Arquivo | 18:43

Martes 27 de novembro: II Xornadas das Ciencias

21 Nov

XORNADAS DAS CIENCIAS: Discurshow. Xurxo Mariño e Vicente de Souza

   Se hai unhas semanas boa parte do alumnado do noso centro tivo a oportunidade de compartir unha singular experiencia a través das oito sesións que os técnicos de Ceo Aberto levaron a cabo no Salón de Actos, este martes, día 27 de novembro, ese mesmo alumnado vai poder participar na segunda parte destas xornadas.

    Nesta ocasión, o actor Vicente de Souza e Xurxo Mariño achegarán o noso alumnado ao fascinante e incrible mundo dos protóns co seu Discurshow. A xornada terá lugar no a partir das 16:30 horas no auditorio da A. C. Rosalía de Castro, hora en que comeza a representación. A actividade, que contou cunha moi boa recepción na súa primeira xornada, está organizada pola Anpa do IES Cacheiras e a Vicedirección, xunto cos departamentos de Ciencias e de Física e Química, e está patrocinada polo Concello de Teo, activo colaborador das actividades que se propoñen desde o centro, ademais de organizador de xornadas de música, teatro etc.

    Só esperamos que a través desta representación teatral, o noso alumnado aprenda dunha maneira lúdica e entretida. Xa nos contarán! Polo de agora, deixámosvos aquí algunhas ligazóns:

Ceo Aberto

Discurshow