Arquivo | 20:46

Hoxe en prolinguagalega puidemos encontrar isto

11 Dec

   Incrible, pero certo.

   Que os contumaces inimigos da lingua galega traten de borrala de calquera manifestación da vida social non resulta nada sorprendente. E que en ocasións teñan apoios explícitos dalgunhas institucións que teñen entre as súas obrigas a de promover unha maior presenza social da lingua, tampouco. Mais que o Valedor do Pobo -de ser certa a información que hoxe ofrecen Atlántico DiarioFaro de Vigo e ABC-, o responsable de velar polo cumprimento da lexislación que temos, ignore os contidos do Estatuto de Autonomía, parece un absurdo, mesmo cómico se non fose pola trascendencia do cargo e das súas decicisións. Un esperpento ao que non é allea a actitude pasiva, cando non agresiva, fomentada polo actual Goberno galego.

   Desde prolinguagalega esiximos unha rectificación inmediata e pedimos a dimisión dun Valedor do Pobo que con esta resolución mostra a súa incompetencia para o cargo e unha teima probada contra a lingua propia de Galicia (así denominada no Estatuto de Autonomía, o mesmo que dá razón de ser ao posto cuxos preceptos máis básicos incumpre con frecuencia).

   Se alguén quere saber máis sobre a noticia á que fai referencia esta “nova defensa do galego”, só hai que calcar nos enlaces dos xornais citados. Os tempos son chegados… dicía noutro século o bardo de Bergantiños.