Arquivo | 21:22

Ai se eu te pego! Forró brasileiro

16 Xan

Está na moda. Foi a música do Natal. A gente sabe toda como é que se dança… e dança.

Esta popular música do Michel Teló faz parte da tradicional música brasileira nordestina. É muito conhecida, a gente adora e há quem diga que no Brasil é mais popular do que o samba. Chama-se de várias maneiras: forró, forrobodó, arrasta-pé… Sei lá, tantos nomes…!

Vamos saber mais: http://pt.wikipedia.org/wiki/Forr%C3%B3

Também podem ouvir outros cantores brasileiros: http://www.forrobrasileiro.com.br/

A CGEDNL fai público o seu pésame polo pasamento de Isaac Díaz Pardo

16 Xan

   Remitimos a nota de pésame pola morte de don Isaac Díaz Pardo, que nos deixou naquel mesmo día. O seu compromiso coa cultura galega, que tomou corpo en numerosos e decisivos proxectos para o país, é tamén un exemplo para os Equipos de entrega xenerosa pola lingua.

http://correo.edu.xunta.es/attach/Pasamento%20de%20Isaac%20D%C3%ADaz%20Pardo%20CGENDL.pdf?sid=&mbox=INBOX&uid=13429&number=5&filename=Pasamento%20de%20Isaac%20D%EDaz%20Pardo%20CGENDL.pdf

A CGENDL fai unha valoración da xestión de Anxo Lorenzo

16 Xan

   O pasado 5 de xaneiro, a CGENDL fixo pública a través da súa páxina web e as redes sociais, así como cunha nota de prensa enviada aos medios, unha valoración da xestión do Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, tras o anuncio da súa marcha deste departamento (vid. documento anexo).

   Deste modo, a Coordinadora fixo balance dun labor que cualifica de “nefasto” pois estivo marcado pola adopción de medidas lesivas para a lingua en diferentes ámbitos, nomeadamente no ensino. Así mesmo, no que se refire aos EDLG, denunciouse unha vez máis o abandono dos Equipos, que, ademais doutras graves eivas, seguen sen contar coa convocatoria de axudas para o curso 2011-2012 e aínda non percibiron o importe correspondente ao ano 2011 da convocatoria anterior. A CGENDL trasladaralle estas e outras demandas ao novo responsable da SXPL, Valentín García, a quen xa se lle solicitou unha reunión.

   O documento anexo pode lerse aquí:

http://correo.edu.xunta.es/attach/Valoraci%C3%B3n%20da%20xesti%C3%B3n%20do%20Secretario%20Xeral%20de%20PL%20por%20parte%20da%20CGENDL.pdf?sid=&mbox=INBOX&uid=13429&number=4&filename=Valoraci%F3n%20da%20xesti%F3n%20do%20Secretario%20Xeral%20de%20PL%20por%20parte%20da%20CGENDL.pdf