Arquivo | Abril, 2012

Que plurilingüismo queremos? A CGEDNL fala claro e propón un plurilingüismo inclusivo e con equidade

19 Abr

   Esta mañá chegounos por varias vías este artigo. Lémolo e pareceunos necesario compartilo e defendelo.   

   Unha imaxe: a de tres irmás que a pesar do seu peso reciben exactamente a mesma ración de
comida diaria. Unha delas, a única filla biolóxica, está moi delgada, débil e non serve para traballar porque non ten forza; outra, medio-irmá, está bastante máis vigorosa pero é útil unicamente para a realización de certos traballos; a última, filla adoptada, é grande, forte e goza dunha férrea saúde polo que é a requirida para os traballos importantes. Se os seus pais dan a todas a mesma ración de comida, que ocorrerá? NADA. Velaí o problema. Co tempo, todos verán a filla máis débil como un estorbo que non serve para nada e pode ata que a deixen morrer. Paradoxal, que dúbida cabe!, sendo ela a única filla de dereito. Pois ben, así actuaron os nosos políticos, decidiron alimentar unicamente ás fortes e denominárono “plurilingüismo”. Do mesmo xeito que no caso anterior, a filla máis débil está destinada a morrer pero, neste caso, decidiuse asestarlle o golpe definitivo defendendo que supón un risco para a súa medio-irmá que, sen dúbida, se puidese consumir a comida da desaparecida sería moito máis forte.
Namentres, a filla adoptada, aproveitando esta absurda discusión, come a ración das súas irmás deixándoas moribundas. A máis débil, á que só quedan migallas, pode que non dure moito. A súa medioirmá é posible que sobreviva pero a súa saúde resentirase. Ao final, de tres irmás só unha servirá para algo. Non sería mellor repartir a comida en función do estado de saúde de cada unha delas e lograr así, tres fillas fortes útiles para realización de calquera traballo?

Para seguir lendo:

http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/doc/QUE%20PLURILING%C3%9CISMO%20QUEREMOS.pdf

Que queremos?
Plurilingüismo, pero inclusivo e con equidade.
Como se consegue?
Co Tratamento Integrado de Linguas (TIL).
O TIL non é:
 un reparto de linguas por materias.
 aprender só inglés e castelán.
 memorizar palabras e deixar de aprender contidos.
O TIL é:
Aprender realmente moitas linguas pero partindo das dúas existentes na comunidade. Non se pode abandonar unha delas para aprender outra de fóra.
 Partir dun enfoque comunicativo (ten que ter sentido o uso da lingua. O alumnado aprende linguas para usalas).
 Explotar as estratexias de transferencia de linguas: conseguir desde a lingua propia saber como se xestionan as outras.
 Facer unha planificación conxunta para traballar as linguas de forma relacionada.
 Adquirir competencia plurilingüe e intercultural, cunha gradación do dominio das diferentes linguas.
 Conseguir acordos e complicidades entre o profesorado e as familias.

Parabéns a Xoel López, Laura Losada, Marina Fernández, Alba Ferrón, Andrea Vázquez e Ramón Cruces

18 Abr

   Tres equipos de Teo, integrados por alumnado do IES de Cacheiras, participan este sábado 14 de abril na fase comarcal do Club de Debate, que se celebra no Auditorio de Galicia en Santiago a partir das nove da mañá. O tema de debate para a competición é “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” Ao debate acudirán tamén dous equipos de Santiago, tres de Ames e un de Rois.

http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=921&lg=gal

Isto podiamos lelo na páxina do Concello de Teo o mesmo sábado pola mañá. Sabiamos que o    noso alumnado estaba preparado e esperabamos boas novas. Non nos chegaron ata o día seguinte:

“UN EQUIPO DE TEO ACADA O SEGUNDO PREMIO NA FASE COMARCAL DO CLUB DE DEBATE”, volviamos ler na páxina do Concello.

 

   Celebrouse no Auditorio de Galicia a fase comarcal do Club de Debate. Participaron dous equipos de Santiago, integrados por alumnos de 1º de Bacharelato do Colexio Compañía de María. Competiron con outros sete equipos (tres de Ames, tres de Teo e un de Rois) debatendo sobre o tema “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” Finalmente, o gañador foi o CPI dos Dices (Rois) e o segundo premio recaeu no equipo teense do IES de Cacheiras.

   Cada equipo debateu dúas veces, unha coa posición a favor e outra en contra. O xurado emitiu unha puntuación e, e ao final do día, os dous que máis puntos sumaron foron os premiados: 500 euros para o primeiro e 300 euros para o segundo. Os premios non son en metálico, senón en material cultural ou deportivo (libros, discos, informática…) segundo a súa elección. O xurado estivo formado por catro persoas: unha xornalista, un escritor, unha profesora e unha técnica de normalización lingüística.

Os vicecampións da fase comarcal, durante o debate

  O equipo gañador foi o integrado por Xoel López e Laura Losada como oradores, Marina Fernández e Cristina Seijas como investigadoras, Alba Ferrón e Andrea Vázquez como colaboradoras, e o profesor Ramón Cruces como preparador.
    O tema de debate nesta fase comarcal foi: “Deben os poderes públicos promover a diversidade lingüística?” En total, participaron tres equipos de Teo, dous de Santiago, tres de Ames e un de Rois. O tema proposto para a final en Pontevedra é: “Os usos das novas tecnoloxías favorecen as relacións sociais”.

   O Club de Debate é unha iniciativa promovida polos Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos de Ames, Betanzos, Carballo, Carral, A Coruña, Ferrol, As Pontes, Pontevedra, Oleiros, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo. Os seus obxectivos son favorecer o emprego da lingua galega na mocidade, traballar na fluidez comunicativa como unha das habilidades sociais máis importantes e na oratoria, incitar ao pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade, e fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.

   Desde aquí queremos agradecerlle especialmente ao Concello de Teo (nomeadamente ao Servizo de Normalización, Roberto Rielo, e Concellería de Cultura, Carme Hermida) que promovera esta iniciativa (tamén aos demais, que a fixero posible) e que estivera pendente en todo momento dos preparativos e da marcha dos equipos. Tamén ao profesorado que participou dalguna maneira na organización desta actividade e que acompañou ao alumnado durante a xornada (Puri Cabido, Xosé Manuel Maceira, Sabela Álvarez e Ramón Cruces). E, desde logo, non podemos esquecernos do noso alumnado:

Grupo 1

Grupo 2

Grupo 3

1º Bach. A

1º Bach. C

4º ESO B

1º Bach. B

Xoel López Penido

Rocío Carrasco Vieites

Marina Vázquez Nieto

Elena García Martín

Micaela Mourelle Blanco

Noelia Naveira Dono

Laura Losada Moure

Antonio Del Río Courtier

 Andrea Vázquez Perol

Alba Ferrón García

Bruno Pardo Diéguez

Alejandro González Fernández

Cristina Seijas Santos

Francisco López Bermúdez

         María Fernández Túñez                 Víctor Cacabelos Montero

Parabéns!!!

   Estamos convencidos de que esta experiencia vai ser lembrada dunha maneira especial polo noso alumnado, non porque obtiveran un dos premios da fase comarcal, senón porque saben valorar que o seu paso polo IES de Cacheiras e a súa experiencia académica vai máis aló das xornadas nas aulas. Un millón por participardes e por serdes tan especiais.

(Todas as fotos foron tiradas da páxina do Concello de Teo e dos medios de comunicación. Un millón, tamén!)

Sete deportistas do San Francisco Teo estarán no Nacional Infantil

17 Abr

Cartel oficial del campeonato

   Varios dos deportistas que van participar os días 21 e 22 de abril no XXXIV Campionato de España alevín, infantil e xuvenil son estudantes do IES Cacheiras. Estamos de noraboa. Moita sorte en Alcobendas.

Para saberdes máis: http://www.adgalaika.com/agenda-y-noticias/ultimas-noticias/item/388-siete-deportistas-del-san-francisco-teo-estar%C3%A1n-en-el-nacional-infantil.html

Os seleccionados teenses:

  1. Xavier Santos Veiga (Kata Infantil y Pre-kumite Infantil -42 kg.)
  2. Jacobo Veiga Piñeiro (Pre-kumite Infantil -42 kg.)
  3. Isabel San Martín López (Kumite Juvenil -43 kg.)
  4. Ana Belén Lobato Ríos (Kumite Juvenil -50 kg.)
  5. Paula Caramazana López (Kumite Juvenil +50 kg.)
  6. Gonzalo Veiga Piñeiro (Kumite Juvenil -40 kg.)
  7. Santiago Nande Fuentes (Kumite Juvenil -55 kg.)

Deportistas del Club San Francisco Teo

Palabras tecen redes. 1º Festival de Poesía do IES Cacheiras

13 Abr

1º FESTIVAL DE POESÍA DO IES CACHEIRAS

PALABRAS TECEN  REDES

Cacheiras 17 de abril 2012

Salón De Actos Do IES. De 16.30 a 18.00 horas

PROXECCION DE VIDEOPOEMAS A escuras de María Rosendo, Todas as mulleres que fun, Andrea Nunes

ANDREA NUNES

Todas As Mulleres Que Fun, Roubáronnos Os Ollos, Pensar Que Estiven Perdida, Non Todas Preferimos O Paxaro Na Man Do Libro Todas As Mulleres Que Fun

 ANA ROMANÍ

Camiñan Descalzas Polas Rochas, Do Libro Das Últimas Mareas, Xunto Á Tarde Hai Algo Que Salta, Do Libro Arden, Eu Vinas Reventar As Pontes, Do Libro Estremas

MARÍA ROSENDO

Oito Baldosas Empoadas, O Silencio Guindounos Pola Gorxa, Lembraste De Cando Subíamos Aos Taxis Amarelos Do Libro Nómade

PROXECCIÓN VIDEOPOEMA E AGORA TI

CLARA ASPERILLA 2º BAC   Andan Descalzas Pola Pedra Fría

YASMINA M. FRAGA 1º ESO  Poema Da Muller Soñadora

GADEA GONZÁLEZ 2º BAC  A Princesa Que Agardaba

MARÍA MARCOS 2º BAC      De Novo Esa Fermosa Paisaxe

J.CARLOS MARIÑO 2º BAC  Versículos Do Xénese

JOSÉ LUÍS RUANOVA 1º ESO  Guerreiras Do Noso Tempo

MARI LUZ BUENO AGRASAR 2º ESO   Tristeza

SARA ROMERO CASAL 1º ESO     Se Non Fose Por Ti

CREACIÓN MUSICAL: SANDRA GALERA 2º BAC

INTERPRETACIÓN MUSICAL: SANDRA GALERA  (2º BAC) HELENA MARTÍNEZ (2º BAC) ADRIANA  CANICOVA (2º BAC) PABLO FERNÁNDEZ (2º ESO) IAGO TORRES (2º ESO)

CREACIÓN ARTÍSTICA, IMAXES, FOTOS: ALUMNADO DE 3º e 4º ESO

FIN DE ACTO: Concerto LEO ARREMECÁGHONA

ORGANIZA: DEPARTAMENTOS LINGUA E LITERATURA, DEBUXO, MÚSICA, eNL E VICEDIRECCIÓN

 COLABORA ANPA

Hoxe, 9 de abril remata o prazo para a presentación de traballos

9 Abr

Convocado o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012

Convocado o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012

   O obxectivo deste Premio é promover a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos xornais para fomentar o uso e prestixio da lingua galega. Outórgase un premio de 1.000 euros e a difusión do artigo gañador nos 11 medios de comunicación que colaboran co certame. O prazo de admisión de artigos está aberto até o 9 de abril. O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con varios medios de comunicación escritos, convoca por oitavo ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame xa consolidado que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.

