Arquivo | 20:20

Queremos Galego convoca concentración para o sábado 17 de decembro ás 17 horas na Praza do Toural de Compostela

15 Dec

queremos galego

   A plataforma cidadá Queremos Galego presentou esta mañá en conferencia de imprensa diferentes accións reivindicativas nas que convida a participar o conxunto da sociedade para exixir o cesamento inmediato do Valedor do Pobo, Benigno López, e do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, pola censura do libro de texto escolar da materia de Coñecemento do Medio que sinala que o galego é a lingua propia de Galiza, reproducindo literalmente o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía.

   En concreto, a plataforma cívica da que fan parte máis de 700 entidades sociais de todo tipo, convoca para mañá xoves, día 15, unha concentración ás 11.30 da mañá diante da sede do Valedor do Pobo e outra concentración para o sábado 17 de decembro ás 17 horas na Praza do Toural de Compostela. Ao finalizar a concentración de mañá frente á sede do Valedor, representantes da plataforma entregarán un escrito dirixido a Benigno López e tamén escritos dirixidos aos grupos con representación no Parlamento de Galiza. Queremos Galego anunciou que a través destes escritos instará os grupos da cámara a que acorden o cesamento do Valedor.

http://www.cig-ensino.com/novas/14-12-2011/queremos-galego-esixe-a-destituci-n-do-valedor-do-pobo-e-do-conselleiro-de-educaci-

Pola súa banda, o Valedor do Pobo enléase en asuntos que xa criamos resoltos. Pois non: dálle que dálle.

15 Dec

    Eu sei a lingua que falo, ti sabes a lingua que vas falar, ela sabe a lingua que quere falar,  nosoutr@s sabemos a lingua que falaremos, e vosoutr@s, tamén. Saben el e mais eles a lingua que falan? Non haberá asuntos nesta nosa terra para ocupar o tempo de políticos e cargos que disque van velar polos dereitos do pobo? Non hai dereito!

   No blogue Un país en lata, Fran P. Lorenzo escribiu este artigo. Non deixes de lelo.

5.1: a verdade revolucionaria

http://www.facebook.com/l.php?u=http%3A%2F%2Funpaisenlata.wordpress.com%2F2011%2F12%2F14%2F5-1-a-verdade-revolucionaria%2F&h=8AQG7BHSbAQGc3N4ZTeC0N3yg5rDd9uwMeG1pUKWhci-R4A

Nós, as inadaptadas

15 Dec

   Pasou xa case un século. Daquela foi Vicente Risco quen deu ao prelo Nós, os inadaptados, manifesto imprescindible do nacionalismo do século pasado -como mínimo-. Hoxe é a coñecida escritora galega quen publica o artigo que dá título a este noso.

   Teresa Moure  fai unha interesante reflexión neste artigo que podemos ler en Sermos Galiza. Deixo aquí só o parágrafo final, do que moitas persoas compartirán que  “restituírmos o feminino é un símbolo de xustiza social”.

   A ollada de xénero non é, finalmente, unha cuestión de mulleres. Sorpréndeme negativamente cando unha organización convoca un acto de «igualdade» e os homes non se senten tan convocados como aos actos de economía. Porque no mundo actual todo individuo ao nacer é encapsulado nun tipo de comportamento esperábel; e cando menos nese sentido, todos os seres humanos somos vítimas da institución opresora do Xénero. Por iso, restituírmos o feminino é un símbolo de xustiza social do que o nacionalismo non pode prescindir. Non queremos que prescinda, nós, as inadaptadas. Porque cando unha frase se colocar en feminino fica, de súpeto, provista dun certo aquel subversivo.

Para leres máis, vai a http://sermosgaliza.com/?p=605