Arquivo | 12:45

Parabéns a Xoel López, Laura Losada, Marina Fernández, Alba Ferrón, Andrea Vázquez e Ramón Cruces

18 Abr

   Tres equipos de Teo, integrados por alumnado do IES de Cacheiras, participan este sábado 14 de abril na fase comarcal do Club de Debate, que se celebra no Auditorio de Galicia en Santiago a partir das nove da mañá. O tema de debate para a competición é “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” Ao debate acudirán tamén dous equipos de Santiago, tres de Ames e un de Rois.

http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=921&lg=gal

Isto podiamos lelo na páxina do Concello de Teo o mesmo sábado pola mañá. Sabiamos que o    noso alumnado estaba preparado e esperabamos boas novas. Non nos chegaron ata o día seguinte:

“UN EQUIPO DE TEO ACADA O SEGUNDO PREMIO NA FASE COMARCAL DO CLUB DE DEBATE”, volviamos ler na páxina do Concello.

 

   Celebrouse no Auditorio de Galicia a fase comarcal do Club de Debate. Participaron dous equipos de Santiago, integrados por alumnos de 1º de Bacharelato do Colexio Compañía de María. Competiron con outros sete equipos (tres de Ames, tres de Teo e un de Rois) debatendo sobre o tema “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” Finalmente, o gañador foi o CPI dos Dices (Rois) e o segundo premio recaeu no equipo teense do IES de Cacheiras.

   Cada equipo debateu dúas veces, unha coa posición a favor e outra en contra. O xurado emitiu unha puntuación e, e ao final do día, os dous que máis puntos sumaron foron os premiados: 500 euros para o primeiro e 300 euros para o segundo. Os premios non son en metálico, senón en material cultural ou deportivo (libros, discos, informática…) segundo a súa elección. O xurado estivo formado por catro persoas: unha xornalista, un escritor, unha profesora e unha técnica de normalización lingüística.

Os vicecampións da fase comarcal, durante o debate

  O equipo gañador foi o integrado por Xoel López e Laura Losada como oradores, Marina Fernández e Cristina Seijas como investigadoras, Alba Ferrón e Andrea Vázquez como colaboradoras, e o profesor Ramón Cruces como preparador.
    O tema de debate nesta fase comarcal foi: “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” En total, participaron tres equipos de Teo, dous de Santiago, tres de Ames e un de Rois. O tema proposto para a final en Pontevedra é: “Os usos das novas tecnoloxías favorecen as relacións sociais”.

   O Club de Debate é unha iniciativa promovida polos Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos de Ames, Betanzos, Carballo, Carral, A Coruña, Ferrol, As Pontes, Pontevedra, Oleiros, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo. Os seus obxectivos son favorecer o emprego da lingua galega na mocidade, traballar na fluidez comunicativa como unha das habilidades sociais máis importantes e na oratoria, incitar ao pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade, e fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.

   Desde aquí queremos agradecerlle especialmente ao Concello de Teo (nomeadamente ao Servizo de Normalización, Roberto Rielo, e Concellería de Cultura, Carme Hermida) que promovera esta iniciativa (tamén aos demais, que a fixero posible) e que estivera pendente en todo momento dos preparativos e da marcha dos equipos. Tamén ao profesorado que participou dalguna maneira na organización desta actividade e que acompañou ao alumnado durante a xornada (Puri Cabido, Xosé Manuel Maceira, Sabela Álvarez e Ramón Cruces). E, desde logo, non podemos esquecernos do noso alumnado:

Grupo 1

Grupo 2

Grupo 3

1º Bach. A

1º Bach. C

4º ESO B

1º Bach. B

Xoel López Penido

Rocío Carrasco Vieites

Marina Vázquez Nieto

Elena García Martín

Micaela Mourelle Blanco

Noelia Naveira Dono

Laura Losada Moure

Antonio Del Río Courtier

 Andrea Vázquez Perol

Alba Ferrón García

Bruno Pardo Diéguez

Alejandro González Fernández

Cristina Seijas Santos

Francisco López Bermúdez

         María Fernández Túñez                 Víctor Cacabelos Montero

Parabéns!!!

   Estamos convencidos de que esta experiencia vai ser lembrada dunha maneira especial polo noso alumnado, non porque obtiveran un dos premios da fase comarcal, senón porque saben valorar que o seu paso polo IES de Cacheiras e a súa experiencia académica vai máis aló das xornadas nas aulas. Un millón por participardes e por serdes tan especiais.

(Todas as fotos foron tiradas da páxina do Concello de Teo e dos medios de comunicación. Un millón, tamén!)