   Ao certame pódense presentar artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten algún tema concreto relacionado coa situación sociolingüística do noso país, coa defensa e promoción da lingua galega, co seu estatus, co argumentario a prol do uso do galego, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas, con propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, con experiencias útiles ou favorábeis para a dinamización da lingua, coa política lingüística en xeral ou nalgún ámbito ou situación determinada etc.
Os artigos deberán ter entre 2.000 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 350 e 600 palabras, aproximadamente). O prazo de admisión está aberto até o 9 de abril de 2012. Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.000 euros, ademais da difusión nos once medios colaboradores coa iniciativa: A Nosa CostaDe Luns a Venres, Diario de Bergantiños, El Periódico de Carballo, Galicia ConfidencialLa Opinión de A CoruñaLa Voz de GaliciaPraza PúblicaQue pasa na CostaSermos Galiza e Tempos Novos.
Nas sete edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo ou Marcos Abalde.

Conhecermos Portugal. Chaves e Amarante

9 Abr

http://g.co/maps/wkawk

CONHECERMOS PORTUGAL.

VISITA A CHAVES – AMARANTE

DÍAS 17 E 18 DE ABRIL

ALUMNADO DE PORTUGUÊS

1º ESO B e C

O IES Cacheiras (Teo) e o IES Xelmírez 1 (Compostela)

Días- 17 e 18 de abril

Saída: 09’00 h.               Lugar: IES Cacheiras

Viaxe- Itinerario:

Santiago- Cacheiras- Chaves (Pt)- Amarante (ida)

Amarante- Viana do Castelo- IES Cacheiras- Santiago (regreso)

Aloxamento: Casa da Juventude de Amarante


Actividades:

17/ 04/ 12

Chaves: visita ao Núcleo Arqueológico (11’15 h. a 12’15 h.) e xantar en Chaves. Saída para Amarante: 13’30 h.

Núcleo arqueológico

Amarante: chegada á Casa da Juventude arredor das 16’00 h., aloxamento e realización da primeira actividade:

Workshop de Comércio Justo

Regreso á Casa da Juventude, tempo libre, cea e descanso.

18/ 04/ 12: almorzo e realización da actividade Peddy-paper para descubriren a cidade.

Tempo libre e comida na Casa da Juventude (barbecue, churrasco)

 Regreso á tarde para Galiza, realizando una parada de descanso e tempo libre nunha vila fronteiriza con Galiza, Ponte de Lima.

PROFESORA RESPONSABLE:

MARÍA PARDO FERNÁNDEZ

Viagem Cacheiras-Chaves-Amarante (terça-feira -17 de Abril)

9 Abr

    Cara turma de Português, já resta menos!!! A viagem deste ano vai ser o começo duma série de visitas a Portugal que irão ampliar o vosso conhecimento da geografia e da cultura portuguesas.

   Aqui, um bocadito de informação sobre as duas cidades, Chaves e Amarante. Leiam e curtam ;D

   Chaves

   São numerosos os vestígios aqui presentes, legados por civilizações pré-históricas que levam a admitir mesmo a existência de povoamentos no longínquo período Paleolítico. É considerado deste período um instrumento de pedra encontrado na encosta da serra do Brunheiro.  Porém, são abundantes os achados procedentes do Neolítico, do Calcolítico de Mairos, Pastoria, S.Lourenço,etc e das civilizações proto-históricas, nomeadamente nos múltiplos Castros  situados no alto dos montes que envolvem toda a região do Alto Tâmega.     

   Foram as legiões romanas, que há dois milénios, dominaram esses homens, que até aí tinham vivido, como deuses, alcandorados no cimo das montanhas e se instalaram de mopdo especial no vale, fertilíssimo do Tâmega. Fixaram-se onde hoje é a cidade e distribuíram pequenas fortificações pelas alturas circundantes, aproveitando, para tais guardas-avançadas, alguns dos castros conquistados. Edificaram, presumivelmente, a primeira muralha que envolveu o aglomerado populacional; construíram a imponente ponte de Trajano, sobre a via Bracara-Asturica; tiraram proveito das águas quentes mínero-medicinais, implantando balneários termais; exploraram filões auríferos e outros recursos do solo e subsolo. Tanta importância adquiriu este núcleo urbano, nessa época, que foi elevado à categoria de Município, quando no ano 79 dominava Vespasiano, primeiro César da Família Flavia. Será esta a origem de Aquae Flaviae, designação antiga da actual cidade de Chaves

    Situar-se-ia o imponente núcleo monumental e centro cívico da cidade no cerro envolvente da área hoje ocupada pela Igreja Matriz. O seu actual recorte lembra ainda o traçado de um acampamento romano, com o Forum, o Capitólio  e a Decumana que seria a rua Direita. De facto, neste perímetro foram encontrados os mais relevantes vestígios arqueológicos a testemunhá-lo, expostos no Museu da Região Flaviense, sendo mesmo de evidenciar uma lápide alusiva a um combate de gladiadores. A florescência da dominação romana verificou-se até ao início do século III, apagando-se gradualmente com a invasão dos povos denominados vulgarmente por Bárbaros. As invasões dos Suevos, Visigodos e Alanos, provenientes do leste europeu, puseram termo à colonização romana. As guerras entre Remismundo e Frumário  que disputavam o direito ao trono, tiveram como consequência uma quase total destruição da cidade, a vitória de Frumário e a prisão do Idácio, notável Bispo de Chaves. O período de dominação bárbara durou até que os mouros, povos do Norte de África, invadiram a região e venceram Rodrigo, o último monarca visigodo, no início do século VIII. 

   Com a invasão dos árabes, também o islamismo invadiu o espaço ocupado  pelo cristianismo o que determinou uma azeda querela religiosa e provocou a fuga das populações residentes para as montanhas noroestinas com as inevitáveis destruições. As escaramuças entre mouros e cristãos duraram até ao século XI. 
   A cidade começou por ser reconquistada aos mouros no século IX, por D. Afonso, rei de Leão que a reconstruiu parcialmente. Porém, logo depois, no primeiro quartel do século X, voltou a cair no poder dos mouros, até que no século XI, D. Afonso III, rei de Leão,  a resgatou, mandou reconstruir, povoar e cercar de muralhas. Da presença islâmica remanesce, quase tão somente na cultura popular, uma grande variedade de lendas interligando castros, tesouros fabulosos e mouras encantadas. 
Foi, provavelmente, por volta de 1160 que Chaves foi integrada no país que já era então Portugal, com a relevante intervenção dos lendários Ruy e Garcia Lopes tão intimamente ligados à história desta terra. Pela sua situação fronteiriça, Chaves era vulnerável ao ataque dos invasores. D. Dinis, como medida de protecção, mandou levantar o Castelo e a fortificação muralhada que ainda hoje dominam o burgo citadino e a sua periferia. Em 1253 realizou-se em Chaves o casamento de D. Afonso III com a sua sobrinha D. Beatriz, filha de Afonso X, o Sábio; foi o Bolonhês quem concedeu à povoação o seu 1º foral, a 15 de Maio de 1258; D. Manuel I outorgaria novo foral em 1514. Aquando da Guerra da Independência, D. João I montou em redor de Chaves um cerco que durou 4 meses; tendo-se-lhe rendido a praça. O senhorio da vila foi então dado a D. Nuno Alvares Pereira, que o viria a ceder a D. Afonso, seu genro, fundador da Casa de Bragança, na qual Chaves, se conservou durante vários séculos.      

   A Cidade foi cenário de diversos episódios bélicos no século XIX, nela se tendo celebrado, a 20 de Setembro de 1837, a designada Convenção de Chaves, após o combate de Ruivães, pondo termo à revolta cartista de 1837, conhecida pela revolta dos marechais. Em Chaves travou-se a 8 de Julho de 1912, o combate entre as forças realistas de Paiva Couceiro e as do governo republicano, chefiadas pelo coronel Ribeiro de Carvalho, de que resultou o fim da 1ª incursão monárquica. A 12 de Março de 1929 Chaves foi elevada à categoria de cidade.

Chaves. Portugal

Algumas ligações: http://pt.wikipedia.org/wiki/Chaves_(Portugal)

http://chaves.blogs.sapo.pt/

http://www.guiadacidade.pt/pt/poi-chaves-15807

Castelo. Chaves

Amarante

Amarante

   Tudo indica que Amarante deve a sua origem aos povos primitivos que demandaram a serra da Aboboreira (habitada desde a Idade da Pedra), embora se desconheça com exatidão o nome dos seus fundadores. Dá-se como certo, porém, que a urbe ganhou importância e visibilidade com a chegada de S. Gonçalo (1187-1259), nascido em Tagilde-Guimarães, que aqui se fixou depois de peregrinar por Roma e Jerusalém. 
   Em tempos não muito longínquos, o concelho de Amarante pertencia administrativamente à província do Minho, fazendo fronteira com os concelhos de Celorico de Basto (N), Gestaço (E), Gouveia (S) e Santa Cruz de Riba Tâmega (O). Com as reformas administrativas liberais do séc. XIX desapareceram os municípios de Gouveia, Gestaço e Santa Cruz de Ribatâmega, tendo o de Amarante recebido a maioria das suas freguesias. Desde então o concelho estende-se por uma área de 301,5 quilómetros quadrados, a que correspondem, hoje, 40 freguesias, 18 ao longo da margem direita do rio Tâmega e 22 da margem esquerda, ocupando uma posição de destaque na região do Douro-Tâmega.
   Tem uma população de 59638 habitantes e uma densidade populacional de 197,8 habitantes por quilómetro quadrado. Rico em termos paisagísticos, para o que contribuem decisivamente as serras do Marão e Aboboreira e o rio Tâmega, o concelho de Amarante reúne também um conjunto notável de edifícios e monumentos. No Centro Histórico da cidade merecem referência a Ponte, o Convento e Igreja de S. Gonçalo, as Igrejas de S. Pedro e S. Domingos, a Casa da Cerca e o Solar dos Magalhães. Fora da urbe, o destaque vai para os Paços do Concelho de Santa Cruz de Riba Tâmega, o Mosteiro de Travanca e para o românico das igrejas de Mancelos, Jazente, Freixo de Baixo, Gatão ou Gondar. 
    As festas grandes em Amarante, em honra de S. Gonçalo, acontecem no primeiro fim de semana de Junho. O feriado municipal tem lugar a 8 de Julho. No concelho, na área do artesanato, o destaque para o barro negro de Gondar, a cestaria, as rendas e os bordados, as mantas e as meias de lã.

Algumas ligações:

http://maps.google.pt/maps?rlz=1C1CHIK_es&q=amarante&um=1&ie=UTF-8&hq=&hnear=0xd24bee340766a9b:0xa5962885158c2a1e,Amarante&gl=pt&ei=QqCCT_uGCoan0QXhxKDpBg&sa=X&oi=geocode_result&ct=title&resnum=3&ved=0CE0Q8gEwAg

http://gl.wikipedia.org/wiki/Amarante,_Portugal

http://www.tamegaclube.com/ParqueAquatico/pa_inicio_pt.htm

http://www.amarantefc.pt/

Sara de Sousa, quarta-feira (pelas 21:30 h.) na Sala Capitol

8 Abr

Concerto de fado. Sala Capitol (Santiago de Compostela)

Entradas: A Reixa Tenda (Santiago de Compostela). Preço: 3 euros

Não percam!

Alguma ligação:

http://lusopatia.wordpress.com/2012/04/09/concerto-de-fado/