Houbo entroido e houbo atranques no IES Cacheiras

17 Feb

 

   Hoxe non foi un día calquera no IES Cacheiras. Hoxe foi día de festa e diversión. Nas aulas, no Salón de actos, no patio exterior, nas pistas… , houbo entroido por todas partes. Ademais, o tempo acompañou e o sol deulle moito lucimento a unha mañá de troula.

   Nas aulas, coma sempre, houbo moita creatividade e orixinalidade. O xurado non o tivo fácil, non! No Salón de actos foron sucedéndose as actuacións de alumnado e profesorado: cantouse, bailouse, soaron as trompetas dos mariachis e os disfraces luciron moito. Nas pistas cubertas, as coreografías e bailes deron para que todos os participantes o pasaran moi ben. E nas pistas descubertas, ao sol e presenciados por bancadas cheas de espectadores, José Leal, Suso Canicoba, Brais Botana e Hugo Leis deron uns atranques moi xeitosos. Non vai ser a última vez que a tradición e a cultura deste concello teñan espazo no noso centro ;=)

   Desde aquí e en nome da organización queremos darvos os parabéns a todos: comunidade educativa (alumnado, profesorado, conserxes -María e Fran-, persoal de limpeza -María, Otilia e Begoña-), protección civil (grazas á colaboración do Concello) e familiares dos alumnos que nos facilitaron as cousas para que á hora prevista (13,00) os xenerais entraran no centro e deran os atranques. Un millón a toda a xente que fixo posible este día.

   Deixámosvos unha pequena galería de fotos para que vexades como se divertiu o instituto este venres tan especial.

   Aaaaaaaaaaaaaaaaah! Non esquezades que aínda quedan entroido e atranques (Cacheiras, Teo…). Vémonos por alí. Bos atranques!

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: