Arquivo | LITERATURA RSS feed for this section

Roberto Vidal Bolaño. Bolañeemos todos!

17 Mai

Autor, director e actor de teatro. Día das Letras Galegas 2013

http://robertovidalbolano.org/es/

Ficha sobre o autor na BVG da UDC

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RobVidal

Desde a Real Academia Galega

http://www.realacademiagalega.org/letras-actual

Unha lembranza

http://redenasa.tv/es/post/sen-ir-mais-lonxe/

O autor na programación da RTVG

http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/letras-galegas-2013

Desde a SXdePL

http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano

Roberto Vidal Bolaño nos medios

http://www.sermosgaliza.com/artigo/galiza/a-luz-que-non-se-apaga-dia-das-letras-de-vidal-bolano/20130516224540014944.html

http://praza.com/cultura/4486/do-equipo-lupa-a-doentes-o-percorrido-audiovisual-de-vidal-bolano/

http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/homenaje-a-roberto-vidal-bolano-1

http://www.eldiario.es/politica/Alonso-Montero-Vidal-Bolano-farsante_0_133336826.html

http://elpais.com/tag/roberto_vidal_bolano/a/

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/especial-roberto-vidal-bolano/idEdicion-2013-05-16/idNoticia-806763/

http://www.lavozdegalicia.es/album/ocioycultura/2013/05/16/roberto-vidal-bolano-animal-escenico/01101368721455590448343.htm?idioma=galego

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/17/cultura/1368777568.html

Outras ligazóns

http://elpatitoeditorial.com/gl/prop%C3%B3sito-de-roberto-vidal-bola%C3%B1o-carteis-de-fausto-para-teatro-do-aqu%C3%AD

http://www.centrodramatico.org/cdg/axenda/axendad.php?id_e=2379&lg=gal

http://www.teatrogalego.com/2013/01/presentacion-da-asociacion-cultural.html

http://letrasgalegas.blogspot.com.es/

Advertisement

Dragóns? Habelos, hainos

27 Xan

   Algo teñen os seres fantásticos e fabulosos, porque son moitísimas e moi variadas as mostras que a literatura universal nos deu ao longo da historia. Desde os tempos máis remotos, o ser humano sentiuse especialmente atraído por unha caterva de seres fantásticos e míticos de entre os que sobresae o fabuloso, fero e voraz dragón. Sería interminable facer unha achega detallada das obras literarias que centraron a súa atención neste máxico ser; por iso imos referirnos só á triloxía escrita por Elena Gallego Abad, esa na que un dragón galego  –Dragal-, encarnado nun rapaz que ben podería ser calquera dos nosos estudantes de secundaria, nos fai vivir unha aventura na que encontramos lendas, cabaleiros medievais, alquimia, profecías … unha excelente mestura de realidade, historia e ficción que nos mantén enganchados na súa lectura.

  • Dragal I, A herdanza do dragón, 2010, Xerais.
  • Dragal II. A metamorfose do dragón2011, Xerais.
  • Dragal III. A fraternidade do dragón2012, Xerais.

    O noso alumnado achegouse a Dragal o curso pasado lendo a primeira entrega (Dragal I). Como a novela gustou moito, este curso volvémola seleccionar entre as lecturas de 1º da ESO e engadimos Dragal II ás daqueles estudantes de 2º da ESO que xa coñecían as aventuras de Hadrián, Mónica e Dragal: outro éxito. Moitos xa están lendo Dragal III ou xa o acabaron e estánllelo recomendando aos demais estudantes, o que demostra que o boca boca segue sendo un dos mellores xeitos de espallar a literatura. Este mesmo alumnado foi o que o venres (24 de xaneiro) tivo ocasión de coñecer a autora da triloxía, da man de Edicións Xerais de Galicia, de facerlle preguntas sobre os personaxes ou as historias contidas nas novelas e de que Elena Gallego lles asinara os libros que levaran canda eles ao salón de actos do noso centro.

        Deixamos aquí unhas fotos e agardamos os vosos comentarios. Mentres tanto, seguide soñando a través da literatura na nosa lingua.

