Arquivo | POESÍA RSS feed for this section
20 Dec

PALABRAS

Árbores coma rañaceos

Ves na súa altura e cores

O debuxo da natura nos mellores?

Pois é certo estouno vendo

A beleza só é un pouco

Do monte  que está crecendo

Con ríos como sinónimos

Os camiños que percorres,

Terras de labranza

E o marisco do Barbanza

Bo xénero onde o busques

Na comida e na xente,

A quedada do domingo familiar

Que a nada ten que envexar

Territorio ben extenso

Mil follas no rexistro ou no censo

Isto só o atopei

(Por moito que mirei)

Na Galicia das vilas

do rural onde te miras.

Iturriaga- IES Cacheiras, decembro 2012

Advertisement

Deitado frente ao mar. Celso Emilio Ferreiro na nosa voz

9 Dec

IMG_0859

Deitado frente ao mar

Lingua proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque si, porque me gosta,

porque me peta e quero e dáme a gana;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sen raíces

que ao pór a garabata xa non saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos avós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos da linguaxe,

remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque si, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingua.

Non falo pra os soberbios,

non falo pra os ruíns e poderosos,

non falo pra os finchados,

non falo pra os baleiros,

non falo pra os estúpidos,

que falo pra os que aguantan rexamente

mentiras e inxustizas decotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de bolboretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galicia, doce mágoa das Españas,

deitada rente ao mar, ise camiño…

          Mércores, 12-12-12. Ligazóns que nos interesan:

http://coordinadoraendl.org/recitandocelsoemilio/celso.php

http://celsoemilioferreiro.org/

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=CelFerre&alias=Celso+Emilio+Ferreiro

http://www.realacademiagalega.org/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/18163

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2009/05/deitado-frente-ao-mar-celso-emilio.html

http://gavieira.blogspot.com.es/2012/03/deitado-frente-ao-mar-on-photopeach.html

http://www.crtvg.es/crtvg/arquivo/categoria/celso-emilio-ferreiro

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2012/03/05/dossier_programa_ano_cef.pdf

https://sites.google.com/site/poemascelsoemilioferreiro/home

http://armandorequeixo.blogaliza.org/2012/01/04/celso-emilio-ferreiro-visto-por-xose-diaz-jacome-un-texto-inedito/

http://praza.com/cultura/2446/lllonga-noite-de-pedrar-non-encaixou-con-parte-do-establishment-galego-da-epocar/

http://www.ivoox.com/poesia-poetas-celso-emilio-ferreiro-audios-mp3_rf_1418436_1.html

http://www.aelg.org/resources/didacticspace/units/didactic22/DW_didactic22_1.pdf

recitandocelsoemilio. Xa queda menos

9 Dec

 

cartaz_recitando_celso_emilio

Palabras tecen redes. 1º Festival de Poesía do IES Cacheiras

13 Abr

1º FESTIVAL DE POESÍA DO IES CACHEIRAS

PALABRAS TECEN  REDES

Cacheiras 17 de abril 2012

Salón De Actos Do IES. De 16.30 a 18.00 horas

PROXECCION DE VIDEOPOEMAS A escuras de María Rosendo, Todas as mulleres que fun, Andrea Nunes

ANDREA NUNES

Todas As Mulleres Que Fun, Roubáronnos Os Ollos, Pensar Que Estiven Perdida, Non Todas Preferimos O Paxaro Na Man Do Libro Todas As Mulleres Que Fun

 ANA ROMANÍ

Camiñan Descalzas Polas Rochas, Do Libro Das Últimas Mareas, Xunto Á Tarde Hai Algo Que Salta, Do Libro Arden, Eu Vinas Reventar As Pontes, Do Libro Estremas

MARÍA ROSENDO

Oito Baldosas Empoadas, O Silencio Guindounos Pola Gorxa, Lembraste De Cando Subíamos Aos Taxis Amarelos Do Libro Nómade

PROXECCIÓN VIDEOPOEMA E AGORA TI

CLARA ASPERILLA 2º BAC   Andan Descalzas Pola Pedra Fría

YASMINA M. FRAGA 1º ESO  Poema Da Muller Soñadora

GADEA GONZÁLEZ 2º BAC  A Princesa Que Agardaba

MARÍA MARCOS 2º BAC      De Novo Esa Fermosa Paisaxe

J.CARLOS MARIÑO 2º BAC  Versículos Do Xénese

JOSÉ LUÍS RUANOVA 1º ESO  Guerreiras Do Noso Tempo

MARI LUZ BUENO AGRASAR 2º ESO   Tristeza

SARA ROMERO CASAL 1º ESO     Se Non Fose Por Ti

CREACIÓN MUSICAL: SANDRA GALERA 2º BAC

INTERPRETACIÓN MUSICAL: SANDRA GALERA  (2º BAC) HELENA MARTÍNEZ (2º BAC) ADRIANA  CANICOVA (2º BAC) PABLO FERNÁNDEZ (2º ESO) IAGO TORRES (2º ESO)

CREACIÓN ARTÍSTICA, IMAXES, FOTOS: ALUMNADO DE 3º e 4º ESO

FIN DE ACTO: Concerto LEO ARREMECÁGHONA

ORGANIZA: DEPARTAMENTOS LINGUA E LITERATURA, DEBUXO, MÚSICA, eNL E VICEDIRECCIÓN

 COLABORA ANPA