Arquivo | 12:34

Meu pai vaite matar. Última novela de María Xosé Queizán

8 Mar

María Xosé Queizán

María Xosé Queizán vén de presentar en Compostela a súa última novela Meu pai vaite matar

   A escritora volveu onte á Libraría Couceiro (ás 20 horas), para presentar a súa última obra, unha novela editada por Xerais na que esculca os segredos máis ocultos dunha familia. A filla dunha parella de progres, ingresada na Policía Xudicial, atopa un día unhas pistas que a levan ata a Patagonia na procura do seu tío, protagonizando así unha novela de intriga, aventura e viaxes.

   A escritora aclarou que «esta novela xorde dunha viaxe –da que poñerei imaxes na presentación– que fixen hai máis dun ano a Terra de Fuego». Alí coñeceu un penal militar onde levaban aos criminais máis terribles, convertido agora en museo, que a deixou fascinada. María Xosé explica que a novela transita entre Galicia e a Arxentina, «reflectindo a través dos personaxes e acontecementos cousas, frases e pensamentos moi serios». A autora di que non ten nada de biográfica. «Eu –engade– quero divertirme ao mesmo tempo que escribo e sacar seres relucentes que non teñen nada que ver comigo».

   Hoxe, 8 de marzo, igual que calquera outro día, podiamos recomendar moitas lecturas, mais como temos esta presentación tan próxima en espazo e tempo, animávosvos a que vos acheguedes á sempre interesante literatura de María Xosé Queizán. Xa sabedes: Meu pai vaite matar

Para saberes máis: http://xerais.blogaliza.org/2012/03/08/%C2%ABmeu-pai-vaite-matar%C2%BB-de-maria-xose-queizan-%C2%ABunha-novela-sobre-a-ciencia-e-a-razon-contra-a-violencia%C2%BB/

IES Cacheiras- Concello de Teo: celebración conxunta do Día das Mulleres

8 Mar
Aurora Liste Forján

Aurora Liste Forján: a leiteira de Calo

   O 8 de marzo a partir das 19:30 horas no salón de plenos do Concello darase lectura a unha declaración institucional e celebrarase unha mesa redonda sobre “O traballo das mulleres: as leiteiras de Teo”, na que intervirá Luisa Múñoz, profesora do departamento de Historia Contemporánea da USC e de Ana Calvo, Dora e Fina Abeijón. Estas tres son mulleres con experiencia como leiteiras. O concelleiro de Benestar explica que se elixiu este tema dado que o traballo como leiteiras é “paradigmático do traballo feminino”. E permitiu nas décadas dos 40, 50 e 60 que moitas mulleres foran pequenas autónomas e “puideran acadar unha independencia económica” destaca Ignacio Iglesias. Nesta xornada tamén participa o IES Cacheiras. Dúas das súas alumnas, Paula Losada e Nerea López, presentarán o seu traballo sobre a figura de Aurora Liste Forján: “a leiteira de Calo”.

   Rosa Gómez Limia explicou na súa intervención en que consistirá a II Festa das mulleres e das asociacións que se celebrará o 9 de marzo na Casa Común de Rarís. Esta actividade naceu o ano pasado da man de Teenses pola Igualdade e segundo a presidenta da asociación “é unha festa para celebrar en pé de igualdade e afastarnos da idea de que sempre se destacan máis os temas negativos cando se fala de igualdade”. Este ano xa contan coa colaboración de 14 asociacións. Haberá unha merenda comunitaria e a continuación actuacións e unha mostra do traballo do movemento asociativo. Pechará a festa a cantante teense Loli Nogueira, moi coñecida despois do seu paso por un programa televisivo de ámbito estatal.

   Gómez Limia tamén anunciou a celebración dunha mesa redonda, organizada pola súa asociación, este venres 24 na Casa Común dos Tilos a partir das 20:00 horas co título “A encrucillada das mulleres ante a crise económica” na que participarán Laura Seara e Carmen Cagide.

   Rosa Gómez destacou que estamos lonxe da igualdade “mentres as mulleres non estean representadas en pé de igualdade e con naturalidade”. Pero apostou por seguir “recoñecendo o traballo das mulleres, ese traballo sutil e anónimo” e por buscar “a cooperación dos homes”.

   O programa de actos con motivo do oito de marzo do Concello de Teo pecharase coa excursión ás Termas de Outariz o 11 de marzo dirixida a mulleres maiores de 25 anos residentes en Teo. Para participar só teñen que anotarse no teléfono de Servizos Sociais 981 809 707 ata o próximo 2 de marzo.

Galería de fotos: 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Todos os días do ano, Día das Mulleres: 8 de marzo, sempre!

8 Mar

   A data do 8 de marzo foi instituída para reivindicar os dereitos das mulleres. Desde o punto de vista educativo, o 8 de marzo debe ser tamén unha data para reflexionarmos sobre a coeducación, sobre as estratexias para coeducar nas aulas, sobre os avances ou non na visibilización das mulleres, das nenas, na sociedade actual e o papel do ensino nese proceso.

   Imos deixar aquí unhas cantas ligazóns interesantes. Parabéns e feliz día.

1.- Unidade didáctica para secundaria. STEG

http://www.stegsindicato.org/UserFiles/Files/pdfs/muller/8_marzo/11_12/ud_8_marzo_secundaria.pdf

2.- Entrevista a Teresa Moure

http://vimeo.com/37939667

3.- Convocatoria concentracións. CIG

http://www.galizacig.com/avantar/

4.- Artigo Dioivo. Os sindicatos tradicionais perpetúan o patriarcado

http://www.dioivo.eu/

5.- Vigo contra a violencia de xénero

http://www.enlazavigo.com/