IES Cacheiras- Concello de Teo: celebración conxunta do Día das Mulleres

8 Mar
Aurora Liste Forján

Aurora Liste Forján: a leiteira de Calo

   O 8 de marzo a partir das 19:30 horas no salón de plenos do Concello darase lectura a unha declaración institucional e celebrarase unha mesa redonda sobre “O traballo das mulleres: as leiteiras de Teo”, na que intervirá Luisa Múñoz, profesora do departamento de Historia Contemporánea da USC e de Ana Calvo, Dora e Fina Abeijón. Estas tres son mulleres con experiencia como leiteiras. O concelleiro de Benestar explica que se elixiu este tema dado que o traballo como leiteiras é “paradigmático do traballo feminino”. E permitiu nas décadas dos 40, 50 e 60 que moitas mulleres foran pequenas autónomas e “puideran acadar unha independencia económica” destaca Ignacio Iglesias. Nesta xornada tamén participa o IES Cacheiras. Dúas das súas alumnas, Paula Losada e Nerea López, presentarán o seu traballo sobre a figura de Aurora Liste Forján: “a leiteira de Calo”.

   Rosa Gómez Limia explicou na súa intervención en que consistirá a II Festa das mulleres e das asociacións que se celebrará o 9 de marzo na Casa Común de Rarís. Esta actividade naceu o ano pasado da man de Teenses pola Igualdade e segundo a presidenta da asociación “é unha festa para celebrar en pé de igualdade e afastarnos da idea de que sempre se destacan máis os temas negativos cando se fala de igualdade”. Este ano xa contan coa colaboración de 14 asociacións. Haberá unha merenda comunitaria e a continuación actuacións e unha mostra do traballo do movemento asociativo. Pechará a festa a cantante teense Loli Nogueira, moi coñecida despois do seu paso por un programa televisivo de ámbito estatal.

   Gómez Limia tamén anunciou a celebración dunha mesa redonda, organizada pola súa asociación, este venres 24 na Casa Común dos Tilos a partir das 20:00 horas co título “A encrucillada das mulleres ante a crise económica” na que participarán Laura Seara e Carmen Cagide.

   Rosa Gómez destacou que estamos lonxe da igualdade “mentres as mulleres non estean representadas en pé de igualdade e con naturalidade”. Pero apostou por seguir “recoñecendo o traballo das mulleres, ese traballo sutil e anónimo” e por buscar “a cooperación dos homes”.

   O programa de actos con motivo do oito de marzo do Concello de Teo pecharase coa excursión ás Termas de Outariz o 11 de marzo dirixida a mulleres maiores de 25 anos residentes en Teo. Para participar só teñen que anotarse no teléfono de Servizos Sociais 981 809 707 ata o próximo 2 de marzo.

Galería de fotos: 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: