Arquivo | Concellos: Do noso a/con outros RSS feed for this section

Pasou no IES Cacheiras: algunhas actividades desta primeira parte do curso 12-13

27 Dec

En setembro, case a finais de mes (24), o alumnado encheu o salón de actos para asistir a unha Jam Session  con Xacobe Martínez Antelo Standard Quartet. Na prensa encontramos este artigo:

24 LUNS | IES CACHEIRAS

Encontro ao vivo con músicos de jazz 

 Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), Pablo Castaño (saxo alto), Marcos Pin (guitarra), Max Gómez (batería)

O grupo Chévere e o IES de Cacheiras manterán unha colaboración estable ao longo do curso académico, que se materializará nunha serie de actividades entre as que se inclúe esta visita ao centro dun grupo de músicos de jazz para realizar un encontro e concerto comentado aberto a todo o alumnado e profesorado. O obxectivo é tender pontes entre os profesionais das artes vivas galegas e os rapaces e rapazas do instituto.

IMG_1523

    Tamén en colaboración co grupo Chévere, os días 4 e 5 deste mes, un dos grupos premiados no Samaín (primerio premio compartido: 1ºESO-C) gozou aprendendo no obradoiro Danza en Teo. En REDENASA.TV encontramos esta imaxe:

DANZA EN TEO

      E o venres 14, todo o alumnado de 2ºESO-D (gañadores tamén do 1º premio de Samaín) asistiu ao obradoiro de hip-hop e monicreques (TITEREHOP)  con García MC á fronte. No seu facebook atopamos esta fotografía:

GARCÍA NO IES

E no blog de TITEREHOP, podedes ver unha gravación froito do traballo conxunto de García MC co alumnado: http://titerehop.wordpress.com/page/2/

    Acabamos este ano 2012, pero seguimos a traballar. Agradecemos o traballo de todas as persoas da comunidade educativa que, desinteresadamente e con interese, colaboran e participan nas nosas actividades; pero como non podía ser doutro xeito, mostramos a nosa gratitude ao Concello de Teo e á compañía residente no concello, Chévere, que conxuntamente nos fan parte dos seus proxectos e das súas actividades.

Advertisement

Club de Debate 2013- A primeira xornada: formación (nos Tilos- Teo)

20 Dec

CELÉBRASE UNHA XORNADA DE FORMACIÓN NOS TILOS PARA O CLUB DE DEBATE

NO QUE PARTICIPA ALUMNADO DOS CONCELLOS DE AMES, ROIS, SANTIAGO E TEO

18/12/2012

As redes sociais favorecen a comunicación e a relación entre as persoas. Este será o tema sobre o que traballarán os equipos de escolares que participen este ano na fase comarcal de Compostela do Club de Debate . Este club é unha iniciativa impulsada dende os servizos de Normalización Lingüística municipais na que participan os Concellos de Ames , Carballo ,Cee , Ferrol , Pontevedra , Ourense , Rois , Santiago , Teo e Vigo .

Na Comarca de Compostela xa se está traballando dende hai semanas e hoxe mesmo realizouse unha xornada de formación cos equipos anotados de SantiagoAmes , Rois e Teo na Casa Común dos Tilos. A actividade, que durou toda a mañá, centrouse en traballar as técnicas de oralidade e habilidades sociais e comunicativas. A maiores diso abordáronse as técnicas de compilación e tratamento da información para enfrontarse a un tema de debate. O traballo cos case 100 estudantes que participaron nesta xornada de formación combinou o traballo máis regrado coas dinámicas de grupo, técnicas de rol, prácticas de comunicación non verbal…

A mañá rematou cunha simulación de debate por equipos. A Casa Común dos Tilos acolleu catro equipos dos centros composteláns IES Antonio Fraguas e do Colexio Compañía de María; catro equipos do IES de Ames; un equipo do CPI Plurilingüe dos Dices de Rois; un equipo do IES Macías o Namorado de Padrón, un equipo do IES Camilo José Cela tamén de Padrón e un equipo do IES de Cacheiras-Teo.

Esta actividade formativa servirá para darlle ferramentas ao alumnado e ao profesorado para mellorar as técnicas de debate de cara á fase comarcal que se celebrará en Bertamiráns (Ames) a primeiros de abril. Os equipos gañadores deste primeiro enfrontamento participarán na fase final que se celebrará en Santiago de Compostela o 4 de maio. O equipo gañador da fase galega conseguirá un premio dunha viaxe dunha fin de semana para 25 persoas. 

A participación no Club de Debate busca incentivar entre os máis novos/as o emprego da lingua, traballar a fluidez comunicativa a través da oratoria ademais de incitar o pensamento crítico e  a tolerancia. Está dirixido aos escolares de 3º e 4º da ESO ou 1º de Bacharelato.

    Alí estivo tamén o noso grupo de debate, formado por: Rita García, Silvia Barros, Uxía Dono, Manuel Duro, Giulia Podda, Martina Rey, Tamara Soto, Mencía Suárez, Alicia Vila e Noelia Villar. Agora haberá que irse preparando para estaren a punto en abril, mes en que empezan os debates comarcais. Sorte a todos os participantes 😉

IMG_1638 IMG_1637

Martes 27 de novembro: II Xornadas das Ciencias

21 Nov

XORNADAS DAS CIENCIAS: Discurshow. Xurxo Mariño e Vicente de Souza

   Se hai unhas semanas boa parte do alumnado do noso centro tivo a oportunidade de compartir unha singular experiencia a través das oito sesións que os técnicos de Ceo Aberto levaron a cabo no Salón de Actos, este martes, día 27 de novembro, ese mesmo alumnado vai poder participar na segunda parte destas xornadas.

    Nesta ocasión, o actor Vicente de Souza e Xurxo Mariño achegarán o noso alumnado ao fascinante e incrible mundo dos protóns co seu Discurshow. A xornada terá lugar no a partir das 16:30 horas no auditorio da A. C. Rosalía de Castro, hora en que comeza a representación. A actividade, que contou cunha moi boa recepción na súa primeira xornada, está organizada pola Anpa do IES Cacheiras e a Vicedirección, xunto cos departamentos de Ciencias e de Física e Química, e está patrocinada polo Concello de Teo, activo colaborador das actividades que se propoñen desde o centro, ademais de organizador de xornadas de música, teatro etc.

    Só esperamos que a través desta representación teatral, o noso alumnado aprenda dunha maneira lúdica e entretida. Xa nos contarán! Polo de agora, deixámosvos aquí algunhas ligazóns:

Ceo Aberto

Discurshow

Parabéns a Xoel López, Laura Losada, Marina Fernández, Alba Ferrón, Andrea Vázquez e Ramón Cruces

18 Abr

   Tres equipos de Teo, integrados por alumnado do IES de Cacheiras, participan este sábado 14 de abril na fase comarcal do Club de Debate, que se celebra no Auditorio de Galicia en Santiago a partir das nove da mañá. O tema de debate para a competición é “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” Ao debate acudirán tamén dous equipos de Santiago, tres de Ames e un de Rois.

http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=921&lg=gal

Isto podiamos lelo na páxina do Concello de Teo o mesmo sábado pola mañá. Sabiamos que o    noso alumnado estaba preparado e esperabamos boas novas. Non nos chegaron ata o día seguinte:

“UN EQUIPO DE TEO ACADA O SEGUNDO PREMIO NA FASE COMARCAL DO CLUB DE DEBATE”, volviamos ler na páxina do Concello.

 

   Celebrouse no Auditorio de Galicia a fase comarcal do Club de Debate. Participaron dous equipos de Santiago, integrados por alumnos de 1º de Bacharelato do Colexio Compañía de María. Competiron con outros sete equipos (tres de Ames, tres de Teo e un de Rois) debatendo sobre o tema “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” Finalmente, o gañador foi o CPI dos Dices (Rois) e o segundo premio recaeu no equipo teense do IES de Cacheiras.

   Cada equipo debateu dúas veces, unha coa posición a favor e outra en contra. O xurado emitiu unha puntuación e, e ao final do día, os dous que máis puntos sumaron foron os premiados: 500 euros para o primeiro e 300 euros para o segundo. Os premios non son en metálico, senón en material cultural ou deportivo (libros, discos, informática…) segundo a súa elección. O xurado estivo formado por catro persoas: unha xornalista, un escritor, unha profesora e unha técnica de normalización lingüística.

Os vicecampións da fase comarcal, durante o debate

  O equipo gañador foi o integrado por Xoel López e Laura Losada como oradores, Marina Fernández e Cristina Seijas como investigadoras, Alba Ferrón e Andrea Vázquez como colaboradoras, e o profesor Ramón Cruces como preparador.
    O tema de debate nesta fase comarcal foi: “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” En total, participaron tres equipos de Teo, dous de Santiago, tres de Ames e un de Rois. O tema proposto para a final en Pontevedra é: “Os usos das novas tecnoloxías favorecen as relacións sociais”.

   O Club de Debate é unha iniciativa promovida polos Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos de Ames, Betanzos, Carballo, Carral, A Coruña, Ferrol, As Pontes, Pontevedra, Oleiros, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo. Os seus obxectivos son favorecer o emprego da lingua galega na mocidade, traballar na fluidez comunicativa como unha das habilidades sociais máis importantes e na oratoria, incitar ao pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade, e fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.

   Desde aquí queremos agradecerlle especialmente ao Concello de Teo (nomeadamente ao Servizo de Normalización, Roberto Rielo, e Concellería de Cultura, Carme Hermida) que promovera esta iniciativa (tamén aos demais, que a fixero posible) e que estivera pendente en todo momento dos preparativos e da marcha dos equipos. Tamén ao profesorado que participou dalguna maneira na organización desta actividade e que acompañou ao alumnado durante a xornada (Puri Cabido, Xosé Manuel Maceira, Sabela Álvarez e Ramón Cruces). E, desde logo, non podemos esquecernos do noso alumnado:

Grupo 1

Grupo 2

Grupo 3

1º Bach. A

1º Bach. C

4º ESO B

1º Bach. B

Xoel López Penido

Rocío Carrasco Vieites

Marina Vázquez Nieto

Elena García Martín

Micaela Mourelle Blanco

Noelia Naveira Dono

Laura Losada Moure

Antonio Del Río Courtier

 Andrea Vázquez Perol

Alba Ferrón García

Bruno Pardo Diéguez

Alejandro González Fernández

Cristina Seijas Santos

Francisco López Bermúdez

         María Fernández Túñez                 Víctor Cacabelos Montero

Parabéns!!!

   Estamos convencidos de que esta experiencia vai ser lembrada dunha maneira especial polo noso alumnado, non porque obtiveran un dos premios da fase comarcal, senón porque saben valorar que o seu paso polo IES de Cacheiras e a súa experiencia académica vai máis aló das xornadas nas aulas. Un millón por participardes e por serdes tan especiais.

(Todas as fotos foron tiradas da páxina do Concello de Teo e dos medios de comunicación. Un millón, tamén!)

Vaiche boa…Vilaboa!!!!O alcalde de Santiago retíralle a axuda ao Correlingua e tratarao como unha manifestación

23 Mar

O Concello de Santiago retira este ano o apoio que concedía para organizar a Correlingua, a proba deportiva de promoción do idioma, programada este ano o día 7 de maio na cidade.

O edil de Cultura e Educación, Ángel Currás, afirma que xa lle comunicou hai unhas semanas á organización que este ano non se pode soster a axuda económica de 4.250 euros que se lles outorgaba, polos recortes orzamentarios e por existir outras prioridades. Días despois reiterou a negativa e acrecentou o desacordo co texto do manifesto, que valora «moi desafortunado». Currás indica que «en modo algún» ou Concello colaborará con esa iniciativa, por discrepar con ese manifesto, elaborado por alumnado de cuarto curso de secundaria do CPI de Pontecesures. Porén «se queren celebrar a proba terán que solicitar permiso ao departamento de Tráfico e Seguridade», afirma.

Xepe Torres, da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de Santiago e comarca, e Marcos Maceira, da Mesa pola Normalización Lingüística, como representantes da organización da proba, admiten que Currás lles avanzou que non había dispoñibilidade económica, aínda que se lles prometeu axuda para ceder, instalar e retirar un palco. Días despois comunicou a negativa a calquera axuda, de se non retirar ou manifesto.

 Máis información:

http://mundogaliza.com/o-correlingua-denuncia-o-intento-de-censura-por-parte-do-concelleiro-de-educacion-de-santiago/

http://gavieira.blogspot.com.es/2012/03/o-alcalde-de-santiago-retiralle-axuda.html

http://praza.com/politica/465/conde-roa-retiralle-a-axuda-ao-correlingua-e-tratarao-como-unha-manifestacion/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/03/22/concello-retira-apoio-correlingua-do-7-maio/0003_201203S22C2991.htm?idioma=galego

http://www.santiagodecompostela.org/casa_concello/tramite.php?txt=ser_lingua_galea&id_t=121&c=&lg=gal

O Club de Debate 2012 quenta motores e ponse en marcha

13 Mar

O alumnado de Teo, no Pazo da Peregrina despois do curso de formaciónO alumnado de Teo, no Pazo da Peregrina despois do curso de formación

   O xoves pasado (8 de marzo), os tres grupos participantes no Club de Debate, desprazáronse ata o pazo da Peregrina (Ames) para asistir ao Curso de formación en técnicas de expresión e comunicación, debate e rol. Non o fixeron sós, senón que foron acompañados polos seus preparadores: Ramón Cruces Colado, Xosé Manuel Maceira e Leo Fernández. Unha vez alí, alumnado e profesorado asistiron a unha interesante sesion de preparación para as futuras xornadas de debate sobre o tema Deben os poderes públicos protexer e promover a diversidade lingüística?, que se celebrarán segundo o calendario previsto:

14 de abril: fase comarcal en Santiago de Compostela

28 de abril: fase final en Pontevedra

   Polo Concello de Teo e o IES Cacheiras participan tres grupos (de 1º de bacharelato A+B, C e 4º da ESO – B, respectivamente):

Grupo 1

Grupo 2

Grupo 3

1º Bach. A

1º Bach. C

4º ESO B

1º Bach. B

Xoel López Penido

Rocío Carrasco Vieites

Marina Vázquez Nieto

Elena García Martín

Micaela Mourelle Blanco

Noelia Naveira Dono

Laura Losada Moure

Antonio Del Río Courtier

 Andrea Vázquez Perol

Alba Ferrón García

Bruno Pardo Diéguez

Alejandro González Fernández

Cristina Seijas Santos

Francisco López Bermúdez

      María Fernández Túñez              Víctor Cacabelos Montero

   O noso alumnado volveu entusiasmado, tanto polas actividades que incluía o curso ao que asistían desde primeira hora da mañá, como polas expectativas que teñen de cara á primeira sesión. Agora, toca ir pondo as pilas, distribuírense os roles dentro de cada equipo e facendo prácticas e simulacros do que será o debate do próximo 14.

Outros concellos participantes nesta primeira fase e no curso de formación foron Ames, Rois e Compostela, sumando entre todos un total de nove grupos de debate (tres deles, nosos).

 Máis información: http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=901&lg=cas  Seguiremos informando ;=D

IES Cacheiras- Concello de Teo: celebración conxunta do Día das Mulleres

8 Mar
Aurora Liste Forján

Aurora Liste Forján: a leiteira de Calo

   O 8 de marzo a partir das 19:30 horas no salón de plenos do Concello darase lectura a unha declaración institucional e celebrarase unha mesa redonda sobre “O traballo das mulleres: as leiteiras de Teo”, na que intervirá Luisa Múñoz, profesora do departamento de Historia Contemporánea da USC e de Ana Calvo, Dora e Fina Abeijón. Estas tres son mulleres con experiencia como leiteiras. O concelleiro de Benestar explica que se elixiu este tema dado que o traballo como leiteiras é “paradigmático do traballo feminino”. E permitiu nas décadas dos 40, 50 e 60 que moitas mulleres foran pequenas autónomas e “puideran acadar unha independencia económica” destaca Ignacio Iglesias. Nesta xornada tamén participa o IES Cacheiras. Dúas das súas alumnas, Paula Losada e Nerea López, presentarán o seu traballo sobre a figura de Aurora Liste Forján: “a leiteira de Calo”.

   Rosa Gómez Limia explicou na súa intervención en que consistirá a II Festa das mulleres e das asociacións que se celebrará o 9 de marzo na Casa Común de Rarís. Esta actividade naceu o ano pasado da man de Teenses pola Igualdade e segundo a presidenta da asociación “é unha festa para celebrar en pé de igualdade e afastarnos da idea de que sempre se destacan máis os temas negativos cando se fala de igualdade”. Este ano xa contan coa colaboración de 14 asociacións. Haberá unha merenda comunitaria e a continuación actuacións e unha mostra do traballo do movemento asociativo. Pechará a festa a cantante teense Loli Nogueira, moi coñecida despois do seu paso por un programa televisivo de ámbito estatal.

   Gómez Limia tamén anunciou a celebración dunha mesa redonda, organizada pola súa asociación, este venres 24 na Casa Común dos Tilos a partir das 20:00 horas co título “A encrucillada das mulleres ante a crise económica” na que participarán Laura Seara e Carmen Cagide.

   Rosa Gómez destacou que estamos lonxe da igualdade “mentres as mulleres non estean representadas en pé de igualdade e con naturalidade”. Pero apostou por seguir “recoñecendo o traballo das mulleres, ese traballo sutil e anónimo” e por buscar “a cooperación dos homes”.

   O programa de actos con motivo do oito de marzo do Concello de Teo pecharase coa excursión ás Termas de Outariz o 11 de marzo dirixida a mulleres maiores de 25 anos residentes en Teo. Para participar só teñen que anotarse no teléfono de Servizos Sociais 981 809 707 ata o próximo 2 de marzo.

Galería de fotos: 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Xa foi: I Concurso de Tortilas- Os Tixolas

4 Mar

tortilla

http://www.santiagoycomarca.es/2012/03/teo-concurso-de-tortillas-feitas-por.html

http://cimteo.blogspot.com/

http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=898&lg=gal

https://www.facebook.com/pages/Concello-de-Teo/191426554242323?sk=wall&filter=12

Xa pasaron unhas semanas, pero todo o mundo  vai ter ganas de ver as fotos. Aquí quedan:

 

 

Concello de Teo: Cursos de Informática

27 Feb

Novas do Concello:

Logo non podemos dicir que non haxa ofertas para formarnos e aprendermos. Aquí queda a info.

Concello de Teo organiza: Día das Mulleres

27 Feb

23/02/2012 – Novas do Concello

día das mulleresA PROGRAMACIÓN DO DÍA DA MULLER NO CONCELLO BUSCA VISIBILIZAR A IMPLICACIÓN REAL DOS HOMES NO TRABALLO DOMÉSTICO

   O concelleiro de Benestar e Igualdade, Ignacio Iglesias, presentou esta mañá o programa de actividades organizado con motivo do Día das Mulleres, que se celebra o oito de marzo. Na presentación estivo acompañado da presidenta de Teenses pola Igualdade, Rosa Gómez Limia, asociación que colabora co Concello xunto coa Asociación de Mulleres Rurais de Teo no deseño e realización destes actos.
 Se queredes botarlle un ollo á información completa, calcade aquí http://www.concellodeteo.com/imxd/noticias/doc/1330003855dias_das_mulleres_-_cartaz.pdf e ides ver o programa completo. Os actos comezan o día 3 -ese é o día en que tamén poderedes asistir ao concerto de Sés, no Centro Sociocultural da Ramallosa- e finalizan o 11.
   Parte do profesorado e do alumnado do IES Cacheiras vai colaborar e participar. Será moi agradable que nos poidamos ver eses días. Veña, lede o cartaz e participade.
   Vémonos ;=)

