A Cidade da Cultura acollerá unha exposición sobre a historia da BD galega

29 Dec

CULTURA ANUNCIA A COEDICIóN DUNHA BANDA DESEÑADA SOBRE PAZ ANDRADE

En resposta a unha preguntar da parlamentaria do BNG Ana Pontón sobre o apoio público á banda deseñada, o director xeral do Libro, Francisco López Rodríguez, anunciou hoxe novidades neste campo. Para comezar, sinalou que en 2012 a Cidade da Cultura acollerá a exposición Historia do cómic galego desde as orixes. Ademais, adiantou que continuará a publicación, como nos últimos anos dunha obra en BD sobre o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas no que adiantou son os primeiros pasos dunha colección. Nesta ocasión, será unha coedición con Xerais que terá a Valentín Paz Andrade como protagonista.

Así mesmo, lembrou que as bibliotecas de nova creación contarán cuns fondos de 50.000 euros destinados especificamente para adquisición de banda deseñada. De cara ao futuro o director xeral sinala que se está a traballar co sector para favorecer unha nova estruturación máis cohesionada, e que continuará a política de adquisicón de bibliotcas e o apoio á presenza en eventos encol da novena arte.

Na súa pregunta, Ana Pontón denunciou, recollendo queixas do sector, a desaparición de varias das políticas de promoción do sector, como é a existencia de partidas específicas para a adquisición de banda deseñada en bibliotecas, a non convocatoria dos anunciados premios de banda deseñada e a falta de soporte para o certame Xuventude Crea ou as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, así como a ausencia de fondos para a adquisición específica de BD para bibliotecas e de apoio para a promoción do sector en feiras internacionais. López Rodríguez apuntou á “diverxencia de intereses no seo do sector”, a “falta dunha postura común polo memos” e mais a “dificultades administrativas” como causas da desaparición das bolsas de apoio á creación da BD e da non convocatoria dos premios que as ían substituír, así como a ausencia doutras medidas de apoio.

Os dous políticos coincidiron en sinalar o bo momento do que goza a banda deseñada galega e o prestixio internacional que están a obter moitos dos seus autores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: