Arquivo | 18:49

Premios aos proxectos de innovación en dinamización lingüística.

12 Xan

   O pasado mércores, 4 de xaneiro, publicouse no DOG a Resolución do 16 de decembro de 2011 pola que se conceden os premios aos proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da consellería para desenvolver no curso académico 2011-2012 . Pódese consultar premendo aquí.

Os cinco proxectos premiados este curso foron:

Proxecto de innovación «A elaboración do viño na Ribeira Sacra», CPI Dr. López Suárez. O Saviñao, Lugo.
Proxecto de innovación do IES Félix Muriel. Rianxo, A Coruña.
Proxecto de innovación «Máis galego. Tecendo redes» do IES Rodeira. Cangas, Pontevedra.
Proxecto de innovación «Modelo Burela» do IES Perdouro. Burela, Lugo.
Proxecto de innovación do IES As Bizocas. O Grove, Pontevedra.

Parabéns a todos eles.

Cantos na Maré. Músicas da lusofonia em Pontevedra

12 Xan

   O Pazo da Cultura de Pontevedra celebra o 14 de xaneiro ás 21:00h a novena edición do máis importante festival internacional da lusofonía. Un festival co que Ponte…nas ondas! vén colaborando desde os seus comezos. Compartirán escenario figuras consagradas e talentos emerxentes das músicas do mundo, nunha noite na que soarán fado, morna, música popular brasileira e canción de autor galega.

   Cantos na Maré e unha produción de Nordesía co patrocinio do Concello de Pontevedra e a colaboración de Agadic e Novacaixagalicia. Uxía Senlle admitiu que, chegados á novena edición, “é difícil seguir sorprendendo, pero imos tratar de facelo unha vez máis”. Cantos na Maré é para a cantante e directora artística do evento “unha aposta polo contacto, o intercambio, a fusión, a investigación das raíces comúns. É unha oportunidade para reflexionar sobre a nosa identidade”.

   Se queres saber máis: http://www.pontenasondas.org/es/component/content/article/80-outras-novas-de-interese/188-cantos-na-mare-volve-o-proximo-14-de-xaneiro-a-pontevedra

Cantos na maré con Carlos do Carmos, Mayra Andrade, Socorro Lira e Xoán Curiel