MENCIÓN PARA O PROXECTO EDUCATIVO ATURUXO FILMS DO IES CACHEIRAS NOS PREMIOS Á ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL DO ICAA

17 Out

   O proxecto de creación audiovisual ATURUXO FILMS que se realiza no IES de Cacheiras dende hai seis anos obtivo unha mención por “o labor de respecto aos dereitos de propiedade intelectual, así como polo seu carácter multidisciplinar” nos Premios á Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do ICAA.

   Estes premios pretenden galardoar a centros españois que fomentan a alfabetización audiovisual a través do desenvolvemento de proxectos que se materializan na implantación de experiencias educativas, actividades complementarias, materiais curriculares e de apoio, así como todos os traballos innovadores que contribúan a achegar os alumnos á cinematografía e o audiovisual.
Este premio súmase ao recente CISS PRAXIS de Cadernos de Pedagoxía que destacaba o labor docente do seu profesor responsable Sergio Clavero e o excelente traballo do alumnado participante neste proxecto, pola dedicación e apoio á produción audiovisual no Festival CINEMA JOVE de Valencia de xuño pasado.

   Este curso seguimos con ese labor con 50 novos alumnos e alumnas que se incorporaron a este proxecto a través das optativas de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, co obxectivo de lograr unha formación integral nos medios audiovisuais e fomentar o espírito crítico a través da creatividade.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ATURUXO FILMS:

http://aturuxofilms.wordpress.com/
PROFESOR RESPONSABLE
SERGIO CLAVERO
aturuxofilms@gmail.com

Parabéns desde o propio centro!!!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: