Meu pai vaite matar. Última novela de María Xosé Queizán

8 Mar

María Xosé Queizán

María Xosé Queizán vén de presentar en Compostela a súa última novela Meu pai vaite matar

   A escritora volveu onte á Libraría Couceiro (ás 20 horas), para presentar a súa última obra, unha novela editada por Xerais na que esculca os segredos máis ocultos dunha familia. A filla dunha parella de progres, ingresada na Policía Xudicial, atopa un día unhas pistas que a levan ata a Patagonia na procura do seu tío, protagonizando así unha novela de intriga, aventura e viaxes.

   A escritora aclarou que «esta novela xorde dunha viaxe –da que poñerei imaxes na presentación– que fixen hai máis dun ano a Terra de Fuego». Alí coñeceu un penal militar onde levaban aos criminais máis terribles, convertido agora en museo, que a deixou fascinada. María Xosé explica que a novela transita entre Galicia e a Arxentina, «reflectindo a través dos personaxes e acontecementos cousas, frases e pensamentos moi serios». A autora di que non ten nada de biográfica. «Eu –engade– quero divertirme ao mesmo tempo que escribo e sacar seres relucentes que non teñen nada que ver comigo».

   Hoxe, 8 de marzo, igual que calquera outro día, podiamos recomendar moitas lecturas, mais como temos esta presentación tan próxima en espazo e tempo, animávosvos a que vos acheguedes á sempre interesante literatura de María Xosé Queizán. Xa sabedes: Meu pai vaite matar

Para saberes máis: http://xerais.blogaliza.org/2012/03/08/%C2%ABmeu-pai-vaite-matar%C2%BB-de-maria-xose-queizan-%C2%ABunha-novela-sobre-a-ciencia-e-a-razon-contra-a-violencia%C2%BB/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: