Arquivo | Xaneiro, 2012

Entroido no IES de Cacheiras: convocatorias

28 Xan

  Xa vai acabar xaneiro e entramos no mes do entroido. Estamos nunha bisbarra na que esta festa está ben arraigada e o noso centro non perdeu ano para celebrala por todo o alto. Este ano non vai ser diferente. Adiantámosvos o que imos ter (xa se trataron estes temas na xunta de delegad@s convocada a semana pasada):

– Performances e disfraces nas aulas.

– Festival.

– Música en directo.

  Pero ademais, este ano queremos medrar e organizar, desde xa, máis actividades nas que toda a comunidade poderá participar (iso esperamos!), gozar e divertirse.

Non te atranques. Recolleita por escrito de atranques dos anos anteriores (empezando no ano que se queira) e elaboración dun mural que estará exposto no instituto.

a.- O alumnado que se apunte, recollerá polo menos un atranque (con data, sempre que sexa posible) e mandarao ao correo mpfernandez@edu.xunta.es ou entregarao ás integrantes do EDNL e da Vicedirección (Sabela, Inés, Puri, María). Estaría moi ben conseguirmos un atranque por aula!

b.- Entre o alumnado participante e nosoutras, elaboraremos un xeitoso mural que se expoñerá no centro desde antes das festas de Entroido ata primeiros de marzo.

c.- Mentres, unhas cantas parellas, formadas polo alumnado que se anote, prepararán os seus atranques para faceren unha mostra no Salón de Actos do centro o venres antes da ponte de entroido (formando parte do festival).

d.- Sendo moi ambiciosas e contando unha vez máis coa participación do alumnado, intentaremos contar coa presenza no instituto dun Xeneral e un Correo que, dacabalo, adianten algo do repertorio deste ano. 

Nun futuro, parte dese material será empregado desde o EDNL para a elaboración dun almanaque que faremos para o vindeiro curso (12-13) e que servirá para poñer á venda e poder ir financiando actividades que se vaian propoñendo.

Así se disfrazaron… me disfracei. Como se disfrazaron as avoas e os avós, as nais e os pais ou o noso alumnado hai anos?  Selección e organización de fotos traídas polo alumnado do centro para, tamén, facermos un divertido e vistoso mural.

a.- Tamén neste caso, o alumnado que se apunte debe aportar unha ou máis fotos de familiares da casa disfrazados para o entroido que fora (coa nao, sempre que poida saberse).

b.- Se as fotos están dixitalizadas, mándanse ao correo que indicamos anteriormente; se se poden traer as orixinais ao centro, comprometémonos a coidalas e preservalas de calquera estrago. Neste caso, entregaranse ás integrantes da Vicedirección e do EDNL.

c.- Preferiranse fotos de anos anteriores á chegada do alumnado ao centro (da gardería, do colexio, coas amizades fóra do centro…)

d.- Segundo o material aportado, crearíanse varias modalidades: avoas-avós, nais-pais, alumnas-alumnos. Xa ordenadas, elaborarase outro mural que permanecerá exposto no centro durante un mes.

Como no caso anterior, nun futuro, parte dese material será empregado desde o EDNL para ilustrar o almanaque do vindeiro curso (12-13).

Receitas de Entroido (cousiñas ricas…) e telderetes de venda de filloas, orellas, flores… (…cousiñas de comer)Recolleita de receitas das lambetadas máis típicas do Entroido en Teo e mais daqueles pratos que se comen antes da chegada da primavera, pero sobre todo cadrando co entroido.

O alumnado que queira participar, pode facelo de dúas maneiras:

a.- traendo só a receita escrita  (alumnado de 1º, 2º, 3º da ESO e mais 1º e 2º de Bacharelato) 

b.- traendo a receita escrita e mais unha cantidade de orellas, filloas, flores… (4º da ESO) para venderen no instituto.

Neste segundo caso, a Vicedirección e o EDNL poñerán todo da súa parte para montar no centro uns telderetes onde toda a comunidade educativa poida colaborar co alumnado de 4º da ESO, comprando o que desexe e saboreando bos peperetes.

As receitas expoñeranse, coma en outono, na Cafetaría e gardaranse para ser publicadas na revista do centro, A Eira dos Mouros, xunto coas que nos quedan por pedir.

  Ben. Xa vedes, só necesitamos colaboración. Para conseguila, o Xefe de Estudos xa convocou a xunta de delegad@s para este luns, día 30 de xaneiro. Lembrádevos de asistir! Sen vós non podemos mellorar!!!

Lugar: aula de 1º Bacharelato A

Hora: 2º recreo

Sede puntuais, por favor. Un millón ;=)

30 de xaneiro. Día Escolar da Paz e da Non Violencia

28 Xan

   Faltan dous días, pero no instituto xa temos preparada a exposición na que colaboraron o profesorado e o alumnado do centro. Non perdades a oportunidade de vela e de reparardes no seu contido.

O pase de diapositivas require JavaScript.

   Por que o 30 de xaneiro?

  O DENIP declarouse por primeira vez en 1964. Xurdiu dunha iniciativa pioneira, non gubernamental, independiente e voluntaria de Educación No-violenta y Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. O día 30 de xaneiro conmemórase ademais a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

  O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación y Ciencia, mediante a Orde Minis.terial do 29 de novembro de 1976.

 Esta celebración vai ser unha oportunidade máis de contribuír a que os centros de ensino sexan instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e ou relixión.

  Deixámosvos algunhas ligazóns:

Seminario Galego de Educación para a Paz

http://www.sgep.org

https://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/

 Día Escolar de la Paz y la No Violencia en educacionenvalores.ogr

. Enrédate. Unicef
www.enredate.org/

· Sedupaz. Seminario de Educación para la Paz-APDH.
http://sedupaz.pangea.org/

· Seminario de Educación para la Paz de las Comarcas de Tarragona
http://www.fut.es/ agr/bienve.htm

· Edualter. Iniciativa de coordinación e información sobre Educación para la Paz en Internet
http://www.pangea.org/edualter/

· CIP. Centro de Investigaciones por la Paz. Madrid
http://www.fuhem.es/cip-ecosocial/noticias.aspx?v=8938&n=0

· AMNISTÍA INTERNACIONAL (AI)
http://www.es.amnesty.org/

· Escuela cultura de Paz
http://escuelaculturadepaz.org/

     

Sigam lusopatia.wordpress.com

28 Xan

   Ó turma de português, minhas crianças! Bons conselhos são boas ideias. Sigam o blogue lusopatia porque lá vão achar artigos com conteúdos úteis e muito bem elaborados: falsos amigos, pronúncia, escrita, léxico… (tudo em Fonética, Ortografia, Para aprendermos mais). Vá lá! Não demorem e mergulhem-se!   

Xenerais da Ulla. Entroido tradicional ás portas da casa

28 Xan

 Por primeira vez en moito tempo, os Concellos da contorna apostan pola difusión conxunta do Entroido da Ulla. Boa iniciativa.

   Pois vaia que non nos parece unha boa iniciativa! E mais unha decisión moi acertada. Hai que pór en valor a nosa cultura: xuntos facemos máis forza e vennos máis desde todos os lados. Parabéns!

   Outras novas relacionadas: http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=882&lg=gal

Tripulación: este sábado comeza con boas novas. Estamos de noraboa!

28 Xan

   – VOLVEN AS ULTRANOITES. – E onde hai que ir para gozalas? – A Teo

Que pasa coa Nasa?      

   Boas novas para a cultura e moi boas novas desde e para Teo: logo de falaren e veren,  Concello de Teo e Chévere van camiñar xuntos. Parabéns aos dous interlocutores!

   Houbo quen fixo que unha boa manchada de mariñeir@s tiveran que deixar de faenar nesta ría chamada Compostela: todo un exemplo de que  desde a carraxe, o odio e a mala xestión, a cultura deste país nin loce nin medra nin sementa. Pero co espírito de acción-reacción, falando e chegando a bos acordos, xa temos unha marca onde ir pescar. Chegou o tempo de ir baixando ao mar gamelas, chalanas, dornas e demais embarcacións; de ir preparando o aparello e mais a carnada, e de pensar en fartura e peixes a saltar.

   Acabáronse os insultos cos que outrora se prodigaron algúns e cos que atentaban contra a intelixencia de todas e todos os mareantes que nos achegabamos ao “templo” da Sala Nasa; agora só queda agardar e irse preparando para saborear bos produtos teatrais. Veña, xa prontiño poderemos seguir o seu programa de mareas.

Aquí quedan algunhas “cousiñas” coas que encher o papo:

   En Outubro de 2010 Chévere presentou no Auditorio Municipal da Ramallosa (Teo), promovida por ese concello, esta Ultranoite dedicada ao cooperativismo. En 2012 o concello de Teo acollerá en residencia á compañía Chévere, tras chegar a un acordo de cesión do auditorio municipal e de co-financiamento do proxecto, que conta tamén co soporte e apoio de Agadic. Así que a partir de agora Teo será o escenario para as Ultranoites, para os espectáculos de Chévere e para moitas máis actividades culturais, escénicas e teatrais. Despois de 25 anos traballando en Santiago de Compostela, Chévere emigra a un lugar máis acolledor para reinventarse, onde se respiran as gañas de facer cousas.

 Contamos con todos vós nesta nova aventura! http://redenasa.tv/video/no-seu-25-aniversario-chevere-reinventase-en-teo/#menu_comparte

http://galiciaconfidencial.com/nova/7918.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/08/18/galicia/1313658893.html

http://xornalgalicia.com/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=79394

Está sendo: Festival de apoio aos servizos públicos de Ames

27 Xan

   Pois si. Está sendo. Finalmente non puiden ir, pero espero e desexo que sexa un éxito. Se non actuamos e o facemos en solidariedade, mal nos vai ir.

  Podes seguir esta e máis informacións no blog: http://recortesenames.blogspot.com, pero tamén os podes seguir en facebook: http://gl-es.facebook.com/people/Recortes-Ames/100003141267442

E seghimos con boas novas. Volven Os Heredeiros da Crus. Festa!!!

27 Xan

-

  Si, si! Despois de oito anos…o reghreso ;=)

 Vai ser o tres de marso, en Ordes. Macroconserto do ghrupo de Ribeira e despois, a mover a sapatilla por todo o país. Para saberes máis: http://www.airapro.com/2012/01/heredeiros-da-crus-volven-aos.html

 Tamén podes consultar a páxina ofisial do ghupo: http://www.heredeirosdacrus.com/

A ti tamén che vai gustar Dioivo. Non todo van ser malas novas

27 Xan

Que é, que é Dioivo?

   Un medio de comunicación dixital e en galego. Alguén non estrañaba un medio así? Velaquí os vídeos da promo: http://youtu.be/Sk4jCymACP8    http://youtu.be/80bLJNWPYtU    http://youtu.be/HD0FXjg3YMo

Pero vós quen sodes, loh? 

Aínda que estamos máis afeitos a formular preguntas que a respondelas, dicir quen somos é ben sinxelo. Somos unha presada de mulleres e homes aínda apaixonados pola súa profesión. Axúntanos a experiencia de anos nos medios de comunicación galegos, unha visión compartida deste país e o afán por impedir que a crise das empresas xornalísticas bote terra sobre un nobre oficio, o de contar e contrariar, que nunca, coma hoxe, foi tan necesario. Dioivo é, en realidade, unha Unión Temporal de Xornalistas; unha folla dixital mutante, con alma de panfleto; un clúster de exiliados da prensa tradicional, con afán de desfogar e tecer redes de colaboración para o futuro, aquí, nesta plataforma espontánea, ou noutro lugar. Poida que a nosa aventura sexa tan arroutada e efémera coma o propio diovio. Pero agora que estamos, e que nos puxemos dacordo, imos facer que chova o mar chovido. Abofé! dioivo.eu