Eis unhhas ligazóns que vos van dar moita información sobre a autora e as súas novelas.

http://www.dragal.eu/

http://www.dragal.eu/a_novela_1.html

http://blog.xerais.es/2012/dragal-un-universo-de-alquimia-catacumbas-bibliotecas-misteriosas-maxia-e-fantasia-coa-forza-do-dragon-entrevista-de-carme-vidal-a-elena-gallego-abad/

http://xerais.blogaliza.org/tag/dragal/

Velaquí a última entrevista a Elena Gallego Abad:

http://blog.xerais.es/2013/elena-gallego-abad-os-rapaces-e-rapazs-que-len-dragal-acaban-sentindose-sentindo-protagonistas-entrevista-de-laura-blanco-casas/

Tempo de contos: espazo de creación na rede

24 Mar

   Tempos Dixital abre TEMPO DE CONTOS, un espazo online aberto á creación literaria onde escritores e escritoras en lingua galega teñen a oportunidade de dar a coñecer as súas obras. Cada semana publicarase un relato, conto ou poema en Tempo de Contos xunto cun breve perfil biográfico do autor ou autora.

Para verdes as bases:

http://temposdixital.com/td/cultura/03/nace-tempo-de-contos-un-espazo-de-creacion-na-rede/

Jack Mircala: esta semana en Compostela…e a exposición ata agosto ;D

24 Mar

Compostela Iconográfica. Unha visión do século XXI

   El viernes 30 a las ocho de la tarde inauguramos la exposición “Compostela Iconográfica” del artista Jack Mircala en el Palacio de Gelmírez (Plaza del Obradoiro). La muestra estará hasta el mes de agosto, así que los que no puedan asistir ese día tendrán mucho tiempo para verla.

   Enteireime onte, a través do facebook de El Patito Editorial, e despois fun á páxina do ilustrador Jack Mircala e encontrei isto: Uno de los carteles anunciadores de la exposición “Compostela Iconográfica”, desde abril hasta agosto de 2012 en el Palacio de Gelmírez, Santiago de Compostela. Nos vemos en la inauguración el 30 de marzo.

   Se alguén non coñece aínda o magnífico traballo deste artista (ilustrador, escritor), pode achegarse por algún dos sitios (https://www.facebook.com/pages/Jack-Mircala/151683201527048), pero sobre todo pode achegarse ás súas historias: El acertijo de Valpul, Ciudad monstrualia, Gamusoides mircalianos, Siniestras amadas, El príncipe feliz, Lóbrego Romance, Pálida Pantasma...

   Por sorte para o noso alumnado de primeiro da ESO, Lóbrego Romance, Pálida Pantasma é unha das lecturas deste curso académico (precisamente deste tramo final de curso que vai comezar despois da Pascua). Van gozar, non só coa lectura senón tamén coas tan particulares ilustracións de Mircala. Eu vou facer o posible por ir á inauguración da exposición, levar un exemplar da biblioteca do centro e que nolo dedique: vai ser un pracer ;=D Logo volverá aos andeis para estar á man de quen queira ler.

   Agradecemos desde aquí a información da editorial El Patito e xa deixaremos máis información sobre a exposición na Axenda Cultural do noso centro.

Aquí quedan unhas cantas ligazóns para que lles botedes unha visual: paga a pena.

http://www.semanagoticademadrid.com/sgm2009/mircala.htm

http://patitoblog.com/archives/tag/jack-mircala

http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=16&ved=0CJQBEBYwDw&url=http%3A%2F%2Fcadernodacritica.blogaliza.org%2F2011%2F03%2F15%2Flobrego-romance-palida-pantasma-de-jack-mircala%2F&ei=CvNtT97_AdK10QWW4rmOAg&usg=AFQjCNHX3hhcxdMEiyizIZ1GM1nsd9hRdg&sig2=_SxLzkZlKXrOA1Me1j9N8w

http://ubikeuropa.eu/PRENSA_ConciertoComic.pdf

http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/patito-edita-galego-nova-obra-jack-mircala/idEdicion-2011-01-25/idNoticia-633274/

http://www.ouniversodegalimatias.com/?tag=jack-mircala

http://cartasdeamor.freeiz.com/?p=126

http://www.somosmalasana.com/noticias-madrid-malasana/malasana-protagonista-del-eclipse-de-jack-mircala/

http://www.elboomeran.com/obra/1053/eclipse-en-malasana/?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter

Unha entrevista completa: http://radiolibertad.com/2012/03/14/el-ilustrador-jack-mircala-en-la-dolce-vita/

O último: https://www.facebook.com/pages/El-Gabinete-Art%C3%ADstico-de-Jack-Mircala/356599307725829

Meu pai vaite matar. Última novela de María Xosé Queizán

8 Mar

María Xosé Queizán

María Xosé Queizán vén de presentar en Compostela a súa última novela Meu pai vaite matar

   A escritora volveu onte á Libraría Couceiro (ás 20 horas), para presentar a súa última obra, unha novela editada por Xerais na que esculca os segredos máis ocultos dunha familia. A filla dunha parella de progres, ingresada na Policía Xudicial, atopa un día unhas pistas que a levan ata a Patagonia na procura do seu tío, protagonizando así unha novela de intriga, aventura e viaxes.

   A escritora aclarou que «esta novela xorde dunha viaxe –da que poñerei imaxes na presentación– que fixen hai máis dun ano a Terra de Fuego». Alí coñeceu un penal militar onde levaban aos criminais máis terribles, convertido agora en museo, que a deixou fascinada. María Xosé explica que a novela transita entre Galicia e a Arxentina, «reflectindo a través dos personaxes e acontecementos cousas, frases e pensamentos moi serios». A autora di que non ten nada de biográfica. «Eu –engade– quero divertirme ao mesmo tempo que escribo e sacar seres relucentes que non teñen nada que ver comigo».

   Hoxe, 8 de marzo, igual que calquera outro día, podiamos recomendar moitas lecturas, mais como temos esta presentación tan próxima en espazo e tempo, animávosvos a que vos acheguedes á sempre interesante literatura de María Xosé Queizán. Xa sabedes: Meu pai vaite matar

Para saberes máis: http://xerais.blogaliza.org/2012/03/08/%C2%ABmeu-pai-vaite-matar%C2%BB-de-maria-xose-queizan-%C2%ABunha-novela-sobre-a-ciencia-e-a-razon-contra-a-violencia%C2%BB/

Xerais mándanos información: Catálogo de Lecturas Xuvenís

21 Feb

   Xerais ven de publicar un Catálogo de Lecturas Xuvenís que pensamos pode ser do seu interese. Neste catálogo, de 96 páxinas e impreso a cor, ofrecemos unha selección dos títulos das diversas coleccións de Xerais de carácter xuvenil: Fóra de Xogo, Xabaril, Milmanda, Megatoxos, Tintimán… Ordenamos os títulos utilizando criterios temáticos: Aventura, Ciencia Ficción, Fantasía, Historia, Medo, Misterio, Mocidade, Policial e Social.

   Incluímos tanto novela como relatos, fosen de autoría galega como traducións doutras linguas. Salientamos aqueles títulos que conforman series: Brindo de Ouro, Dragal, Elfos, Flanagan, Maniáticos, Megatoxos, Poderosa, Señor dos Aneis, Tintimán… Por último fixemos unha selección de títulos de Poesía, Teatro e Biografías coa intención de abranguer a totalidade de xéneros literarios.

 


Programa de actos que a Xunta de Galicia vai promover ao longo de 2012 en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

5 Xan

http://www.culturagalega.info/nota/7765

Ghastas pista? Portal de música galega. Info

10 Dec

                                   http://www.facebook.com/pages/Ghastas-Pista-Portal-de-M%C3%BAsica-Galega/292131549320

   Bo día! No facebook de Ghastas Pista? ides poder ler a información sobre a Homenaxe a Lois Pereiro que se vai facer o próximo sábado 17. Botádelle un ollo!

http://www.facebook.com/events/254999214562119/

Literatura Musicada, do blogue de Román Landín

6 Dec

Aínda que podedes encontrala no blogue de Román Landín. Aquí vola deixo.

Un millón, Román 😉 Literatura Musicada.

Historia da literatura galega s. XX

20 Out

Irmandades da Fala

Xeración Nós

Historia da literatura galega III

9 Abr

SÉCULO XIX

Historia da literatura galega II

9 Abr

SÉCULOS ESCUROS

Historia da literatura galega I

9 Abr

IDADE MEDIA