Arquivo | 14:13

A CRTVG informa sobre o pasamento de Isaac Díaz Pardo e anuncia a programación especial que hoxe dedica a este ilustre galeguista

5 Xan

http://www.crtvg.es/tvg/informativos/o-intelectual-galeguista-isaac-diaz-pardo-faleceu-hoxe-na-coruna-os-91-anos-de-idade#.TwWvbNTj52A

http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/programacion-especial-da-tvg-e-da-radio-galega-dedicada-a-isaac-diaz-pardo

Programa de actos que a Xunta de Galicia vai promover ao longo de 2012 en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

5 Xan

http://www.culturagalega.info/nota/7765

O disco SÓS, da artista galega Mercedes Peón, foi elixido o quinto mellor do mundo dentro de xénero da música étnica

5 Xan

   Boas novas para Mercedes Peón, mais tamén para a música galega http://www.culturagalega.info/nota/7766

  Parabéns 😉

AGAL lamenta a morte de Díaz Pardo

5 Xan

http://www.pglingua.org/agal/info-agal/4692-agal-lamenta-o-falecimento-de-isaac-diaz-pardo-e-chama-a-se-inspirar-no-seu-compromisso

Máis sobre Díaz Pardo

5 Xan

Podiamos encher páxinas e páxinas; agora deixámosvos estas ligazóns para que coñezades algunhas reaccións, valoracións e mesmo accións relacionadas co pasamento de Isaac Díaz Pardo.

http://www.editorialgalaxia.es/actualidade/nova.php?id_noticia=1810

http://www.editorialgalaxia.es/actualidade/nova.php?id_noticia=1811

http://xerais.blogaliza.org/

http://www.facebook.com/profile.php?id=100000442172054&sk=wall

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/mendez-ferrin-chama-cidadania-facerlle-unha-homenaxe-civica/idEdicion-2012-01-05/idNoticia-721373/

http://www.galiciahoxe.com/portada/gh/as-universidades-destacan-compromiso-do-loitador-incansable-magnifico-pensador/idEdicion-2012-01-05/idNoticia-721367/

http://www.galiciae.com/nova/141936.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/sada-decretara-dos-dias-luto-muerte-intelectual/idEdicion-2012-01-05/idNoticia-721370/

http://www.elcorreogallego.es/fotos/ecg/isaac-diaz-pardo-vida-imagenes/idGaleria-5132/?int1=721352

 

A Coordinadora de Traballadoras/-es de Normalización da Lingua fai unha valoración do legado de Anxo Lorenzo á fronte da Secretaría Xeral de Política Lingüística

5 Xan

http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=921&desc=anxo_lorenzo_deixa_a_secretaria_xeral_de_politica_linguistica

Anxo Lorenzo deixa a Secretaría Xeral de Política Lingüística

Historias de Vida: Isaac Díaz Pardo

5 Xan
   No facebook do Museo Do Pobo Galego podemos ler:
   Con grande pesar participamos a nova do falecemento de Isaac Díaz Pardo, presindente do Padroado do Museo do Pobo Galego ate maio de 2011. Con el desaparece talvez o derradeiro representante dunha xeración de intelectuais e emprendedores galeguistas que marcaron a historia de Galicia no século XX.
   Ademais déixannos este testemuño da vida do galeguista http://youtu.be/Wa0eDBm0U9o

Sae a orde de axudas ao galego nos concellos tras o peche de 15 servizos de normalización

5 Xan

  A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia a orde de subvencións do 16 de decembro de 2011 dirixida a entidades locais de Galicia para a promoción do uso do galego no ámbito rural. Segundo explicou a Xunta, esta convocatoria de axudas para as entidades poboacionais de 3.000 ou máis habitantes ten como obxectivos prioritarios desenvolver a prestación dun servizo lingüístico local e favorecer o desenvolvemento de programas de dinamización do galego.

   A orde aparace despois de reiteradas denuncias de retrasos da Coordinadora de Traballadores de Normalización dá Lingua (CTNL), o cal desembocou no peche de servizos de normalización lingüística nun total de quince concellos. Primeiro foron os de  Dodro, O Barco de Valdeorras e Quiroga, e despois, segundo denunciou a CTNL, os de Aranga, Arzúa, Barreiros, Cabana de Bergantiños, Cariño, Cerceda, Malpica, Mesía, Monfero, Santiso, Vilasantar e Zas.

   A CTNL achacaba esta situación á “eliminación das axudas” por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e á “tardanza na nova e minguada convocatoria” por parte da Deputación de A Coruña.

   A orde publicada o mércores consta de catro modalidades de axuda. En concreto, a primeira e a segunda están dirixidas a crear un servizo lingüístico a través da contratación de persoal técnico, nun caso para o concello e no outro para un agrupamento de concellos. As entidades locais que xa teñan un servizo lingüístico en funcionamento e queiran mantelo ou reforzalo poderán solicitar a terceira modalidade de axudas.

   Finalmente, a cuarta liña de subvención irá destinada a aqueles concellos que, a pesar de non contar con servizo lingüístico, tamén levan a cabo programas de dinamización do uso do galego.  A orde de axudas está dotada cunha contía de 520.000 euros e poderán beneficiarse dela as actividades realizadas dende o 1 de xaneiro de 2011 e ata o 15 de outubro de 2012, o que permite imputar o gasto do pasado ano, afectado pola anulación da orde de axudas do 4 de marzo.

Calendario das PAU (probas de acceso á universidade)

5 Xan

   A CIUG vén de enviar o calendario das PAU aos centros de ensino. Aquí queda a info para todo o alumnado de 2º de Bacharelato. http://correo.edu.xunta.es/attach/CALENDARIO%20PAU%202012%20centros.doc?sid=&mbox=INBOX&uid=13300&number=5&filename=CALENDARIO%20PAU%202012%20centros.doc

Adeus, don Isaac Díaz Pardo

5 Xan

  Estamos de loito e o galeguismo tamén o está. Porén, non quedamos orfos de todo porque este intelectual resistente, pintor, ceramista…deixa moitísimo de si entre nós. Foron tantas as iniciativas que puxo en marcha, que desde aquí só podemos manifestar a nosa admiración e, sobre todo, a nosa gratitude (Seminario de Estudos Galegos, Sada, Laboratorio de Formas, Sargadelos, Maside, Edicións do Castro…).

   Calquera pode lembralo, amable, atento e sorrinte, na galería Sargadelos de Compostela. Gustaba moito de falar coa xente, mais tamén de observar calado, pasear pola galería coas mans nos petos e de repente aconsellar aos curiosos e visitantes. Din os que o coñeceron e trataron que era un grande amigo dos seus amigos e que tiña un gran corazón; tamén moito xenio e manías.

    A suma de todo iso era Díaz Pardo, que ficará sempre na nosa memoria. Como docentes, o que lle debemos é dar a coñecer en profundidade a súa figura e o seu amplo labor sen esperar a que lle dediquen xornadas ou anos. Como mulleres e homes bos e xenerosos, mandar unha aperta e un bico aos que estiveron con el sempre.

    Se queres ler máis, http://www.galiciaconfidencial.com/nova/9326.html, http://axendaaelg.blogaliza.org/2012/01/05/falece-isaac-diaz-pardo/,http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/muere-isaac-diaz-pardo/idEdicion-2012-01-05/idNoticia-721352/http://www.crtvg.es/tvg/informativos/o-intelectual-galeguista-isaac-diaz-pardo-faleceu-hoxe-na-coruna-os-91-anos-de-idade#.TwWBYdTj52A