traballos que realizou o alumnado de 1º e 3º da ESO con Montse Amigo. Nesta ocasión, o eixe temático era Crear un lema que reflectira a necesidade de fomentar a lingua de noso.

    O resultado foi verdadeiramente magnífico e nós decidimos sacalo ao corredor central do centro e expoñer os traballos -cerca de 30- e logo realizar un concurso. Dúas semanas despois de estaren expostas as obras, un xurado composto por alumnado e profesorado -Helena (2º Bach.) e Manu (1º ESO), Dolores (Dpto. Xeografía e Historia, profesora de Historia da arte) e eu mesma (María Pardo), en representación do EDNL- escolleu CINCO delas como as mellores. Foi complicado porque como veredes os traballos son moi bos.

   Polo de agora, imos subir todas as fotografías que temos da exposición (aínda falta algunha, porque non ten a calidade que debera) para que se visibilicen aínda máis. Ese é o noso desexo: que o traballo do IES Cacheiras poida ser visto fóra das nosas aulas e dos nosos espazos de exposición. Esperamos que gocedes botándolles unha ollada ;=)

O pase de diapositivas require JavaScript.

Houbo entroido e houbo atranques no IES Cacheiras

17 Feb

 

   Hoxe non foi un día calquera no IES Cacheiras. Hoxe foi día de festa e diversión. Nas aulas, no Salón de actos, no patio exterior, nas pistas… , houbo entroido por todas partes. Ademais, o tempo acompañou e o sol deulle moito lucimento a unha mañá de troula.

   Nas aulas, coma sempre, houbo moita creatividade e orixinalidade. O xurado non o tivo fácil, non! No Salón de actos foron sucedéndose as actuacións de alumnado e profesorado: cantouse, bailouse, soaron as trompetas dos mariachis e os disfraces luciron moito. Nas pistas cubertas, as coreografías e bailes deron para que todos os participantes o pasaran moi ben. E nas pistas descubertas, ao sol e presenciados por bancadas cheas de espectadores, José Leal, Suso Canicoba, Brais Botana e Hugo Leis deron uns atranques moi xeitosos. Non vai ser a última vez que a tradición e a cultura deste concello teñan espazo no noso centro ;=)

   Desde aquí e en nome da organización queremos darvos os parabéns a todos: comunidade educativa (alumnado, profesorado, conserxes -María e Fran-, persoal de limpeza -María, Otilia e Begoña-), protección civil (grazas á colaboración do Concello) e familiares dos alumnos que nos facilitaron as cousas para que á hora prevista (13,00) os xenerais entraran no centro e deran os atranques. Un millón a toda a xente que fixo posible este día.

   Deixámosvos unha pequena galería de fotos para que vexades como se divertiu o instituto este venres tan especial.

   Aaaaaaaaaaaaaaaaah! Non esquezades que aínda quedan entroido e atranques (Cacheiras, Teo…). Vémonos por alí. Bos atranques!

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

RedeNasa.tv. Última hora

8 Feb

Fresquiño de hoxe no facebook:

Concluímos temporalmente o noso especial de Chévere 1987-1992 con este resumo de Big Bang. En breve subiremos cousas máis recentes, que xa sabedes que este ano Chévere cumple 25!

http://redenasa.tv/video/big-bang/

   Rematamos esta serie sobre os primeiros traballos de Chévere con este resumo, un número no que o poder do racionalismo científico sucumbe ante a fantasía e a risa.

Exposicións no centro II. Montaxes sobre tanxencias e sobre percepción

4 Feb

   Traballos realizados polo alumnado de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato. Tanxencias (baseadas na obra de Maruja Mallo) e percepcións. De novo, moitos parabéns!!

   Para verdes con máis detalle: 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Exposicións no centro I. Montaxes sobre tanxencias

4 Feb

Deseños de cerámica. Traballos sobre tanxencias baseados na obra de Maruja Mallo.

TANXENCIAS 1

O pase de diapositivas require JavaScript.

  Moitos parabéns, artistas!!

30 de xaneiro. Día Escolar da Paz e da Non Violencia

28 Xan

   Faltan dous días, pero no instituto xa temos preparada a exposición na que colaboraron o profesorado e o alumnado do centro. Non perdades a oportunidade de vela e de reparardes no seu contido.

O pase de diapositivas require JavaScript.

   Por que o 30 de xaneiro?

  O DENIP declarouse por primeira vez en 1964. Xurdiu dunha iniciativa pioneira, non gubernamental, independiente e voluntaria de Educación No-violenta y Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. O día 30 de xaneiro conmemórase ademais a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

  O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación y Ciencia, mediante a Orde Minis.terial do 29 de novembro de 1976.

 Esta celebración vai ser unha oportunidade máis de contribuír a que os centros de ensino sexan instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e ou relixión.

  Deixámosvos algunhas ligazóns:

Seminario Galego de Educación para a Paz

http://www.sgep.org

https://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/

 Día Escolar de la Paz y la No Violencia en educacionenvalores.ogr

. Enrédate. Unicef
www.enredate.org/

· Sedupaz. Seminario de Educación para la Paz-APDH.
http://sedupaz.pangea.org/

· Seminario de Educación para la Paz de las Comarcas de Tarragona
http://www.fut.es/ agr/bienve.htm

· Edualter. Iniciativa de coordinación e información sobre Educación para la Paz en Internet
http://www.pangea.org/edualter/

· CIP. Centro de Investigaciones por la Paz. Madrid
http://www.fuhem.es/cip-ecosocial/noticias.aspx?v=8938&n=0

· AMNISTÍA INTERNACIONAL (AI)
http://www.es.amnesty.org/

· Escuela cultura de Paz
http://escuelaculturadepaz.org/

     

25 de novembro. Ningunha violencia pode ser admitida; a machista, contra as mulleres, tampouco. Hoxe estaremos no CSC da Ramallosa. Vémonos alí.

24 Nov

   Aquí queda a info que encontraredes na páxina do Concello de Teo. Apoiemos estas iniciativas e agradezamos o traballo e a colaboración de quen participou e fixo posible a intervención poética e musical “A moza tecelá“,  texto de Marina Colasanti adaptado por Sabela Álvarez, profesora do departamento de Lingua galega e literatura do centro.

   Se queres ver algunhas imaxes da preparación da escenografía e dos ensaios da peza, mira aquí:

O pase de diapositivas require JavaScript.

AXENDA

Lectura da declaración institucional en conmemoración do 25 de novembro 24 de novembro de 2011

   Os actos en conmemoración do 25 de novembro comezarán coa lectura da Declaración institucional diante da Casa do Concello a partir das 18:00 horas. A continuación gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero. Depois no CSC da Ramallosa membros da asociación Aspamite representarán unha obra de teatro e o alumnado do IES de Cacheiras farán unha lectura de textos acompañados de música. Máis información premendo aquí »

Novembro tamén está sendo un mes diferente. Mirade que ben o pasamos no magosto!!

24 Nov

   Este ano celebramos o magosto con música, bo tempo, xogos monitorizados e, como non, castañas asadas. Mentres no forno dunha parroquia de cerca do centro se preparaban as castañas, un voluntariado sen igual fixo os cornetes para logo meter as castañas e arranxou todo no patio traseiro para que houbera diferentes puntos de reparto e degustación. Un millón, sen vós non sería posible facelo!!! Houbo que esperar ao segundo recreo para que os músicos animaran o centro coa súa charanga e levaran tras deles a quen os quixo seguir. O tempo acompañou e tivemos sorte: con chuvia tería sido diferente.

    As profesoras de Educación física (Carmen, Paula e Pilar)  e mais o alumnado de bacharelato xa tiñan preparados os xogos nas zonas cuberta e descuberta, e despois do segundo recreo empezaron as competicións. Cadaquén xogou ao que quixo e todos gozaron a tope. As castañas coméronse con ganas e despois houbo máis xogos, música (pandereteiras) e cancións. Moita participación, imaxinación, risas e ganas de pasar unhas horas de forma diferente; todo isto agradécese, pero tamén esperamos que o entusiasmo siga animándonos a compartir días coma este.

   Aquí deixamos unha galería de fotos para que poidamos lembrar a véspera do San Martiño.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Pasou o Samaín…con moita gloria e ningunha pena.

24 Nov

    Como xa contamos hai un tempo -SAMAÍN no noso instituto-, este ano o Samaín deixou moi bo sabor de boca no centro e mais en dous grupos: 2º da ESO B e 1º da ESO E. Ambos os dous resultaron gañadores da elaboración e exposición do conxunto de cabazas máis creativo e orixinal de todos.

   O día 16 de novembro veu Paula Carballeira ao centro para botarlle unha contada ao alumnado gañador. Foron contos de medo, coma os que queremos que o alumnado convocado presente para o noso certame “Tes un conto…de medo”  .

Na cafetaría do centro, o alumnado gañador. Comeron crema de cabaza e ósos de santo e logo contaron contos de medo:

O pase de diapositivas require JavaScript.

   O día que veu Paula Carballeira, tiñamos unha exposición dos seus libros no corredor que leva desde o vestíbulo ata o Salón de actos. Estaban colgados de varias cordas e quen quixera podía botarlle unha ollada. Paula contou para o alumnado gañador do Samaín 2011. Foi un día distinto e moi especial!