Arquivo | Outubro, 2012

Cursos online de português. O Lusopatia sempre a informar

29 Out

Sim, sim!!! Há muitas oportunidades para aprender português em casa. Para saberem mais, podem consultar o viciante blogue Lusopatia.

http://lusopatia.wordpress.com/2012/10/28/cursos-online-de-portugues/

Profissões (II)

23 Out

http://cvc.instituto-camoes.pt/aprender-portugues/a-brincar/jogos-lexicais.html

http://cvc.instituto-camoes.pt/aprender-portugues/a-brincar/jogos-lexicais/119-palavras-cruzadas.html

Entrem nesta ligação e descubram algumas especialidades médicas (e partes do corpo humano).

http://cvc.instituto-camoes.pt/temas/corpohumano/corpohumano.html

As cores em português. Teoria e prática.

9 Out

    Ao fazermos a pesquisa na net, a Wikipédia oferece-nos uma lista de cores mas também uma classificação: primárias, secundárias, terciárias e complementares. Deem uma vista de olhos e aprendam novos conteúdos:

http://pt.wikipedia.org/wiki/Portal:Cores

     No site do Instituto Camões propõem-nos exercícios para aprendermos as cores de forma divertida. Vamos jogar e aprender:

http://cvc.instituto-camoes.pt/component/forca/

http://cvc.instituto-camoes.pt/cores/index.html

    Depois do jogo, a música. Ouçam a conhecida música do Toquinho: Aquarela ou https://www.youtube.com/watch?v=UjRwuGsugdE.

aqarela

Outras músicas e letras deste famoso cantor brasileiro podem ouvi-las se forem a http://letras.mus.br/toquinho/

Gentílicos. Uma prática útil

9 Out

Chama-se “gentílico” ou “pátrio” ao nome ou adjectivo que indica a nacionalidade, a origem, o lugar de nascimento ou a residência de alguém.

http://www.teiaportuguesa.com/manual/unidade12lusofonia/adjectivosgentilicos.htm

A festa galega da BD, en Ourense

8 Out

A mellor Banda Deseñada estará en Ourense ata o 21 de outubro

   Ata o 21 de outubro terán lugar, no Museo Municipal de Ourense, as XXIV Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Entre as diversas actividades que se acometerán, están dúas exposicións, na sala I e II do museo. Estas xornadas teñen moito de emotivo, xa que serán as primeiras sen Benito Losada, creador, coordinador e alma máter das xornadas e director da Casa da Xuventude de Ourense, finado o pasado ano.

   Xavier Paz, en representación da Fundación Benito Losada, explicou en que consiste esta festa galega do cómic, da cal destaca a exposición de sete novelas gráficas, na sala I do museo, que saíron o ano pasado. Trátase de sete coleccións de artes finais e bocetos previos que mostran o nivel excepcional dos nosos creadores.

    A mostra recolle traballos de Brais Rodríguez (A man do diaño), David Rubín (El héroe), Jacobo Fernández (Lois Pereiro. Breve encontro), José Domingo (Aventuras de un oficinista japonés), Lola Lorente (Sangre de mi sangre), Martín Romero (Las Fabulosas Crónicas del Ratón Taciturno) e Miguel Cuba (Punta de Fuga).

   Tamén, como vén sendo habitual cada ano, na sala II do museo está a exposición do Instituto da Xuventude INJUVE, que mostra as historias e as ilustracións de 16 debuxantes que, mediante a utilización de soportes informáticos, son expoñentes das últimas tendencias en cómic e ilustración.

As Xornadas de Banda Deseñada, dan, unha vez máis, o pistoletazo de saída á 34º edición do Outono Fotográfico. A consolidación e continuidade destas actividades é unha das finalidades que terá a futura Fundación Benito Losada, en proceso de constitución.

Falece Blanca Jiménez, presidenta de honra da Fundación Penzol

8 Out

Falece Blanca Jiménez, presidenta de honra da Fundación Penzol

   O pasado venres deixounos a presidenta de honra da Fundación Penzol. Dª. Blanca Jiménez Alonso (Ribadeo, 1926), conselleira da editorial Galaxia, foi integrante do plenario da Fundación Penzol entre 2001 e 2008 e desde febreiro deste ano ostentaba a presidencia de honra. O Consello da Cultura Galega (CCG) lamentou o seu pasamento e salientou o seu “entusiasta labor” na difusión do “rico patrimonio bibliográfico” da Fundación, así como a “continuada colaboración” desta institución co propio Consello.

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21539&soportal=

   Máis notas de prensa: http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=16724

Ramón Villares e Ángel Bahamonte publican unha ampliación de El mundo contemporáneo: del siglo XIX al XXI, (Taurus)

8 Out

Ramón Villares: «O século XX tivo o máis sublime e o máis indigno» O historiador galego salienta a importancia que tivo para a situación actual a crise do petróleo dous anos setenta. CAMILO FRANCO

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/10/07/seculo-xx-tivo-mais-sublime-mais-indigno/0003_201210G7P44991.htm?idioma=galego

http://www.editorialtaurus.com/es/libro/el-mundo-contemporaneo-1/

A BALEA NEGRA. Lembranzas das mareas negras no MARCO de Vigo

8 Out

http://www.marcovigo.com/content/balea-negra-x-aniversario-do-marco

   A BALEA NEGRA é un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra.

   Dentro de menos dun mes cúmprense dous aniversarios ben diferentes: o do drama do Prestige e a inauguración do Marco (Vigo). Dez anos despois daquilo, o Museo de Arte Contemporánea presenta esta interesante proposta que nos fará reflexionar sobre cuestións de profundo calado. A exposición pódese ver no MARCO de Vigo desde o 5 deste mes ata o 31 de marzo de 2013. Animámosvos a visitala! Un pobo é a  súa memoria e a nosa, desafortunadamente, está tinguida de piche negro.

Pandeireteiras no IES Cacheiras

8 Out

    Comezamos un novo curso académico e isto pinta moi ben. Cando o ano pasado botamos a andar e a traballar conxuntamente coa Vicedirección do centro, falamos moitas veces de conseguir formar pequenos grupos co alumnado que ten estudos musicais e que xa forma parte de asociacións fóra do instituto. Pois ben, este ano xa temos a punto de se poñer mans ao traballo un grupo de pandereteiras (Jéssica, Rocío, Xiana e Thais, de 4º da ESO; Sabela e Noelia, de 1º de bacharelato; e Helena, Paula, Branca e Fani, de 2º de bacharelato). Esperamos podelas oír e acompañar o próximo mes de novembro, cando amenicen o noso magosto. Daquela subiremos algúns vídeos e fotos; polo de agora agradecémoslles o seu interese, a súa colaboración e as ganas que demostraron esta mañá durante a primeira reunión.

    Isto dános forza e ánimos para seguir ampliando as nosas miras: xa temos un trompetista e un gaiteiro (Miguel e Rubén, de 3º da ESO), agora gustaríanos ampliar o grupo e conseguir reunir un nutrido número de músicos que nos axuden a formar unha pequena banda do instituto. Deste xeito, entre as pandereteiras e a banda poderemos difundir e valorar o noso patrimonio musical tradicional e aproveitar os talentos do noso alumnado. Imos por bo camiño e con estas rapazas e estes rapaces habémolo facer con bo ritmo e boa música nosa.