Sempre me gustaron moito as expresións idiomáticas e sempre procurei botar man delas para a apredizaxe e coñecemento dun idioma. O noso é riquísimo en frases feitas, abofé, pero hai que recoñecer que as novas xeracións de falantes apenas botan man delas, xa por descoñecérenas xa por non saberen como e cando usalas.
Pois ben, buscando na rede información sobre actividades educativas feitas por docentes de todo país, onte encontrei unha proposta estupenda para traballar este campo. Aquí volo deixo, felicitando ao seu autor -Félix Pimentel Tubío- e agradecéndolle que o deixe ao dispor de todos de xeito gratuíto e desinteresado.
http://dl.dropboxusercontent.com/u/50994681/frases%20feitas/frases_feitas.html
Para calquera dúbida que vos poida xurdir, aquí vos deixo tamén unha ligazón ao dicionario da RAG, ferramenta imprescindíbel para quen queremos traballar con corrección na nosa lingua.
Deixar unha resposta