O Garaxe Hermético- Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración

1 Mai

   Xa está aquí!!! Xa é unha realidade!! Abriu as súas portas a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración. Está en Pontevedra e chámase O Garaxe Hermético. No seu web podemos poñernos ao día do que está a pasar e do que vai vir. Das clases que programan e do curso que se prepara.

  Quen o desexe xa se pode inscribir na súa primeira “master class”:

   Xa se pode gozar dunha estupenda exposición sobre a creación de Trazo de xiz, a obra máis premiada do coñecidísimo Miguelanxo Prado (No estudio de Miguelanxo Prado. Como se fixo Trazo de xiz). E xa se pode ir tendo información para a realización dos cursos anuais.

   Da man de Kiko da Silva e doutros profesionais do sector como Miguel Porto, Jacobo e Norberto Fernández ou Fernando Iglesias, quen se matricule recibirá un ciclo formativo de 3 anos e 700 horas anuais no que se tratarán cuestións como técnicas de debuxo, entintado e cor, así como nocións sobre narración e guionización e mesmo procesos de impresión, distribución e dereitos de autor.

     Hai uns días, en entrecomics.com podiamos ler unha longa entrevista ao promotor desta innovadora e esperada escola, o polifacético Kiko da Silva, que constataba que non existen títulos sobre BD. Canda a isto, boa parte dos profesionais en activo carecen de licenciaturas. Ademais, as propostas de programa docente realizadas desde Educación non se axeitaban, segundo Da Silva, ás esixencias actuais da industria da banda deseñada. “Para nós o importante é formar profesionais e que acaben publicando os seus traballos, xa que nesta profesión o que realmente conta é o nivel profesional do teu traballo”, explica.

   Desde aquí convidámosvos a achegarvos a esta arte tan atractiva e a esta nova escola. Deixámosvos tamén algunhas ligazóns para saberdes máis sobre elas:

http://bibliomeira.blogspot.com.es/2012/04/o-garaxe-hermetico.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2012/04/22/garaxe-hermetico-destapa-mejor-comic-ilustracion/0003_201204P22C8991.htm?idioma=galego

http://ponte.tv/2012/04/o-garaxe-hermetico-de-kiko-da-silva/

http://mundocomic.portalmundos.com/o-garaxe-hermetico-a-escola-de-bd/

http://biblioaesperela.blogspot.com.es/2012/05/nova-escola-de-banda-desenada-o-garaxe.html

http://twitter.com/#!/dasilvakiko

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: