Arquivo | Febreiro, 2012

Concello de Teo: Cursos de Informática

27 Feb

Novas do Concello:

Logo non podemos dicir que non haxa ofertas para formarnos e aprendermos. Aquí queda a info.

Concello de Teo organiza: Día das Mulleres

27 Feb

23/02/2012 – Novas do Concello

día das mulleresA PROGRAMACIÓN DO DÍA DA MULLER NO CONCELLO BUSCA VISIBILIZAR A IMPLICACIÓN REAL DOS HOMES NO TRABALLO DOMÉSTICO

   O concelleiro de Benestar e Igualdade, Ignacio Iglesias, presentou esta mañá o programa de actividades organizado con motivo do Día das Mulleres, que se celebra o oito de marzo. Na presentación estivo acompañado da presidenta de Teenses pola Igualdade, Rosa Gómez Limia, asociación que colabora co Concello xunto coa Asociación de Mulleres Rurais de Teo no deseño e realización destes actos.
 Se queredes botarlle un ollo á información completa, calcade aquí http://www.concellodeteo.com/imxd/noticias/doc/1330003855dias_das_mulleres_-_cartaz.pdf e ides ver o programa completo. Os actos comezan o día 3 -ese é o día en que tamén poderedes asistir ao concerto de Sés, no Centro Sociocultural da Ramallosa- e finalizan o 11.
   Parte do profesorado e do alumnado do IES Cacheiras vai colaborar e participar. Será moi agradable que nos poidamos ver eses días. Veña, lede o cartaz e participade.
   Vémonos ;=)

A Coruña mostra o mellor da obra pictórica de Isaac Díaz Pardo

26 Feb

   Pois si, o máis destacado da obra pictórica do histórico intelectual galego Isaac Díaz Pardo, falecido o pasado mes de xaneiro, exponse desde a tarde do día 23 na sede a Fundación Novacaixagalicia da Coruña nunha mostra que poderá visitarse ata o próximo 1 de maiohttp://www.galiciae.com/nova/153107.html

   Nós, aproveitando a boa nova, mergullámonos un pouco no océano dixital e encontramos unha moi boa ligazón ao pdf do número cero do Xornal Galicia, que en 2008 foi editado pola Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo como parte das accións de apoio contra o seu afastamento da dirección de Sargadelos. Aquí vos queda. Só tedes que calcar e ler:

http://grenlandia.files.wordpress.com/2012/01/xornalgalicia.pdf

Malos tempos para a nosa cultura. Nestes momentos, artigos valentes como o de Alfredo Ferreiro sacoden conciencias

26 Feb

  Desde logo, para moitas galegas e galegos, isto non vai ben; o país non vai ben e imos andando para atrás como fan os caranguexos (pateiros, na miña terra nai). Neste campo a barbeito, é moi gratificante  encontrar opinións críticas, discrepantes e ousadas; é esperanzador que haxa voces reflexivas que nos fagan tamén a nós pensar e afondar en todo o que está a pasar e no que nos están contando que vai vir, mentres a involución a a regresión botan raíces que logo vai ser difícil que poidamos cortar.

   Aquí vos deixamos o artigo, publicado onte en praza.com. Permitímonos facer un breve extracto: 

Minas por levantar- Alfredo Ferreiro

(…)  Ao tempo, ergo a vista e a crise da que non desexo falar mais da que non podo evitar escoitar arrastra cuestións moito máis relevantes que a perda paulatina de poder adquisitivo: a utilización desta falsa democracia para xustificar a explotación. Porque o máis grave non é errarmos a ruta, senón queimarmos as naves que nos han de levar a terras mellores. (…)

Para lerdes todo o artigo, calcade en http://praza.com/opinion/91/minas-por-levantar/

Temos lemas. Conciencia de lingua, esforzo e traballo

26 Feb

DO IES CACHEIRAS CURSO 2011-2012

     Van pasando os días e as semanas e vai chegar o momento de retirar a exposición dos traballos que realizou o alumnado de 1º e 3º da ESO con Montse Amigo. Nesta ocasión, o eixe temático era Crear un lema que reflectira a necesidade de fomentar a lingua de noso.

    O resultado foi verdadeiramente magnífico e nós decidimos sacalo ao corredor central do centro e expoñer os traballos -cerca de 30- e logo realizar un concurso. Dúas semanas despois de estaren expostas as obras, un xurado composto por alumnado e profesorado -Helena (2º Bach.) e Manu (1º ESO), Dolores (Dpto. Xeografía e Historia, profesora de Historia da arte) e eu mesma (María Pardo), en representación do EDNL- escolleu CINCO delas como as mellores. Foi complicado porque como veredes os traballos son moi bos.

   Polo de agora, imos subir todas as fotografías que temos da exposición (aínda falta algunha, porque non ten a calidade que debera) para que se visibilicen aínda máis. Ese é o noso desexo: que o traballo do IES Cacheiras poida ser visto fóra das nosas aulas e dos nosos espazos de exposición. Esperamos que gocedes botándolles unha ollada ;=)

O pase de diapositivas require JavaScript.

Foi onte, pero é cada día: Día Internacional das Linguas Maternas

22 Feb

   Aínda que desde aquí estamos ben pendentes de achegarvos información que vos poida interesar, ás veces non damos feito. Onte, 21 de febreiro, celebrouse o Día Internacional das Linguas Maternas, pero para quen considere, como nós consideramos, que a nosa lingua nai é unha raíz ben profunda que nos une á nosa terra, que é o cordón que nos liga máis alá da familia a unha comunidade orgullosa da súa forma de ser e pensar; e que é unha gran riqueza, para alén dun patrimonio que non podemos permitir que se vaia luíndo amodo; para quen iso pense, todos os días son o día da lingua materna.

   De nós depende que saibamos e queiramos darlle cada día un pulo forte ao galego, para que aguante atrancos e cambadelas, menosprezos e desleixos. Non vai abondar con que un día ao ano lle pasemos a man polo lombo e a agasallemos; non! Algo máis deberemos facer acotío. Desde o noso centro, botarémoslle ganas, forzas e tempo. Moita saúde para a nosa nai e para as nais de tantos outros pobos que queren e saben defender quen son. Parabéns a todas.

  Aquí vos deixamos un vídeo que nos chegou a través do facebook e que presenta a realidade lingüística da Comunidade Andina, cunha riqueza descoñecida para moitas de nós, e que nos lembra cal foi o motivo que fixo que a UNESCO, desde 1952, promovera a celebración en todo o mundo dun día adicado á protección e coidado do pluralismo lingüístico e da diversidade cultural. 

 REPORTAJE:: 21 de Febrero “Día Internacional de las Lenguas Maternas” Inauguración de la Jornada Intercultural “Fuente Original de la Palabra” Fecha: 21 de febrero del 2012

Lugar: Sala Bolívar de la Secretaría General de la Comunidad Andina, Lima – Perú

Este é só un exemplo; pero seguro que hai máis:http://www.youtube.com/watch?v=lNbcxyV5gZ8&feature=youtu.be

Tamén deixamos outra ligazón para que poidades velo e entrar no Atlas interactivo UNESCO de las lenguas del mundo en peligro:    http://www.unesco.org/culture/languages-atlas/es/atlasmap.html

Radiografía 2011: repaso da produción galega na novena arte, a danda deseñada

22 Feb

   Onte, en culturagalega.org, e hoxe, a través de Bibliotecarios de Teo, encontramos novas sobre a BD. Trátase o artigo:

REPASAMOS A PRODUCIóN GALEGA NA NOVENA ARTE

NO ANO QUE ACABA DE REMATAR

BD: Radiografía 2011

BD: Radiografía 2011

    A BD galega resiste ben a crise, mesmo medra. Máis títulos vencellados ao noso país, sexa por autores, lingua ou editores. Máis volumes impresos e unha presenza internacional máis variada destacan como factores a destacar. Canda a isto, a autoedición recupera pulo, nun sector que continúa a vivir maiormente de costas ás axudas públicas directas. Achegámosche os datos da banda deseñada de 2011 a partir do material que compilamos no noso soportal BD.

Para saberes todo, calca aquí: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20458

Desde culturagalega.org: REDESCUBRE CON NóS AS CELEBRACIóNS DE ENTROIDO EN GALICIA

21 Feb

REDESCUBRE CON NóS AS CELEBRACIóNS DE ENTROIDO EN GALICIA-Dosier: Entroido

   Neste martes, día grande do Entroido galego, recuperamos as reportaxes e especiais que Culturagalega.org realizou todos estes anos arredor desta celebración. As máscaras máis tradicionais, canda ás festas urbanas e aínda as recuperadas, coñece polo miúdo os máis variados aspectos desta festividade. Boas orquestas

Culturagalega.org: patrimonio

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20461&soportal=

Sobre os Xenerais da Ulla: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=5689

Sobre o Entroido en Cacheiras e Teo: http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=892&lg=gal

Os premios Goya recoñecen a animación galega. Engurras chega xa ás salas de cinema da cidade compostelá

21 Feb

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=_PjZxXFBIWU

   A Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España recoñeceu na gala que se celebrou a  noite do 19 con tres premios Goya dúas producións animadas realizadas no noso país e baseadas en cadansúa obra de banda deseñada. Birdboy, a curta de animación de Pedro Rivero e Alberto Vázquez a partir da BD deste autor levou o premio Goya nesta categoría. A Academia recoñeceu outra produción animada galega, Engurras, cos galardóns á mellor longametraxe de animación e mais ao mellor guión adaptado. Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Rosanna Cecchini e Paco Roca, autor valenciado da novela gráfica na que se basea o filme, recolleron este galardón.

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20451&soportal=avg,%20bd

http://galiciaconfidencial.com/nova/9736.html

http://ortegalendo.blogspot.com/2012/02/triunfo-nos-premios-goya-da-animacion.html

http://www.algecirasalminuto.com/index.php/noticias/cultura/31975-seccion-de-comic-arrugas-el-exito-continua

Actualizamos e melloramos a publicación da galería de fotos do noso blog

21 Feb

   Nestes días de entroidada e descanso, aproveitamos para mellorar e actualizar as fotografías daqueles actos e actividades que fomos facendo no centro desde comezos deste curso. Esperamos que vos gusten. Para velas, só tendes que ir á paxina de inicio do blog e calcar en Galería de fotos.

   Feliz Entroido!!

Centenario Celso Emilio Ferreiro: Ven e coñece a Celanova de Celso Emilio

21 Feb

VEN E COÑECE A CELANOVA DE CELSO EMILIO FERREIRO

   A Fundación Curros Enríquez presenta o programa de actividades literarias en Celanova para o 2012, ano do Centenario de Celso Emilio Ferreiro.
 A nosa proposta compaxina o estudio da vida e obra dos poetas e a lectura dalgunhas das súas composicións ao aire libre coa visita turística, dunha  forma variada, amena, didáctica e que aspira a romper a cotidianidade da aula. Trátase pois dun magnífico complemento á clase de galego ao mesmo tempo que, percorrendo os lugares de Castromao, Vilanova e Celanova se pode facer “Un paseo pola historia de Galicia”.

http://correo.edu.xunta.es/attach/ISO-8859-1/’/’Actividades%20Visita%20did%E1ctica.pdf?sid=&mbox=INBOX&uid=13849&number=7&filename=ISO-8859-1%27%27%2541%2563%2574%2569%2576%2569%2564%2561%2564%2565%2573%2520%2556%2569%2573%2569%2574%2561%2520%2564%2569%2564%25E1%2563%2574%2569%2563%2561%252E%2570%2564%2566

A CGEDNL tamén nos enviou unha interesante entrevista con José Manuel Vez

21 Feb

 José Manuel Vez, catedrático da USC e director do Observatorio Atrium Linguarum: ensinanza, aprendizaxe, avaliación das linguas, reflexiona e opina nesta entrevista sobre a actuación da Consellería de Educación ao implantar aos poucos os coñecidos como “centros plurilingües”.

