Arquivo | 22:53

Está sendo: Festival de apoio aos servizos públicos de Ames

27 Xan

   Pois si. Está sendo. Finalmente non puiden ir, pero espero e desexo que sexa un éxito. Se non actuamos e o facemos en solidariedade, mal nos vai ir.

  Podes seguir esta e máis informacións no blog: http://recortesenames.blogspot.com, pero tamén os podes seguir en facebook: http://gl-es.facebook.com/people/Recortes-Ames/100003141267442

E seghimos con boas novas. Volven Os Heredeiros da Crus. Festa!!!

27 Xan

-

  Si, si! Despois de oito anos…o reghreso ;=)

 Vai ser o tres de marso, en Ordes. Macroconserto do ghrupo de Ribeira e despois, a mover a sapatilla por todo o país. Para saberes máis: http://www.airapro.com/2012/01/heredeiros-da-crus-volven-aos.html

 Tamén podes consultar a páxina ofisial do ghupo: http://www.heredeirosdacrus.com/

A ti tamén che vai gustar Dioivo. Non todo van ser malas novas

27 Xan

Que é, que é Dioivo?

   Un medio de comunicación dixital e en galego. Alguén non estrañaba un medio así? Velaquí os vídeos da promo: http://youtu.be/Sk4jCymACP8    http://youtu.be/80bLJNWPYtU    http://youtu.be/HD0FXjg3YMo

Pero vós quen sodes, loh? 

Aínda que estamos máis afeitos a formular preguntas que a respondelas, dicir quen somos é ben sinxelo. Somos unha presada de mulleres e homes aínda apaixonados pola súa profesión. Axúntanos a experiencia de anos nos medios de comunicación galegos, unha visión compartida deste país e o afán por impedir que a crise das empresas xornalísticas bote terra sobre un nobre oficio, o de contar e contrariar, que nunca, coma hoxe, foi tan necesario. Dioivo é, en realidade, unha Unión Temporal de Xornalistas; unha folla dixital mutante, con alma de panfleto; un clúster de exiliados da prensa tradicional, con afán de desfogar e tecer redes de colaboración para o futuro, aquí, nesta plataforma espontánea, ou noutro lugar. Poida que a nosa aventura sexa tan arroutada e efémera coma o propio diovio. Pero agora que estamos, e que nos puxemos dacordo, imos facer que chova o mar chovido. Abofé! dioivo.eu

Filmes on line

27 Xan

Se quiserem ver mais cinema português, neste site podem fazer pesquisas: http://filmesportugueses.com

Guimarães, Capital Europeia da Cultura

27 Xan

Saibam tudo sobre o que nos oferece Guimarães em 2012: http://aeiou.visao.pt/saiba-tudo-sobre-guimaraes-2012-capital-europeia-da-cultura=f643374

Vejam também a galeria de fotografias: http://aeiou.visao.pt/fotos-o-estrondoso-arranque-de-guimaraes-2012=f643528

Do forró ao fado: é possível

27 Xan

  Hoje apresentamos uma versão da conhecida música  Ai, se eu te pego. Se criam que era impossível fazer fado a partir de forró, eis um exemplo: http://youtu.be/9rB7pB-bksI (para muitos, a melhor versão da música do Teló). Ouçam e digam lá qual preferem ;=)

Velaquí queda unha boa e necesaria iniciativa da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega

27 Xan

Hoxe recibín, desde Lilith Mulleres, información sobre unha nova iniciativa da Comisión de Igualdade do CdaCG. Compártoa http://www.dehistoria.net/?p=376

O cinema de animación dános alegrías coma esta

27 Xan

Engurras

http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=10444&busca=Engurras

   A produtora coruñesa Perro Verde Films e a Televisión de Galicia presentaron onte en Santiago de Compostela a longametraxe de animación “Engurras“, película participada pola TVG, que se estreará nos cines de toda España o vindeiro 27 de xaneiro. A adaptación ao cine do aclamado cómic do mesmo título de Paco Roca, que obtivo o Premio Nacional do Cómic en 2008, é candidata aos Premios Goya nas categorías de mellor película de animación e mellor guión adaptación e está seleccionada para os próximos Premios Óscar.

   O filme, dirixido por Ignacio Ferreras e que supón unha reflexión sobre a soidade na vellez, mestura a tenrura, o sarcasmo e o humor para narrar a historia de profunda amizade entre Emilio, un director de banco xubilado enfermo de Alzhéimer, e o pícaro Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico que loitan por seguir activos e non rematar as súas vidas na temida planta dos asistidos.

   Na rolda de prensa posterior á proxección desta adaptación cinematográfica, a directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, explicou que “se trata dun proxecto en que a TVG non podía deixar de estar, xa que encaixa á perfección co espírito de servizo público do que somos referencia e que defendemos a cotío fronte a outro tipo de valores”. Segundo Rosa Vilas, o apoio a esta película, “que non deixará indiferente a ninguén”, supón un exemplo máis de que “a Televisión de Galicia non deixará de apostar polo audiovisual galego porque é, foi e será o seu motor”.

Pola súa parte, o director de “Engurras”, Ignacio Ferreras, asegurou que “podes pasar unha vida buscando un material ou unha historia así”. O cineasta amosouse moi contento de que o material chegase ás súas mans e expresou o seu desexo de que “lle fixeramos xustiza”.

   En espera da sorte que corra nos Goya e nos Óscar, os produtores da película pretenden chegar a outros mercados, como o xaponés. “Faríanos moita ilusión chegar ao mercado xaponés, que é moi particular”, destacou o produtor do filme, Manuel Cristóbal, quen asegurou tamén que esperan “obter un bo resultado nos cines logo da boa acollida que tivo a cinta tras a súa presentación no Festival de Cinema de San Sebastián”.

Filmes de ficção, documentários, animações e vídeos experimentais

27 Xan

Para verem cinema…

http://www.fluxusonline.com/2011/gallery.php

Vitaminas para o galego, porque en tempos de mala saúde xorden bos remedios

27 Xan

Botádelle un ollo a isto  http://www.verkami.com/projects/1040-vitaminas-para-o-galego

Vitaminas para o galego

Morreu Xosé Manuel Seivane, un dos mestres da gaita

27 Xan

   A música galega está de loito. Segundo informou a familia, D. Xosé Manuel Seivane Rivas, precursor da modernización da gaita e referente dunha familia de artesáns deste instrumento, finou esta mañá en Cambre. Con el morre unha parte da historia deste instrumento que, en boa medida, simboliza a nosa terra; pero a súa pegada, o seu traballo -recoñecido dentro e fóra de Galiza- e a herdanza que nos deixa nos seus, garántennos melodías que combinarán a tradición e a modernidade.

   Desde aquí, transmitímoslle á familia o noso pesar e recollemos algunhas informacións sobre esta figura esencial da nosa música.

http://galiciaconfidencial.com/nova/9510.html Aquí encontraredes, ademais da información sobre o seu pasamento, un vídeo moi interesante onde o propio artesán e músico fala do seu oficio e de cales foron os motores do seu traballo.

http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/morre-o-patriarca-dos-seivane-aos-90-anos/20120127133906015246.html

Seivane en el obradoiro de gaitas  /  Quintana

Se queredes saber máis sobre o obradoiro onde, con esmero, traballan os seus: http://www.seivane.es

Máis: http://youtu.be/oqyDMVTQgkAhttp://youtu.be/2s-daHGZykY