Arquivo | Certames RSS feed for this section

“Vidas en sombra” e “Spots sociais” seguen a darnos alegrías

28 Mai

   A curtametraxe “Vidas en sombra” feita polo alumnado de 1º bacharelato na materia Cultura Audiovisual é finalista do TIMELINE FILM FESTIVAL de Carate Brianza (Italia) e acudirán a dito festival dous alumnos e o profesor responsable da materia, Sergio Clavero, invitados pola organización entre o 30 de maio e o 2 de xuño. Os alumnos convivirán con familias do IIT Leonardo da Vinci organizadora do festival. É o tercero ano que as curtas creadas no IES Cacheiras son finalistas en dito festival.

   Tamén recibimos a nova da selección como finalista da obra “Spots sociais” feita polo alumnado de 4º ESO da materia Linguaxe audiovisual e medios dixitais e 1º bacharelato en Cultura Audiovisual no Festival CINEMA JOVE de Valencia. Acudirán dous alumnos invitados pola organización ás numerosas actividades do mesmo entre o 21 e o 24 de xuño. É o cuarto ano consecutivo no que unha curta do IES é seleccionada finalista e nalgún caso recompensada cun premio.

   Estes son os novos recoñecementos ao excelente traballo do noso alumnado nas materias Linguaxe audiovisual e medios dixitais de 3º e 4º ESO e Cultura audiovisual de 1º bacharelato.
Noraboa a tod@s.

 Vai tamén a esta ligazón:

http://aturuxofilms.wordpress.com/2013/06/03/mencion-especial-en-italia/

Advertisement

O auténtico medo

27 Dec


O AUTÉNTICO MEDO-IMAXE

   Había unha vez no supermercado un ovo que viu o que lle pasaba a unha familia. Esta familia estaba comprando e o rapaz quería poder tomar a merenda, pero a nai non lle deixou; seguiu collendo o que necesitaba e botoulle a man á caixa onde estaba o ovo, que entón seguiu vendo e escoitando o que ocorría. A irmá do cativo díxolle á proxenitora que quería unha boneca, porque todas as da súa clase tiñan unha. A nai, como moitas veces fixera, díxolle:

   – Miña filla, xa cho dixen cincuenta veces. Teu pai marchou da casa e non temos novas del, e co meu soldo do paro non podo comprar nada; xa case non hai cartos para a comida. Menos mal que túa avoa nos paga a casa, se non estariamos vestíndonos con bolsas do lixo, collendo comida nos contedores e vivindo debaixo dunha ponte.

   Cando chegaron á casa, a nai sacou a compra: dous tomates, unha ducia de ovos, unha leituga, cereais, leite e unha barra de pan. Logo, mentres facía a cea, díxolles aos rapaces que rasparan o mofo ao pan, que mañá xa comerían o pan fresco que compraran hoxe. Aos nenos pareceulles unha boa cea: unha rebanda de pan, un anaco de tomate, unha folla mediana de leituga e media tortilla francesa dun ovo. Ao oviño, que escoutou todo dende a neveira, pareceulle unha terríbel situación, pois no supermercado vira xente que comía moito mellor ca esta familia.

   A nai non comeu e os rapaces estrañáronse. Preguntáronlle por que ela non ceaba e ela respondeullles que o facía para que eles puideran tomar aquilo. A familia foi para a cama e o ovo fixo esta reflexión: “ o auténtico medo é non saber se lles poderás poñer un prato de comida aos teus fillos, ou darlles un teito, roupa e unha boa infancia”.

 Iago Riveiro (2º ESO- C)

II CERTAME DE RELATO CURTO: “TES UN CONTO QUE DÁ MEDO“- RELATO PREMIADO POLO XURADO

A festa galega da BD, en Ourense

8 Out

A mellor Banda Deseñada estará en Ourense ata o 21 de outubro

   Ata o 21 de outubro terán lugar, no Museo Municipal de Ourense, as XXIV Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Entre as diversas actividades que se acometerán, están dúas exposicións, na sala I e II do museo. Estas xornadas teñen moito de emotivo, xa que serán as primeiras sen Benito Losada, creador, coordinador e alma máter das xornadas e director da Casa da Xuventude de Ourense, finado o pasado ano.

   Xavier Paz, en representación da Fundación Benito Losada, explicou en que consiste esta festa galega do cómic, da cal destaca a exposición de sete novelas gráficas, na sala I do museo, que saíron o ano pasado. Trátase de sete coleccións de artes finais e bocetos previos que mostran o nivel excepcional dos nosos creadores.

    A mostra recolle traballos de Brais Rodríguez (A man do diaño), David Rubín (El héroe), Jacobo Fernández (Lois Pereiro. Breve encontro), José Domingo (Aventuras de un oficinista japonés), Lola Lorente (Sangre de mi sangre), Martín Romero (Las Fabulosas Crónicas del Ratón Taciturno) e Miguel Cuba (Punta de Fuga).

   Tamén, como vén sendo habitual cada ano, na sala II do museo está a exposición do Instituto da Xuventude INJUVE, que mostra as historias e as ilustracións de 16 debuxantes que, mediante a utilización de soportes informáticos, son expoñentes das últimas tendencias en cómic e ilustración.

As Xornadas de Banda Deseñada, dan, unha vez máis, o pistoletazo de saída á 34º edición do Outono Fotográfico. A consolidación e continuidade destas actividades é unha das finalidades que terá a futura Fundación Benito Losada, en proceso de constitución.