   A entrevista realizouna a CGEDNL a partir da cuestión Sobre centros plurilingües: un modelo axeitado de educación lingüística para Galiza? Podedes lela en:

http://correo.edu.xunta.es/attach/Entrevista%20a%20Jos%C3%A9%20Manuel%20Vez%20Centros%20pluriling%C3%BCes.pdf?sid=&mbox=INBOX&uid=13835&number=4&filename=Entrevista%20a%20Jos%E9%20Manuel%20Vez%20Centros%20pluriling%FCes.pdf

A CGANDL segue a traballar e remítenos un texto necesario: Por un plurilingüismo inclusivo

21 Feb

   Desde a CGENDL vivimos con fonda preocupación a deriva do noso sistema educativo enganchado atrás dun Decreto de Centros Plurilingües que non é máis ca unha extensión do Decreto do Plurilingüismo (D. 79/2010), co que a administración, ademais de atentar gravemente contra a promoción da nosa lingua no ensino, pon en perigo, entre outras cousas, a competencia lingüística xeral do alumnado. No II Encontro de equipos e docentes pola normalización tratamos o tema e presentamos os documentos que se anexan, que precisan unha lectura demorada pero necesaria, e que tamén atoparedes en  http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo .

   Para lerdes Por un plurilingüismo inclusivo, calcade aquí

 http://correo.edu.xunta.es/attach/Por_un_pluriling%C3%BCismo_inclusivo.pdf

Xerais mándanos información: Catálogo de Lecturas Xuvenís

21 Feb

   Xerais ven de publicar un Catálogo de Lecturas Xuvenís que pensamos pode ser do seu interese. Neste catálogo, de 96 páxinas e impreso a cor, ofrecemos unha selección dos títulos das diversas coleccións de Xerais de carácter xuvenil: Fóra de Xogo, Xabaril, Milmanda, Megatoxos, Tintimán… Ordenamos os títulos utilizando criterios temáticos: Aventura, Ciencia Ficción, Fantasía, Historia, Medo, Misterio, Mocidade, Policial e Social.

   Incluímos tanto novela como relatos, fosen de autoría galega como traducións doutras linguas. Salientamos aqueles títulos que conforman series: Brindo de Ouro, Dragal, Elfos, Flanagan, Maniáticos, Megatoxos, Poderosa, Señor dos Aneis, Tintimán… Por último fixemos unha selección de títulos de Poesía, Teatro e Biografías coa intención de abranguer a totalidade de xéneros literarios.

 


Houbo entroido e houbo atranques no IES Cacheiras

17 Feb

 

   Hoxe non foi un día calquera no IES Cacheiras. Hoxe foi día de festa e diversión. Nas aulas, no Salón de actos, no patio exterior, nas pistas… , houbo entroido por todas partes. Ademais, o tempo acompañou e o sol deulle moito lucimento a unha mañá de troula.

   Nas aulas, coma sempre, houbo moita creatividade e orixinalidade. O xurado non o tivo fácil, non! No Salón de actos foron sucedéndose as actuacións de alumnado e profesorado: cantouse, bailouse, soaron as trompetas dos mariachis e os disfraces luciron moito. Nas pistas cubertas, as coreografías e bailes deron para que todos os participantes o pasaran moi ben. E nas pistas descubertas, ao sol e presenciados por bancadas cheas de espectadores, José Leal, Suso Canicoba, Brais Botana e Hugo Leis deron uns atranques moi xeitosos. Non vai ser a última vez que a tradición e a cultura deste concello teñan espazo no noso centro ;=)

   Desde aquí e en nome da organización queremos darvos os parabéns a todos: comunidade educativa (alumnado, profesorado, conserxes -María e Fran-, persoal de limpeza -María, Otilia e Begoña-), protección civil (grazas á colaboración do Concello) e familiares dos alumnos que nos facilitaron as cousas para que á hora prevista (13,00) os xenerais entraran no centro e deran os atranques. Un millón a toda a xente que fixo posible este día.

   Deixámosvos unha pequena galería de fotos para que vexades como se divertiu o instituto este venres tan especial.

   Aaaaaaaaaaaaaaaaah! Non esquezades que aínda quedan entroido e atranques (Cacheiras, Teo…). Vémonos por alí. Bos atranques!

 

O pase de diapositivas require JavaScript.