Arquivo | 23:17

O colectivo “Marearte” convídanos a participar no IV Concurso Audiovisual

15 Feb

O grupo Marearte organiza unha nova edición do Festival Audiovisual Galego OlloBoi

As bases do concurso estipulan que:

  1. Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas nacidas ou residentes en Galicia, do eido educativo ou fóra do mesmo. Os participantes menores de 18 anos farano baixo a responsabilidade do seu titor legal.
  2. Aceptaranse traballos de vídeo-creación (curtametraxes, vídeo-denuncias, documentais…) de duración preferentemente non superior ós 10 minutos, que deberán estar aloxados nun servidor web: Vimeo, Youtube, DailyMotion
  3. A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso ou referencia ó idioma e á cultura galega, a responsabilidade medioambiental e social e o respecto ós dereitos dos animais. O xurado terá en conta que a autoría do traballo sexa non profesional.
  4. Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos sempre que non se presentaran en edicións anteriores do concurso.
  5. Os participantes consenten a divulgación dos seus traballos na rede, sempre co recoñecemento da súa autoría e dos seus dereitos.

 Para saberdes máis, podedes consultar as bases polo miúdo en Olloboi.com.

Teo participa xunto con Ames, Santiago e Rois na posta en marcha dun club de debate entre o alumnado de secundaria

15 Feb

liga debate“Deben os poderes públicos protexer e promover a diversidade lingüística?”

   Esta mañá recibimos a visita do responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello para nos informar de dous proxectos ben interesantes.

  Este que comentamos aquí, busca crear unha Liga de debate dirixida aos escolares de educación secundaria que contará con fases local, comarcal e galega. Vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO e mais ao de 1º de Bacharelato. Esperamos conseguir, polo menos, dous grupos que poidan presentarse e debateren arredor dun tema tan actual como necesario: “Deben os poderes públicos protexer e promover a diversidade lingüística?”

   Deixamos aquí toda a información, pero tamén a poderedes consultar no centro.

http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=888&lg=gal