Arquivo | 14:28

Helena Villar Janeiro lémbranos que Díaz Pardo non sempre estivo tan arroupado

6 Xan

   É ben cero o que corre pola rede: “agora vanlle saír novas amizades a Isaac Díaz Pardo e vánselle facer homenaxes, panexíricos e loubanzas.” Por iso e mais porque admiramos a este artista, a este home con memoria (memoria do que foi, do que puido ser e do que chegou a ser esta nosa terra), recollemos aquí un fermoso documento da nosa escritora Helena Villar Janeiro que se titula CARTA SOLIDARIA ENVIADA A ISAAC DÍAZ PARDO NOS SEUS DÍAS DE DESGRAZA. SÍRVALLE DE HOMENAXE NO SEU PASAMENTO

http://tirardofio.wordpress.com/2012/01/05/carta-solidaria-enviada-a-isaac-diaz-pardo-nos-seus-dias-de-desgraza-sirvalle-de-homenaxe-no-seu-pasamento/

Fran Alonso ofrécenos no seu blog dous textos como homenaxe a Díaz Pardo

6 Xan

   O coñecido escritor Fran Alonso fai no seu blog -cabrafanada- a súa persoal homenaxe a este galego que moita xente descubrirá a partir de agora. Son dous textos que o propio Alonso escribiu sobre Díaz Pardo. Velaquí os podedes encontrar: http://cabrafanadablog.blogspot.com/2012/01/mina-homenaxe-isaac-dous-textos-sobre.html

A WEB DE FRAN ALONSO

Kalandraka e Celso Emilio Ferreiro (no ano do seu centenario)

6 Xan

   No blog k de Kalandraka encontraredes unha necesaria achega á obra de Celso Emilio Ferreiro. Tamén se recolle nel unha semblanza trazada por Ramón Nicolás sobre o autor de libros tan emblemáticos como “O soño sulagado”, “Longa noite de pedra” ou “Viaxe ao país dos ananos”. Para verdes a entrada completa, calcade aquí http://www.kalandraka.com/blog/2012/01/04/centenario-de-celso-emilio-ferreiro/

O soño dun pobo, o pobo de Isaac

6 Xan

O soño dun pobo, o pobo de Isaac é un artigo que corre pola rede desde onte. Parécenos bo achegalo a este espazo. Adeus, Isaac.

 http://unpaisenlata.wordpress.com/2012/01/05/o-sono-dun-pobo-o-pobo-de-isaac/

Isaac Díaz Pardo. Unha breve biografía

6 Xan

Na BVG podemos encontrar datos interesantes sobre a vida e a obra deste incansable emprendedor e loitador. http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=IsaD%EDaz&alias=Isaac+D%EDaz+Pardo&solapa=biografia

Unha pequena mostra do documental Isaac

6 Xan

  Isaac é un documental de cincuenta e cinco minutos que conta o pensamento e os sentimentos de Isaac Díaz Pardo sobre unha boa parte dos acontecementos do século XX, do que vai do XXI e mais da vida que lle tocou vivir.

http://youtu.be/WVVxrlqZXjw