Foi onte, pero é cada día: Día Internacional das Linguas Maternas

22 Feb

   Aínda que desde aquí estamos ben pendentes de achegarvos información que vos poida interesar, ás veces non damos feito. Onte, 21 de febreiro, celebrouse o Día Internacional das Linguas Maternas, pero para quen considere, como nós consideramos, que a nosa lingua nai é unha raíz ben profunda que nos une á nosa terra, que é o cordón que nos liga máis alá da familia a unha comunidade orgullosa da súa forma de ser e pensar; e que é unha gran riqueza, para alén dun patrimonio que non podemos permitir que se vaia luíndo amodo; para quen iso pense, todos os días son o día da lingua materna.

   De nós depende que saibamos e queiramos darlle cada día un pulo forte ao galego, para que aguante atrancos e cambadelas, menosprezos e desleixos. Non vai abondar con que un día ao ano lle pasemos a man polo lombo e a agasallemos; non! Algo máis deberemos facer acotío. Desde o noso centro, botarémoslle ganas, forzas e tempo. Moita saúde para a nosa nai e para as nais de tantos outros pobos que queren e saben defender quen son. Parabéns a todas.

  Aquí vos deixamos un vídeo que nos chegou a través do facebook e que presenta a realidade lingüística da Comunidade Andina, cunha riqueza descoñecida para moitas de nós, e que nos lembra cal foi o motivo que fixo que a UNESCO, desde 1952, promovera a celebración en todo o mundo dun día adicado á protección e coidado do pluralismo lingüístico e da diversidade cultural. 

 REPORTAJE:: 21 de Febrero “Día Internacional de las Lenguas Maternas” Inauguración de la Jornada Intercultural “Fuente Original de la Palabra” Fecha: 21 de febrero del 2012

Lugar: Sala Bolívar de la Secretaría General de la Comunidad Andina, Lima – Perú

Este é só un exemplo; pero seguro que hai máis:http://www.youtube.com/watch?v=lNbcxyV5gZ8&feature=youtu.be

Tamén deixamos outra ligazón para que poidades velo e entrar no Atlas interactivo UNESCO de las lenguas del mundo en peligro:    http://www.unesco.org/culture/languages-atlas/es/atlasmap.html

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: