Esta mañá recibimos un correo da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística con información sobre algúns dos efectos da indesexada e contestada LOMCE. Velaquí o seu correo e mais o tríptico. Lédeo, reflexionade, debatede…pero, sobre todo, facédeo circular.
Achegámosvos neste correo o tríptico informativo “A LOMCE resta aínda máis galego” no que a CGENDL fixa a súa posición en relación ao estatus que a nova lei de educación, popularmente coñecida como Lei Wert, determina para a lingua galega no sistema educativo. Dende a Coordinadora consideramos que a LOMCE é tremendamente lesiva para o galego, que será rebaixado, minusvalorado, cando non eliminado como lingua vehicular do ensino.
Deixar unha resposta