Desde culturagalega.org: REDESCUBRE CON NóS AS CELEBRACIóNS DE ENTROIDO EN GALICIA

21 Feb

REDESCUBRE CON NóS AS CELEBRACIóNS DE ENTROIDO EN GALICIA-Dosier: Entroido

   Neste martes, día grande do Entroido galego, recuperamos as reportaxes e especiais que Culturagalega.org realizou todos estes anos arredor desta celebración. As máscaras máis tradicionais, canda ás festas urbanas e aínda as recuperadas, coñece polo miúdo os máis variados aspectos desta festividade. Boas orquestas

Culturagalega.org: patrimonio

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20461&soportal=

Sobre os Xenerais da Ulla: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=5689

Sobre o Entroido en Cacheiras e Teo: http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=892&lg=gal

Centenario Celso Emilio Ferreiro: Ven e coñece a Celanova de Celso Emilio

21 Feb

VEN E COÑECE A CELANOVA DE CELSO EMILIO FERREIRO

   A Fundación Curros Enríquez presenta o programa de actividades literarias en Celanova para o 2012, ano do Centenario de Celso Emilio Ferreiro.
 A nosa proposta compaxina o estudio da vida e obra dos poetas e a lectura dalgunhas das súas composicións ao aire libre coa visita turística, dunha  forma variada, amena, didáctica e que aspira a romper a cotidianidade da aula. Trátase pois dun magnífico complemento á clase de galego ao mesmo tempo que, percorrendo os lugares de Castromao, Vilanova e Celanova se pode facer “Un paseo pola historia de Galicia”.

http://correo.edu.xunta.es/attach/ISO-8859-1/’/’Actividades%20Visita%20did%E1ctica.pdf?sid=&mbox=INBOX&uid=13849&number=7&filename=ISO-8859-1%27%27%2541%2563%2574%2569%2576%2569%2564%2561%2564%2565%2573%2520%2556%2569%2573%2569%2574%2561%2520%2564%2569%2564%25E1%2563%2574%2569%2563%2561%252E%2570%2564%2566

O Concello de Carballo convoca

8 Feb

  Cada día, novas e interesantes convocatorias. Neste caso, o Concello de Carballo proponnos “a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos xornais para fomentar o uso e prestixio da lingua galega”. Necesitamos e procuraremos a vosa participación.

   Para saberdes máis: http://sermosgaliza.com/?p=856

Entroido 2012

3 Feb

   Mentres na bisbarra da Ulla xa está pasando (http://xeneraisdaulla.com/), nós xa temos todo en marcha. O alumnado estase anotando na modalidade na que quere participar, está decidindo que comparsa, performance ou disfraces presentar, e ata hai quen terá que ir pensando en ter orellas, filloas, flores… para o venres 17. Hai profesorado que está traballando nas aulas a elaboración de atranques. Cando estean listos, van formar parte do mural que faremos no centro e mais van ser dramatizados no patio traseiro. Ademais de todo isto, queremos que nos mandedes unha chea de fotos sobre “así nos disfrazamos os da miña casa” para podelas expoñer nun mural vistoso e divertido.

   Se queredes ver atranques, aquí quedan unhas ligazóns. E esta noite aparecerán no Luar, da TVG, dous xenerais de Teo, concretamente da parroquia de Rarís. Diego e Alejandro representarán un “atranque” no coñecido programa.

http://youtu.be/qjVRsKVT2H4

http://youtu.be/1wTiox6YdoM

http://youtu.be/ze3n4AuYbZA

http://youtu.be/uMyz11YUWQY

http://youtu.be/AqVVjGwvPQw

 

Xenerais da Ulla. Entroido tradicional ás portas da casa

28 Xan

 Por primeira vez en moito tempo, os Concellos da contorna apostan pola difusión conxunta do Entroido da Ulla. Boa iniciativa.

   Pois vaia que non nos parece unha boa iniciativa! E mais unha decisión moi acertada. Hai que pór en valor a nosa cultura: xuntos facemos máis forza e vennos máis desde todos os lados. Parabéns!

   Outras novas relacionadas: http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=882&lg=gal