Arquivo | 20:57

Cacheiras – London: unha viaxe en imaxes

5 Nov

O pase de diapositivas require JavaScript.

😉

Un ano máis, celebrouse o Samaín no instituto

5 Nov

   O pasado mércores (31/10/12), os grupos de 1º e 2º da ESO participaron moi activamente no festexo do Samaín. Como se fixera xa o ano pasado, logo de convocar os delegados de todos os grupos e de distribuír a información correspondente aos titores, a celebración foi todo un éxito.

   Inscribíronse os cinco grupos de 1º da ESO e seis de 2º -ao participar por separado dos grupos de referencia o alumnado do Agrupamento 2ºA+B. É dicir, participaron no concurso de cabazas e na decoración das aulas cerca de 300 alumnos. Houbo disfraces, houbo música, houbo candeas e cabazas; pero ademais houbo moita creatividade. moita imaxinación e colaboración entre os participantes.

    A partir do segundo recreo, o alumnado participante acababa de decorar as aulas, ou disfrazábase, ou ensaiaba as coreografías/ dramatizacións pensadas para a ocasión. Logo, contra as 13:40 h., o xurado – composto por tres alumnas integrantes do EDNL (Helena, Xiana e Thais), dúas profesoras (Puri e Ánxeles) e unha representante do persoal non docente (María)- foi pasando por todas as aulas e gozando das improvisacións que o alumnado levaba a cabo.

    O tempo foi xusto para que o xurado emiritira o seu fallo e para que entre todos, alumnado e profesorado, recolleran as aulas deixando todo como estaba ao principio. Algunhas cabazas quedaron no centro (verédelas nas fotos), pero outras foron para as casas de cadaquén… a esperar polas ánimas.

     Ah!, o fallo do xurado foi o seguinte:

1º PREMIO: 1º ESO C e 2º ESO D

2º PREMIO: 2º ESO C

    Noraboa a todos os participantes, non só aos gañadores. Agora só queda esperar polos premios: SORPRESA!!!!!!!!!

Se queres botar un ollo ao traballo dos participantes, aquí tes unha galería de fotos:

O pase de diapositivas require JavaScript.