Arquivo | Decembro, 2011

Marcha xa o 2011. Os da Ría danlle a benvíndola ao seguinte. Bo ano para todo o mundo!

30 Dec

   Con humor e música, aquí queda unha cantareleira destes artistas que nos desexan un bo ano 2012. http://youtu.be/w8tbedao1-M

O Concello de Santiago deixa morrer o Premio de Investigación Xohana Torres

29 Dec

   Malas novas, malos tempos, perdas, abandonos, esquecemento…

   Se queres ler máis sobre esta decición calca aquí http://unpaisenlata.wordpress.com/2011/12/28/o-concello-de-santiago-pp-deixa-morrer-o-premio-xohana-torres-de-ensaio/

   Estas son as Bases da convocatoria do premio. Era 1993 http://www.santiagodecompostela.org/imxd/noticias/doc/1181649111Convocatoria.pdf

Séguese recortando e adiando a convocatoria de axudas para os SNL

29 Dec

   Mañá, venres 30 de decembro, pecharán uns cantos servizos de normalización lingüística (SNL) de concellos galegos e os/as técnicos/as destes SNL irán á rúa… Mentres, de xeito gravemente irresponsábel e inxutificábel, nin Política Lingüística nin a Deputación da Coruña convocan as axudas que teñen pendentes.

A Cidade da Cultura acollerá unha exposición sobre a historia da BD galega

29 Dec

CULTURA ANUNCIA A COEDICIóN DUNHA BANDA DESEÑADA SOBRE PAZ ANDRADE

En resposta a unha preguntar da parlamentaria do BNG Ana Pontón sobre o apoio público á banda deseñada, o director xeral do Libro, Francisco López Rodríguez, anunciou hoxe novidades neste campo. Para comezar, sinalou que en 2012 a Cidade da Cultura acollerá a exposición Historia do cómic galego desde as orixes. Ademais, adiantou que continuará a publicación, como nos últimos anos dunha obra en BD sobre o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas no que adiantou son os primeiros pasos dunha colección. Nesta ocasión, será unha coedición con Xerais que terá a Valentín Paz Andrade como protagonista.

Así mesmo, lembrou que as bibliotecas de nova creación contarán cuns fondos de 50.000 euros destinados especificamente para adquisición de banda deseñada. De cara ao futuro o director xeral sinala que se está a traballar co sector para favorecer unha nova estruturación máis cohesionada, e que continuará a política de adquisicón de bibliotcas e o apoio á presenza en eventos encol da novena arte.

Na súa pregunta, Ana Pontón denunciou, recollendo queixas do sector, a desaparición de varias das políticas de promoción do sector, como é a existencia de partidas específicas para a adquisición de banda deseñada en bibliotecas, a non convocatoria dos anunciados premios de banda deseñada e a falta de soporte para o certame Xuventude Crea ou as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, así como a ausencia de fondos para a adquisición específica de BD para bibliotecas e de apoio para a promoción do sector en feiras internacionais. López Rodríguez apuntou á “diverxencia de intereses no seo do sector”, a “falta dunha postura común polo memos” e mais a “dificultades administrativas” como causas da desaparición das bolsas de apoio á creación da BD e da non convocatoria dos premios que as ían substituír, así como a ausencia doutras medidas de apoio.

Os dous políticos coincidiron en sinalar o bo momento do que goza a banda deseñada galega e o prestixio internacional que están a obter moitos dos seus autores.

David Rubín leva o premio ao mellor cómic do estado en Zaragoza

29 Dec

David Rubín leva o premio ao mellor cómic do estado en Zaragoza   El héroe de David Rubín, levou o Premio á “Mejor Obra Nacional de 2011” no Salón do Cómic de Zaragoza. O pasado sábado á noite celebrouse a entrega de galardóns, que escolleu o público mediante votación en liña no web especializado en cómic aragónes Viñetario. Rubín impúxose a títulos como Chernóbil, de Francisco Sánchez e Natacha Bustos e Chico y Rita, de Fernando Trueba e Javier Mariscal. O tamén galego José Domingo participou neste evento, no que realizou unha sesión de sinaturas e presentou a súa última obra Aventuras de un oficinista japonés.