Filmes on line

27 Xan

Se quiserem ver mais cinema português, neste site podem fazer pesquisas: http://filmesportugueses.com

Guimarães, Capital Europeia da Cultura

27 Xan

Saibam tudo sobre o que nos oferece Guimarães em 2012: http://aeiou.visao.pt/saiba-tudo-sobre-guimaraes-2012-capital-europeia-da-cultura=f643374

Vejam também a galeria de fotografias: http://aeiou.visao.pt/fotos-o-estrondoso-arranque-de-guimaraes-2012=f643528

Do forró ao fado: é possível

27 Xan

  Hoje apresentamos uma versão da conhecida música  Ai, se eu te pego. Se criam que era impossível fazer fado a partir de forró, eis um exemplo: http://youtu.be/9rB7pB-bksI (para muitos, a melhor versão da música do Teló). Ouçam e digam lá qual preferem ;=)

Velaquí queda unha boa e necesaria iniciativa da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega

27 Xan

Hoxe recibín, desde Lilith Mulleres, información sobre unha nova iniciativa da Comisión de Igualdade do CdaCG. Compártoa http://www.dehistoria.net/?p=376

O cinema de animación dános alegrías coma esta

27 Xan

Engurras

http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=10444&busca=Engurras

   A produtora coruñesa Perro Verde Films e a Televisión de Galicia presentaron onte en Santiago de Compostela a longametraxe de animación “Engurras“, película participada pola TVG, que se estreará nos cines de toda España o vindeiro 27 de xaneiro. A adaptación ao cine do aclamado cómic do mesmo título de Paco Roca, que obtivo o Premio Nacional do Cómic en 2008, é candidata aos Premios Goya nas categorías de mellor película de animación e mellor guión adaptación e está seleccionada para os próximos Premios Óscar.

   O filme, dirixido por Ignacio Ferreras e que supón unha reflexión sobre a soidade na vellez, mestura a tenrura, o sarcasmo e o humor para narrar a historia de profunda amizade entre Emilio, un director de banco xubilado enfermo de Alzhéimer, e o pícaro Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico que loitan por seguir activos e non rematar as súas vidas na temida planta dos asistidos.

   Na rolda de prensa posterior á proxección desta adaptación cinematográfica, a directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, explicou que “se trata dun proxecto en que a TVG non podía deixar de estar, xa que encaixa á perfección co espírito de servizo público do que somos referencia e que defendemos a cotío fronte a outro tipo de valores”. Segundo Rosa Vilas, o apoio a esta película, “que non deixará indiferente a ninguén”, supón un exemplo máis de que “a Televisión de Galicia non deixará de apostar polo audiovisual galego porque é, foi e será o seu motor”.

Pola súa parte, o director de “Engurras”, Ignacio Ferreras, asegurou que “podes pasar unha vida buscando un material ou unha historia así”. O cineasta amosouse moi contento de que o material chegase ás súas mans e expresou o seu desexo de que “lle fixeramos xustiza”.

   En espera da sorte que corra nos Goya e nos Óscar, os produtores da película pretenden chegar a outros mercados, como o xaponés. “Faríanos moita ilusión chegar ao mercado xaponés, que é moi particular”, destacou o produtor do filme, Manuel Cristóbal, quen asegurou tamén que esperan “obter un bo resultado nos cines logo da boa acollida que tivo a cinta tras a súa presentación no Festival de Cinema de San Sebastián”.

Filmes de ficção, documentários, animações e vídeos experimentais

27 Xan

Para verem cinema…

http://www.fluxusonline.com/2011/gallery.php

Vitaminas para o galego, porque en tempos de mala saúde xorden bos remedios

27 Xan

Botádelle un ollo a isto  http://www.verkami.com/projects/1040-vitaminas-para-o-galego

Vitaminas para o galego