20 / 12 / 2011 en http://www.culturagalega.org/

Teresa Moure leva o premo Ramón Piñeiro de Ensaio

29 Dec

   Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións é o título da obra coa que Teresa Moure acaba de levar o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. A escritora impúxose no certame, dotado con 6.000 euros, entre 12 orixinais, e fai un achegamento á lingua e á literatura galega desde a teoría queer. Na súa obra, Moure critica a construción das categorías home/muller e cuestiona mesmo os empregos inclusivos do xénero da linguaxe, que considera baleiran de contido o potencial transformador do feminismo. Galaxia editará o volume ao longo do vindeiro ano.

Teresa Moure FOTO: Paula Gómez del Valle

   Esta e outras novas podes encontralas en http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/

Logo de anulalas no mes de setembro, agora a SXPL convoca as axudas para a edición en galego de recursos didácticos curriculares para os anos 2011 e 2012 cun orzamento fortemente reducido en máis dun 70% con respecto a hai dous anos

29 Dec

Convocatoria de axudas para a edición en galego de recursos didácticos

Convocatoria de axudas para a edición en galego de recursos didácticos

   Mentres en 2005 a Xunta lle dedicaba ás subvencións á edición en galego de recursos didácticos curriculares máis de 1.200.000 € ou en 2009 máis de 1.000.000 €, en 2011 anulounas, xunto coas de normalización lingüística desde a administración local, e agora convoca unha nova orde, correspondentes aos anos 2011 e 2012, cunha contía de tan só 300.000 €, o que significa menos dunha cuarta parte que en 2005, e para dous anos.
As axudas están dirixidas ás empresas mercantís do sector editorial e o prazo para a presentación de solicitudes remata o 3 de febreiro de 2012. A orde completa, en .pdf, pódese consultar aquí >

Resolución das axudas á tradución de libros desde e para o galego

29 Dec

A Xunta dedicaralle nese trienio 2011-2013 menos de 200.000 € a axudas á tradución: sobre 100.000 € á tradución de obras doutras linguas ao galego e menos de 75.000 € á tradución de obras galegas a outras linguas.

Resolución das axudas á tradución de libros

   A Consellería de Cultura e Turismo publica, no DOG do 27 de decembro de 2011, a resolución das axudas á tradución de libros desde o galego ou para o galego no período 2011-2013. Segundo esta resolución (.pdf), a Xunta dedicaralle nese trienio 2011-2013 menos de 200.000 € a axudas á tradución: sobre 100.000 € á tradución de obras doutras linguas ao galego e menos de 75.000 € á tradución de obras galegas a outras linguas.

   Algúns dos libros que, segundo a resolución, está previsto que se publiquen en galego son, por exemplo, O meu nome é vermello, de Orhan Pamuk; varios de Flann O´Brien ou Robert J. Sawyer; O asasino dentro de min, de Jim Thompson; ou A casa de bonecas, de Henrik Ibsen.
E algúns dos libros que, tamén segundo a resolución, está previsto que se traduzan a outras linguas son, por exemplo, Pirata, de María Reimóndez, ou Spam, de Francisco Castro, ao italiano; A sombra cazadora, de Suso de Toro, ao inglés; ou Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, ao búlgaro.
A resolución completa, en .pdf, aquí >

“O discurso que non supera os obstáculos para chegar a quen queremos chegar, vólvese endogámico.” Conversa con Txepetx

29 Dec
Recollemos aquí unha conversa moi interesante co sociolingüista José María Sánchez Carrión. Contidos coma este podedes encontralos na páxina da CTNL http://www.facebook.com/cotenol.
José María Sánchez Carrión "Txepetx"
Despois de nove anos sen publicar nin intervir publicamente, o sociolingüista José María Sánchez Carrión, “Txepetx”, participou no VII Curso de verán sobre dinamización lingüística. (Re)Pensando o discurso, organizado pola Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL, e que tivo lugar no mes de xullo en Carballo. Txerra Rodríguez e Marije Manterola conversaron con el durante o curso.

José María Sánchez Carrión, “Txepetx”, un dos sociolingüistas do ámbito vasco máis recoñecido e con maior influencia no proceso de normalización lingüística en Euskal Herria, autor de, entre outras obras de referencia, da fundamental Un futuro para nuestro pasado, interveu na sétima edición do Curso de verán sobre dinamización lingüística, co relatorio “(Re)Pensando o discurso: propostas integradoras para a normalización lingüística”. Nas próximas semanas, a Universidade da Coruña, organizadora do curso en colaboración coa CTNL, presentará Unha outra guía para a intervención lingüística, publicación que recolle, entre outros traballos, as distintas intervencións deste curso.
En Carballo, Marije Manterola e Txerra Rodríguez conversaron con Txepetx, e publicaron a entrevista en éuscaro. Agora difundimos aquí, traducida a galego, parte desa conversa.
Marije e Txerra: Leva tempo sen intervir publicamente, mais a pesar diso seguiu a reflexionar. Rematou o tempo de silencio?

Txepetx: Traballei moito durante estes anos, en silencio e desde o silencio. Principalmente relacioneime con xente que transitaba nese tramo do camiño da linguaxe da vida. Estiven na India, relacioneime moito con pobos indíxenas (eles tamén son partidarios do silencio), traballei con distintos investigadores (entre outros, Iñaki Larrañaga, Alain Masson, Nidia Arrobo, sabios indíxenas de Colombia…), etc. Neste momento dou por rematado ese camiño do silencio? Non o creo.
En xeral, como ve a situación en Euskal Herria?

En Euskal Herria existe un mecanismo que funcionou correctamente, un mecanismo de transmisión: o mecanismo de pasar do pensamento á acción. Se se compara a idiosincrasia latina coa euscaldún, os latinos están moi acostumados a pensar (a filosofía inventouna Grecia), mais non tanto a levar o pensamento á acción (o pragmatismo inventárono os pobos do leste de Europa).
Os euscaldúns, ao estaren entrambos, non necesitaban tanta vestidura teórica, e cando entendían algo sentían un impulso por probaren como o podían levar a cabo. Nun tempo sucedía así. En cambio, posto que agora se estendeu un “pensamento light” (a chamada globalización), os psicomoldes sociais fóronse uniformando por todas partes.
Que é o que non funcionou? O camiño que hai entre o pensamento creador e o pensamento aplicado. No ensaio A ecoloxía das linguas, dicía que “a motivación racional é o motor do cambio lingüístico”. En calquera caso, moitas das teorías que defendemos utilizáronse como veleno en lugar de como cura. Por que? Para aplicar a motivación racional debes ter curado o odio irracional.
Moitas feridas e desencontros pechan o camiño da motivación racional. Se a motivación racional se confunde co sentimento irracional subxacente, deixa de ser racional e convértese en irracional. Por iso mesmo, con frecuencia parecidas palabras expresan cousas moi diferentes.
O problema é que esa motivación necesaria para avanzar sempre ten nome e apelidos. Algúns con marca política, outros con outras marcas, e outros sen marca.
En Euskal Herria sucederon dúas cousas que atrancaron o camiño: por un lado, os que tiñan marca puxeron os seus intereses de marca sobre os intereses lingüísticos e, por outro, esta sociedade que se converteu bipolar restoulle peso social ou non llo deu a quen andabamos sen marca.
Na década dos 90 dabamos cursos sobre este discurso: a maioría da audiencia eran persoas técnicas ou funcionarias. Non existe camiño se convertemos o éuscaro en idioma de funcionarios, se non se lles fai chegar que, como falantes comúns, as nosas formulacións tamén achegan aire.
Esa foi unha das razóns (non a única) polas que o proceso de transmisión se interrompeu.
O discurso que non supera os obstáculos para chegar a quen queremos chegar, en lugar de socializarse, vólvese endogámico.

No relatorio dixeches que o éuscaro se usa cada vez máis, pero para dicir cada vez menos. A nosa comunidade estase convertendo nunha comunidade lingüística sen corazón, e o éuscaro avanza nas funcións formais, mais, en cambio, nas informais, nas íntimas, non. 
O éuscaro, o galego e o catalán están nunha constante semellante: son linguas intermedias, rápidas, mais non de talento, hai pouco creador/produtor de talento e moito intermediario rápido. O que sucede no ámbito político-económico sucede tamén coa lingua.
A economía está en situación de colapso, e hai que ser ocorrente para superar a situación; o mercado xusto acompaña á vida, actúa con produtos sen contaminar. As tendas pequenas non poden facerlles fronte ás grandes, a supervivencia dos intermediarios empobrece os produtores.
En Iparralde a pastoral é un bo exemplo: é un medio para manter a lingua viva. Crea relacións, mantén o idioma, é un método para aprender a lingua. Na aprendizaxe créase cohesión, todas as persoas son parte. A cohesión vén do uso. Hai que construír desde a base dese coñecemento. E o coñecemento lógrase. E iso debe crear transmisión dun xeito natural. Aí non hai diglosia interna entre variedade de Iparralde e lingua estándar.
Se contas con esa vestidura, podes crear pontes. Se non, non. Por exemplo, os que crearon os bertsolaris [‘improvisadores’, ‘regueifeiros’, ‘versificadores’]. Eses modelos flexíbeis desprazaron os modelos ríxidos; ademais, os modelos ríxidos expresan carencia e pobreza. Polo contrario, o modelo flexíbel crea pluralidade. Se se aplica “ou isto ou nada”, a motivación racha.

Con respecto ao uso, a mocidade é fonte de preocupación…
En case todos os ámbitos sociais falta relevo. Por que non existe relevo? Os mecanismo que hoxe temos para transmitir a información (escola, prensa, partidos políticos…) son os que se crearon no século XIX, creados pola xente do século XIX, para a xente do século XIX. O tempo acelerou o deterioro da información e da terra. Cando nos poñemos en lugar do outro decatámonos de que estamos vendendo lixo. Á mocidade hai que lle facer preguntas. A primeira pregunta é a seguinte: cal é o teu soño? Segunda: nese soño teu hai sitio para todos? E, se a resposta é afirmativa, a terceira pregunta: que ferramenta necesitades de nós para iso? E das ferramentas posíbeis, cal podemos ofrecer que estea na nosa man?
A lingua debe valer para gozar e o proceso de asumiren e usaren a lingua propia débeno realizar os propios mozos e mozas, convertidos en protagonistas das súas vidas, como o fomos nós das nosas.
Tendo en conta que non existe un bilingüismo equilibrado permanente e que vivimos en constante negación da lingua, como organizar os territorios (espazos xeográficos), reparto de funcións das linguas, dereitos/obrigas das persoas/falantes e a necesidade de hexemonía das linguas minorizadas? O principio aquel de “en cada territorio unha lingua, e unha lingua en cada territorio”, é posíbel neste tempo de globalización?
O pobo lingüístico necesita un enclave físico, mais non é o seu único espazo. O espazo virtual tamén é o espazo dunha lingua. Todas as funcións do éuscaro se poden realizar en éuscaro, hoxe por hoxe, en Australia. Isto débenos eliminar un obstáculo de hai tempo, un obstáculo de hai 30 anos: o medo que provoca a inmigración é, pois, esaxerado.

En lugar de copiar modelos débense impulsar os modelos propios, sen perder o que tiñamos, o básico. Nalgunhas vilas da costa de Levante conviven numerosas linguas (nun que coñezo ben, por exemplo, 35 linguas: de Europa, África e Asia). As persoas que están ao final das súas vidas non aprenden outra lingua, viven na súa comunidade. Válense das persoas bilingües (normalmente os netos) para satisfacer as súas necesidades. Eses nenos e nenas polo menos utilizan tres linguas. Observar a vantaxe que confire esa postura respecto a esas lingua é o que máis inflúe entre os inmigrantes.
Co tema da crise, en moitos grupos da sociedade estendeuse unha tendencia pesimista. Mais eu valoro moi positivamente a nova situación en que nos atopamos: porque a única saída que existe agora debe ser para todas e todos.
As leis de cultivo, non, mais os alimentos si teñen data de caducidade. As ideas sociolóxicas tamén. As leis científicas, en cambio, non. Hai unha parte na miña teoría que non caduca, porque era aplicábel a unha sociedade que xa non existe. Por iso non todo o que era válido hai 25 anos o sigue a ser agora. Actualmente non é válida ningunha solución particular que non sexa válida para calquera outra persoa ou nación. Ou, o que é o mesmo, a escaleira de funcións lingüísticas non se pode equilibrar nin sequera nun só chanzo se hai un que non estea equilibrado (e un destes chanzos é a persoa individual, e o outro a humanidade no seu conxunto).
O principio aquel do seminario “Adorez eta atseginez” (en cada territorio unha lingua, e unha lingua en cada territorio), xa non é posíbel nin conveniente.
No discurso a favor da ecoloxía e da pluralidade lingüística, como se ligan os dereitos dos falantes e o dereito da supremacía ou hexemonía das linguas minorizadas? 

Para entender iso non hai outra vía que saír do modelo mental dicotómico (“ou ti ou eu”) e integrarse no modelo mental integral (“ti e mais eu”). Mais iso, normalmente, non acontece, non, cando menos, se non existe un cambio de conciencia. Concretando: non acontece se non se activa a conexión entre corazón e cabeza. Mentres se quere dar, como din os mexicanos, “un tiro ao goberno e outro á revolución”, sacar tallada de opcións mutuamente incompatíbeis como, por exemplo, extorsionar financeiramente o cidadán particular e, en cambio, cando se arruinou a propia entidade financeira, sacala a flote cos cartos de todos; ser socialista con capitalistas e capitalista cos socialistas, ser pobre cos ricos e rico cos pobres, urbanita cos de aldea, e de aldea co urbanita, occidental co indíxena e indíxena co occidental, comprar barato desvalorizando o produtor e vender caro abusando do comprador, etc., etc., etc., non hai saída. O tempo dos aproveitados xa rematou. O mundo necesita outra intelixencia. A intelixencia audaz e consecuente consigo mesma. Niso xa non hai, non pode haber, “excepcións particulares nin nacionais”.

Que discurso utilizaría cos castelanfalantes?
“Tratade á xente en todo conforme queredes que vos traten a vós” (Mt 7, 12). Este principio non ten data de caducidade. E é de dobre dirección. Non é unicamente un principio de civilización cristiá (que é, dito sexa de paso, a que inventou a igualdade de todos ante a lei e, a partir dela, a democracia como forma de funcionamento político). É un principio que é unha lei de vida. Está formulado tamén en Confucio, por certo, na súa forma completa: “Non lles fagas aos demais o que non queres que che fagan a ti e non te fagas a ti o que non lles farías aos demais”.     Carballo, 20 de xullo de 2011

CTNL 26-12-2011

Nova Escola Galega esixe a rectificación do Valedor do Pobo e do Conselleiro de Educación

24 Dec

Nova Escola Galega esixe a rectificación do Valedor do Pobo e do Conselleiro de Educación

   Caixa de texto: Asociación declarada de Utilidade Pública (Orde
INT/2335/2008, BOE 5/8/08): O movemento de renovación pedagóxica Nova Escola
Galega quere expresar publicamente o seu abraio diante do informe do Valedor
do Pobo en relación cos contidos recollidos no libro de texto de Coñecemento
do Medio de 5º curso de Educación Primaria, publicado pola editorial Vicens
Vives e a correlativa actuación da Consellería de Educación e O.U. 

   Unha vez máis, as actuacións do Valedor e do propio Conselleiro seguen
respondendo aos seus prexuízos respecto do idioma galego e non ao servizo
que como cargos institucionais e no exercicio das súas respectivas
responsabilidades deben ter no respecto e protección do idioma. Este novo
episodio e o balbordo xerado evidencian de maneira gravísima a
irracionalidade do seu proceder, sen molestárense sequera en comprobar se a
denuncia ten un baseamento real que poida motivar unha actuación de ambas
institucións coa lixeireza e contundencia coa que se produciu. 

   Como calquera pode comprobar, a unidade didáctica nº 4 do libro de 5º de
primaria da editorial Vicens Vives trata do goberno de Galicia, e como parte
dos seus contidos refírese ás linguas en diferentes ocasións. Así nas
páxinas 56 e 57, indica o seguinte: 
   Parece pois inaudito que o máximo responsable da educación do país e a
institución que debe velar polo cumprimento dos dereitos da cidadanía galega
se lancen á censura dun libro sen unha mínima comprobación sobre os seus
contidos. 
   O Valedor no seu Informe fala “dunha situación antixurídica, a transmisión
aos escolares de 5º de Primaria dun contido incompleto en canto á regulación
estatutaria das linguas oficiais nesta Comunidade Autónoma, sexa ou non
deliberada. Como tal contido incompleto, produce un coñecemento inexacto do
réxime xurídico das linguas oficiais en Galicia e, en consecuencia, non só
carece do rigor científico imprescindible nos libros de texto senón que
transmite unha información contraria á configuración constitucional da
cooficialidade lingüística como expresión xurídica do bilingüismo, sobre os
seus principios constitucionais e sobre o seu alcance.” En consecuencia
insta á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a que “adopten
as medidas oportunas para que non se utilice o libro de texto citado, en
tanto o seu contido non sexa corrixido no sentido xa comentado”, a que “se
tente reforzar a supervisión dos libros de texto e outros materiais
curriculares que, de acordo coa lei, constitúe parte do proceso común de
inspección que exerce a Administración educativa sobre a totalidade de
elementos que integran o proceso de ensino e aprendizaxe, e que debe velar
polo respecto aos principios e valores contidos na Constitución e ao
disposto nas leis.” 
   Trátase, xa que logo, dun exceso de celo censor que revela os enormes
prexuízos que presiden a actuación de dúas das máis altas institucións do
país, preocupados e ocupados nada menos que en converter o coñecemento do
Estatuto de Autonomía de Galicia nun problema. A ninguén cun mínimo sentido
común se lle escapa que unha referencia legal recollida nun libro de texto
non ten por que ser exhaustiva -estamos falando de estudantes de 5º de
Primaria, non de alumnado da carreira de Dereito- e, ademais, precisamente a
información fundamental a xuízo destes censores, ofrécese na páxina
anterior. 
   Coñecido e desvelado “o problema”, como en tantas ocasións grazas a
actuación de entidades e cidadáns, resulta dificilmente explicable que non
se teña producido a máis mínima rectificación pública por parte dos
responsables de accións tan espurias como inquisitoriais. Tampouco os medios
cuxos columnistas fixeron sangue da reacción airada da cidadanía son quen de
arriar as velas agora. Instalados na consigna do “todo vale”, a mentira é
sen dúbida a estratexia máis valiosa. Mágoa que, nesta ocasión, as présas
compuxeron unha “trola” difícil de agochar. 
   Nova Escola Galega entende que non deben seguir á fronte dos seus cargos
persoas carentes do coñecemento das súas obrigas, do máis mínimo sentido da
responsabilidade e da sensibilidade necesaria para non facer dos seus
prexuízos un problema constante para a sociedade galega. 

   Compostela, 21 de decembro do 2011

Caixa de texto: Asociación declarada de Utilidade Pública (Orde
INT/2335/2008, BOE 5/8/08)

NOVA ESCOLA GALEGA
Rúa San Clemente, 18. Baixo
15705 Santiago de Compostela
Tel./Fax: 981 562 577
http://www.nova-escola-galega.org

neg@mundo-r.com

Información sobre a conmemoración do 20º aniversario dos equipos de dinamización da lingua galega

22 Dec

Recoñecemento ao labor dos equipos de dinamización da lingua galega no vixésimo  A Secretaría Xeral de Política Lingüística (A Coruña) fíxonos chegar a seguinte info. Aquí vola deixamos: http://www.edu.xunta.es/web/node/3678

Tarxeta de Felicitación da CGENDL. Parabéns

22 Dec

 

A Coordinadora Galega de ENDL fainos chegar o seu posicionamento ante a resolución do Valedor do Pobo

22 Dec

   A raíz da resolución do Valedor do Pobo na que se insta á Consellaría de Educación a retirar ou corrixir un libro de texto de Coñecemento do Medio de 5º de Primaria (ficheiro adxuntado) dende a CGENDL enviámosvos a queixa que lle imos facer chegar ao Valedor e que expresa o noso posicionamento público ante un feito que consideramos de extraordinaria gravidade.

   Así mesmo, remitímosvos un modelo de queixa para que, se así o decidides no seo do voso Equipo, a presentedes ante este órgano. Podedes facelo a través das diferentes vías e cos requisitos que se describen no enderezo:   http://www.valedordopobo.com/index.php?s=84 . Tamén vos animamos a facelo de maneira individual.

   Neste enlace encontramos a queixa que a Coordinadora Galega de ENDL envía ao Valedor do Pobo.

http://correo.edu.xunta.es/attach/Pocionamento%20p%C3%BAblico%20da%20CGENDL%20Valedor%20do%20Pobo.pdf?sid=&mbox=INBOX&uid=13165&number=6&filename=Pocionamento%20p%FAblico%20da%20CGENDL%20Valedor%20do%20Pobo.pdf

Nestoutro, a unidade do manual de Coñecemento do Medio que provocou a decisión do Valedor que  insta á Consellaría de Educación a retirar ou corrixir o libro de texto.

http://correo.edu.xunta.es/attach/Unidade_4_do_libro_de_co%C3%B1ecemento_do_medio_de_Vicens_Vivens.pdf

Calquera membro da nosa comunidade escolar pode subscribir individualmente esta queixa, por iso a Coordinadora nos facilita http://correo.edu.xunta.es/attach/Queixa%20dos%20equipos%20de%20NL%20ao%20Valedor%20do%20Pobo.doc?sid=&mbox=INBOX&uid=13165&number=5&filename=Queixa%20dos%20equipos%20de%20NL%20ao%20Valedor%20do%20Pobo.doc

 Como nos indican, podemos facelo a través das diferentes vías e cos requisitos que se describen no enderezo:   http://www.valedordopobo.com/index.php?s=84 .

   É moi importante a nosa intervención e toma de posición.

Queremos Galego convoca concentración para o sábado 17 de decembro ás 17 horas na Praza do Toural de Compostela

15 Dec

queremos galego

   A plataforma cidadá Queremos Galego presentou esta mañá en conferencia de imprensa diferentes accións reivindicativas nas que convida a participar o conxunto da sociedade para exixir o cesamento inmediato do Valedor do Pobo, Benigno López, e do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, pola censura do libro de texto escolar da materia de Coñecemento do Medio que sinala que o galego é a lingua propia de Galiza, reproducindo literalmente o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía.

   En concreto, a plataforma cívica da que fan parte máis de 700 entidades sociais de todo tipo, convoca para mañá xoves, día 15, unha concentración ás 11.30 da mañá diante da sede do Valedor do Pobo e outra concentración para o sábado 17 de decembro ás 17 horas na Praza do Toural de Compostela. Ao finalizar a concentración de mañá frente á sede do Valedor, representantes da plataforma entregarán un escrito dirixido a Benigno López e tamén escritos dirixidos aos grupos con representación no Parlamento de Galiza. Queremos Galego anunciou que a través destes escritos instará os grupos da cámara a que acorden o cesamento do Valedor.

http://www.cig-ensino.com/novas/14-12-2011/queremos-galego-esixe-a-destituci-n-do-valedor-do-pobo-e-do-conselleiro-de-educaci-

Pola súa banda, o Valedor do Pobo enléase en asuntos que xa criamos resoltos. Pois non: dálle que dálle.

15 Dec

    Eu sei a lingua que falo, ti sabes a lingua que vas falar, ela sabe a lingua que quere falar,  nosoutr@s sabemos a lingua que falaremos, e vosoutr@s, tamén. Saben el e mais eles a lingua que falan? Non haberá asuntos nesta nosa terra para ocupar o tempo de políticos e cargos que disque van velar polos dereitos do pobo? Non hai dereito!

   No blogue Un país en lata, Fran P. Lorenzo escribiu este artigo. Non deixes de lelo.

5.1: a verdade revolucionaria

http://www.facebook.com/l.php?u=http%3A%2F%2Funpaisenlata.wordpress.com%2F2011%2F12%2F14%2F5-1-a-verdade-revolucionaria%2F&h=8AQG7BHSbAQGc3N4ZTeC0N3yg5rDd9uwMeG1pUKWhci-R4A